Buxaina

corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal
Para ver o artigo sobre a Banda de Gaitas, véxase Buxaina (banda).

Unha buxaina[1] ou un peón[2] é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase como xoguete, aínda que tamén para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.

Buxainas.
Estilo libre.

O poder xiroscópico gradualmente diminuirá debido ao rozamento do aire, conducindo a que o corpo se balancee trazando unha traxectoria circular do seu punto de apoio ata que esta sexa maior que o centro de gravidade, provocando finalmente a caída.

O 11 de novembro celébrase o Día do Peón, porque Polo San Martiño, peóns ao camiño [3].

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para buxaina.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para peón.
  3. La Voz de Galicia, 7.12.2016.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar