Skópelos - Σκόπελος
Vista da illa
Datos
Capital Skópelos
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Espóradas
Linguas Grego
Poboación (2011) 4.960 hab.
Superficie 96´29 km²
Densidade 52 h/km²
Coordenadas 39°7′N 23°43′L / 39.117, -23.717
Maior Altura 681 m. Delphi
Localización
Localización da illa

Skópelos (en grego Σκόπελος) é unha illa grega do mar Exeo occidental, unha das Espóradas Setentrionais. Skópelos sitúase ao leste da Grecia continental, ao nordeste da illa de Eubea, e forma parte do departamento de Magnesia e da rexión de Tesalia.

No ano 2011 tiña 4.960 habitantes. A capital, tamén chamada Skópelos ou Khora (3.027 habitantes), é o porto principal.

Historia editar

Antigamente chamábanlle Peparethos (en latín Peparethus).[1] Segundo Plinio antes chamábase Staphylos, o nome dun rei mítico. A illa contaba con tres cidades, unha das cales levaba o mesmo nome que a illa, sufriu un terremoto no ano -426. Foi atacada por Alexandre de Feres. A mediados do século -IV apoderouse da illa de Halonnesos e en represalia foi devastada por Filipo II de Macedonia. No ano -207, Filipo V de Macedonia gorneceu a cidade par defendela contra os romanos e finalmente foi destruída no ano -200 para evitar a conquista por parte destes. Finalmente pasou a mans romanas (-146), bizantinas (330), venecianas (1204) e otomás (1538), ata que en 1830 entrou a formar parte do novo estado grego. Foi ocupada polas potencias do Eixo entre 1941 e 1944.

A lenda di que a illa de Skopelos foi fundada por Staphylos ou Staphylus (en grego, uva), un dos fillos do deus Dioniso e a princesa Ariadna da illa de Creta. Historicamente, a finais da Idade de Bronce Skopelos, entón coñecido como Peparethos (Πεπάρηθος) ou Peparethus, foi colonizada por cretenses que introduciron a viticultura na illa.

Talvez debido á lenda da súa fundación polo fillo do deus do viño, a illa era coñecida por todas as cidades gregas da antigüidade do Mediterráneo polo seu viño. A obra Filoctetes (estreada no Festival de Dionisio no ano 409 antes de Cristo) por Sófocles inclúe un comerciante de viños perdido no seu camiño a "Peparethos - rica en uvas e viño".

En 1936 as excavaciones na zona de Staphylos / Velanio descubriron unha tumba real da éra da Grecia micénica. A illa estivo brevemente baixo o control da cidade-estado de Calcis, Eubea polo menos desde o século 8 aC.

Á súa vez a illa pasaría a estar baixo a influencia política ou dominación directa de:

Skopelos pasou a formar parte da Primeira República Helénica polo Protocolo de Londres que confirmou a súa soberanía (3 de febreiro de 1830)[2] Durante a segunda guerra mundial, Skopelos caeu baixo a ocupación do Eixo. Ao principio foi ocupada polo Reino de Italia (xuño 1941 a setembro 1943) e logo pola Alemaña nazi (setembro 1943-outubro 1944). Skopelos e o resto de Grecia volveu ao goberno democrático en 1944.

Xeografía editar

Skopelos é unha das varias illas que comprenden o grupo das Espóradas norte. Skopelos é tamén o nome do porto e da capital municipal da illa. As outras comunidades da illa son Glossa e Neo Klima (Elios). A xeografía de Skopelos inclúe dúas montañas de máis de 500 metros, Delphi (681 m) no centro da illa, e Palouki (546 m) no sueste. Cunha superficie de 96 km² Skopelos é lixeiramente maior que Mykonos (85 km²) e Santorini (73 km²). As illas máis próximas habitadas son Skiathos ao oeste e Alonissos ao leste.

Skopelos ten a forma dun saxo, co "pescozo" que apunta ao noroeste, e a "campá" cara ao leste. Non hai moitas baías nin portos naturais, os cantís caen ao mar na maior parte da costa. As montañas dominan a parte occidental e oriental da illa. Hai varias llanuras, en Staphylos, Ditropon e Panormos. O principal porto de Skopelos ás veces ten que ser pechado debido aos vendavais do norte. As baías máis pequenas de Staphylos, Agnondas, na costa sur e Panormos na oeste ofrecen unha mellor protección.

Comunidades editar

O porto principal e capital municipal da illa (Skopelos ou Chora) está situado na baía da costa norte. Destaca polo seu patrimonio arquitectónico. No censo de 2001, tiña 3.027 habitantes.

O segundo asentamento máis grande é Glossa, situada no extremo noroeste da illa, xusto por encima do porto de Loutráki, con alturas comprendidas entre os 200 e 300 metros. Está a 25´4 km da cidade de Skopelos. É un pobo tranquilo, con casas tradicionais, con 1.195 habitantes.

Neo Klima ou "Elios" é un pobo construído despois do gran terremoto de 1965 para recolocar aos residentes desprazados da localidade da (antigo) Klima, severamente danada. Está situado xunto á costa no lado oeste da illa. O pobo tiña 415 habitantes no censo de 2001.

Outros asentamentos son Staphylos, Agnondas, Panormos, Ananías, Klima, Atheato, Loutraki, Kalogeros e Milli.

Economía editar

 
Skópelos (cidade)
 
Vista de Chora

A economía de Skopelos é agora totalmente dependente do turismo que soporta a industria da construción e outras industrias relacionadas co desenvolvemento. Aínda que o turismo é maior durante os meses de verán, Skopelos é tamén un destino turístico durante todo o ano para os xubilados de Europa do norte. Algúns residentes esperan un aumento no turismo debido á filmación de Mamma Mia! na illa en setembro de 2007.[3][4] A agricultura, unha vez elemento básico da economía local, está en declive. Existen plantacións de ameixas e améndoas, pero son menos extensos que no pasado. A produción de viño con uva local é mínima desde a praga de filoxera que na década de 1940 destruíu os viñedos. Aínda que se produce viño a pequena escala local a partir de uvas locais, a maior parte do viño producido na illa é para uso domesticor e moito producido a partir de uvas importadas de Tesalia. Continúa o pastoreo de cabra domésticas e ovella domésticas e a paartir destas poboacións prodúcese un tipo de queixo local feta. A apicultura e a produción de mel aumentou nos últimos anos. Skopelos ten unha pequena frota de pesca que faena augas locais.

Skopelos non pode soster á súa poboación cos bens e alimentos producidos localmente. A maior parte do que se usa e consómese debe ser importado por barco desde o continente. Os prezos dos alimentos e bens de consumo reflicten o gasto adicional de transporte. Por lei, o goberno grego recada menos IVE para a comida e a bebida comprada nas illas que para os mesmos artigos comprados na Grecia continental. Con todo, as compras de alimentos e bebidas son un 10 por cento máis caras en Skopelos que no continente. A maioría dos materiais de construción, incluíndo area, tamén se deben importar. Os prezos de gasolina son, como mínimo, un quince por cento máis caros que no continente.

Skopelos é unha sociedade matrilineal. A riqueza transmítese a través da liña feminina. Por costume, os pais de cada noiva Skopelitana proporcionan á nova parella con polo menos unha casa e algúns bens. A casa e os bens permanecen a nome da noiva. Este costume é moi insular como en moitas outras partes de Grecia, especialmente no continente e Creta, a riqueza é patrilineal.

Notas editar

  1. Stuart Rossiter, Greece, 4th ed. (E. Benn, 1981), p. 383: "Ancient Peparethos had become Skopelos by Ptolemaic times."
  2. Skopelos: A Guide to the Island
  3. Smith, Helena (2008-12-20). "Money, money, money for Greek island as Mamma Mia! draws tourist hordes". The Guardian (London). Consultado o 2010-05-23. 
  4. Fryer, Jane (31 July 2009). "Mamma Mia! How the feelgood movie of 2008 has ruined the Greek paradise island of Skopelos". Daily Mail (London). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar