Copa das Nacións de Montreux

A Copa das Nacións (en francés Coupe des Nations de Montreux) é un torneo internacional de hóckey a patíns organizado polo Montreux Hockey Club con carácter bienal no período pascual. É recoñecido pola FIRS e polo CIRH e é considerado de moi alto valor para as seleccións e os clubs que participan nel. Creada en 1921, a Copa das Nacións é a competición de hóckey a patíns máis antiga do mundo.[1]

Coupe des Nations
Fundación1921
RexiónMundial
Equipos8
Actual campiónPortugal Portugal
(19º título)
Máis laureadoPortugal Portugal
(19 títulos)
Sitio webSitio web oficial
Copa das Nacións 2013

Historia editar

En 1921 o Montreux Hockey Club, o club máis antigo de hóckey a patíns suízo,[2] decidiu organizar un torneo no período de Pascua, chamándoo Torneo de Pascua, gañando as dúas primeiras edicións o club anfitrión. Recoñecido pola FIRS e a CIRH, os dous máximos organismos internacionais do hóckey a patíns. En 1923 é convidada a selección de Inglaterra, comezando a presenza de seleccións nacionais no Torneo. En 1924 e 1925, a participación de moitas delegacións nacionais permitiu ao torneo de Pascua converterse nun Campionato de Europa non oficial, polo que foi rebautizado como Copa das Nacións. En 1924, durante o desenvolvemento da cuarta edición do torneo, fúndase a Fédération Internationale de Patinage a Roulettes (FIPR), hoxe FIRS.[3][4]

Sucesivamente vén sendo chamado Copa das Nacións, Torneo de Montreux e foi denominado en 2 edicións Campionatos Mundiais (1939, 1948 e tamén Campionato de Europa), en 3 edicións oficialmente (1927, 1929, 1931) e en 2 edicións non oficialmente (1924, 1925) como Campionato de Europa. Dende 1949 a denominación é “Copa das Nacións” e Torneo Internacional, coa participación de equipos dos cinco continentes e está incluída no calendario anual mundial. Dende 1995 dispútase en anos alternos (coincidindo nos anos impares).

En 2003 créase o Challenge Marcel Monney, que se outorga ao equipo que sexa capaz de gañar tres edicións consecutivas ou cinco non consecutivas da competición. No 2007 este recoñecemento foi entregado á selección española logo de gañar tres edicións consecutivas (2003, 2005 e 2007), e en 2013 á selección de Portugal (2009, 2011 e 2013).[1][5]

Campións editar

A seguinte támoa amosa todos os campións da Copa das Nacións de Montreux dende a primeira edición da competición:[6]

Ed. Ano Campión Finalista Nome da competición
I
1921   Montreux Hockey Club   Stoccarda RC Torneo de Pascua
II
1922  Montreux Hockey Club   Paris HC Torneo de Pascua
III
1923   Inglaterra   Montreux Hockey Club Torneo de Pascua
IV
1924   Inglaterra   Suíza Copa de Europa non oficial
V
1925   Inglaterra   Suíza Copa de Europa non oficial
VI
1926   Stade Bordéus   Montreux Hockey Club Torneo de Montreux
VII
1927   Inglaterra   Francia Copa de Europa
VIII
1929   Inglaterra   Italia Copa de Europa
IX
1930   Faversham   Stade Bordéus Torneo de Montreux
X
1931   Inglaterra   Francia Copa de Europa
XI
1932   Herne Bay   Stoccarda RC Copa das Nacións
XII
1933   Stoccarda RC   Montreux Hockey Club Torneo de Montreux
XIII
1934   Montreux Hockey Club   Stoccarda RC Torneo de Montreux
XIV
1935   Italia (Juniores)   Montreux Hockey Club Torneo de Montreux
XV
1935   Montreux Hockey Club   Lyon Torneo de Pascua
XVI
1937   Alemaña   Italia Júnior Copa das Nacións
XVII
1938   Herne Bay   Italia Norte Copa das Nacións
XVIII
1939   Inglaterra   Italia Copa do Mundo
XIX
1941   Montreux Hockey Club   Lyon HC Torneo de Pascua
XX
1946   HC Monza   Lisboa Copa das Nacións
XXI
1947   Lisboa   Herne Bay Copa das Nacións
XXII
1948   Portugal   Inglaterra Copa do Mundo
XXIII
1949   Portugal   RCD Espanyol Copa das Nacións
XXIV
1950   Inglaterra   Portugal Copa das Nacións
XXV
1951   Bélxica   Montreux Hockey Club Copa das Nacións
XXVI
1952   España   Portugal Copa das Nacións
XXVII
1953   RCD Espanyol [7]   Portugal Copa das Nacións
XXVIII
1954   Portugal   Montreux Hockey Club Copa das Nacións
XXIX
1955   Portugal   España Copa das Nacións
XXX
1956   Portugal   España Copa das Nacións
XXXI
1957   España   Portugal Copa das Nacións
XXXII
1958  /  Lourenço Marques   España Copa das Nacións
XXXIII
1959   España   Portugal Copa das Nacións
XXXIV
1960   España   Portugal Copa das Nacións
XXXV
1961   CP Voltregà   SL Benfica Copa das Nacións
XXXVI
1962   SL Benfica   HC Monza Copa das Nacións
XXXVII
1963   Portugal   España Copa das Nacións
XXXVIII
1964   España   Montreux Hockey Club Copa das Nacións
XXXIX
1965   Portugal   España Copa das Nacións
XL
1967   España   Montreux Hockey Club Copa das Nacións
XLI
1968   Portugal   España Copa das Nacións
XLII
1970   Portugal   CP Voltregà Copa das Nacións
XLIII
1971   España   Lisboa Copa das Nacións
XLIV
1973   Portugal   España Copa das Nacións
XLV
1975   España   Portugal Copa das Nacións
XLVI
1976   España   Portugal Copa das Nacións
XLVII
1978   España   Portugal Copa das Nacións
XLVIII
1980   España   Arxentina Copa das Nacións
XLIX
1982   Italia   Arxentina Copa das Nacións
L
1984   Portugal   Reus Deportiu Copa das Nacións
LI
1987   Portugal   Arxentina Copa das Nacións
LII
1989   Arxentina   Novara Copa das Nacións
LIII
1991   España   Portugal Copa das Nacións
LIV
1993   Arxentina   Roller Monza Copa das Nacións
LV
1994   Portugal   Italia Copa das Nacións
LVI
1995   FC Barcelona   Portugal Copa das Nacións
LVII
1997   Portugal   España Copa das Nacións
LVIII
1999   España   Portugal Copa das Nacións
LIX
2001   España   Portugal Copa das Nacións
LX
2003   España   Portugal Copa das Nacións
LXI
2005   España   Portugal Copa das Nacións
XLII
2007   España   Portugal Copa das Nacións
LXIII
2009   Portugal   España Copa das Nacións
LXIV
2011   Portugal   España Copa das Nacións
LXV
2013   Portugal   España Copa das Nacións
LXVI
2015   Portugal   España Copa das Nacións
LXVII
2017   Arxentina   Portugal Copa das Nacións
LXVIII
2019   Portugal   Arxentina Copa das Nacións

Número de campionatos por países/clubs editar

Equipo Títulos
  Portugal 19
  España 17
  Inglaterra 8
  Montreux Hockey Club 5
  Arxentina 3
  Herne Bay 2
Equipo Títulos
  Italia 2
  Alemaña 1
  FC Barcelona 1
  SL Benfica 1
  Stade Bordeaux 1
  Faversham 1
  Lisboa 1
Equipo Títulos
 /  Lourenço Marques 1
  HC Monza 1
  Stoccarda RC 1
  CP Voltregà 1
  Bélxica 1
  RCD Espanyol 1

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "À Montreux: la plus ancienne compétition au monde" (en francés). MyMontreux.ch. 10 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 08 de agosto de 2016. 
  2. "Le Rink-Hockey en Suisse" (en francés). SRHV.ch. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2012. Consultado o 9 de agosto de 2016. 
  3. "About World Skate". worldskate.org (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  4. "About FIRS". worldskate.org (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  5. "« Montreux respire le Rink-Hockey ! »". Le Régional (en francés). 2 de abril de 2015. Consultado o 9 de agosto de 2016. 
  6. "Depuis 1921" (en inglés). Coupe des Natións. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2016. 
  7. El Mundo Deportivo (10-04-1953). "Resultados Montreux 1953". Consultado o 28-12-2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar