Sito Ricart

xogador de hóckey a patíns español

Lluís Ricart Benavent, coñecido como Sito Ricart, nado en Sant Just Desvern o 28 de xaneiro de 1999, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que xoga como defensa-medio no Deportivo Liceo da OK Liga.

Infotaula de personaSito Ricart
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1999 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Sant Just Desvern, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Sant Just Desvern, formouse como xogador de hóckey a patíns na canteira do Caldes, ata que na tempada 2017/18 debutou co primeiro equipo na OK Liga. Militou no club branquiazul durante catro tempadas máis, sumando 136 partidos e 36 goles co primeiro equipo, ao tempo que estudou unha carreira de Económicas.[1][2]

En xuño de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo Liceo, vixente campión de liga.[1]

Selección española editar

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, conquistando o Europeo sub-20 en 2018 de xeito invicto, cun equipo formado integramente por xogadores cataláns.[3] En 2019 disputou a Copa das Nacións en Montreux.[4]

Palmarés editar

Selección española sub-20

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Gómez Cundíns, Pablo (30 de xuño de 2022). "El Deportivo Liceo ficha al joven defensa Sito Ricart, del Caldes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  2. Zaballa, Pablo (2 de marzo de 2023). "Sito Ricart: "Cuesta creer que te llame un histórico como el Liceo”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  3. "España gana invicta el Europeo sub-20 doce años después". Mundo Deportivo (en castelán). 23 de setembro de 2018. Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  4. "3-4: Ángola derrota a España en la Copa de Naciones". Mundo Deportivo (en castelán). 17 de abril de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar