A OK Liga é a máxima categoría de hóckey sobre patíns en España, e é amplamente recoñecida como unha das mellores ligas do mundo. Ten dous campionatos, o masculino e o feminino.

OK Liga
Fundación1969
Rexión España
(Federación Española de Patinaxe)
Equipos16
Actual campiónGalicia HC Liceo
(8º título)
Máis laureadoCataluña FC Barcelona
(31 títulos)
Sitio webFederación Española de Patinaxe
OK Liga 2020-21

O campión da competición e os primeiros clasificados disputan a tempada seguinte a Copa de Europa. Os clasificados nas seguintes posicións disputan a Copa CERS xunto co campión da Copa do Rei. Tradicionalmente dende a súa fundación en 1969, os equipos cataláns teñen dominado a competición masculina agás a excepción do equipo galego do H.C. Liceo da Coruña.

Historia editar

A Liga Española de hóckey a patíns naceu en 1969 baixo a denominación de División de Honra, e na súa primeira tempada estivo integrada integramente por equipos cataláns (12 dos 13 equipos que a tempada anterior participaron na Primeira División de Cataluña, e o CE Arenys de Munt e o HC Sentmenat que ascenderan da Segunda División de Cataluña), e o seu primeiro campión foi o Reus Deportiu.

Na tempada 2002-03 mudou o seu nome para a súa denominación actual de OK Liga.

Na tempada 2009/10 cambian bastantes normas desta competición, a máis destacada é a supresión dos play-offs polo título, sendo campión o primeiro clasificado da liga regular, subcampión o segundo clasificado e dese xeito, consecutivamente. Outras normas son adquiridas de deportes como o baloncesto, fútbol sala ou balonmán no senso de posesións, criterios arbitrais etc.

Formato de competición editar

A OK Liga dispútase en 30 xornadas na que os 16 equipos se enfrontan entre si unha vez na casa e outra vez fora. Ao final das 30 xornadas o equipo que encabeza a liga é proclamado campión, mentres que os tres últimos equipos da clasificación descenden á segunda categoría, a Primeira Nacional.

Os puntos repártense dos seguinte xeito:

  • 3 puntos para o equipo gañador.
  • 1 punto para cada equipo en caso de empate.
  • 0 puntos para o perdedor.

Participantes 2018-19 editar

Equipo Cidade Estadio Adestrador
CP Alcobendas   Alcobendas Amaya Valdemoro   Marcos Rey
PAS Alcoi   Alcoi Francisco Laporta   Sergi Punset
FC Barcelona   Barcelona Palau Blaugrana   Eduardo Castro
C.P. Calafell   Calafell Joan Ortoll   Jordi Roca
CH Caldes   Caldes de Montbui Torre Roja   Eduard Candami
Girona CH   Xirona Palau II   Ramon Benito
Igualada HC   Igualada Les Comes   Ferrán López
HC Liceo   A Coruña Riazor   Juan Copa
Lleida Llista Blava   Lleida 11 de Setembro   Albert Folguera
C.H. Lloret   Lloret de Mar Municipal    Josep Codina
CE Noia   Sant Sadurní d'Anoia Ateneu Agrícola   Pere Varias
Reus Deportiu   Reus Pazo dos Deportes   Jordi García
PHC Sant Cugat   Sant Cugat del Vallès Pavelló Municipal   Joan Carles Vadillo
C.E. Vendrell   El Vendrell Club d'Esports Vendrell   Gonzalo Medina
Club Patí Vic   Vic Olímpico de Vic   Joaquim López
CP Voltregà   Sant Hipòlit de Voltregà Municipal   Francesc Linares

Historial editar

Tempada Campión de liga Subcampión
1969–70 Reus Deportiu AA Noia
1970–71 Reus Deportiu AA Noia
1971–72 Reus Deportiu FC Barcelona
1972–73 Reus Deportiu HC Sentmenat
1973–74 FC Barcelona CP Voltregà
1974–75 CP Voltregà FC Barcelona
1975–76 CP Voltregà C.P. Vilanova
1976–77 FC Barcelona Reus Deportiu
1977–78 FC Barcelona CP Voltregà
1978–79 FC Barcelona Reus Deportiu
1979–80 FC Barcelona CP Tordera
1980–81 FC Barcelona AA Noia
1981–82 FC Barcelona HC Liceo
1982–83 HC Liceo FC Barcelona
1983–84 FC Barcelona CP Tordera
1984–85 FC Barcelona HC Liceo
1985–86 HC Liceo FC Barcelona
1986–87 HC Liceo FC Barcelona
1987–88 AA Noia HC Liceo
1988–89 Igualada HC HC Liceo
1989–90 HC Liceo Igualada HC
1990–91 HC Liceo Igualada HC
Tempada Campión de liga Subcampión
1991–92 Igualada HC HC Liceo
1992–93 HC Liceo Igualada HC
1993–94 Igualada HC FC Barcelona
1994–95 Igualada HC FC Barcelona
1995–96 FC Barcelona HC Liceo
1996–97 Igualada HC FC Barcelona
1997–98 FC Barcelona CP Vic
1998–99 FC Barcelona HC Liceo
1999–00 FC Barcelona HC Liceo
2000–01 FC Barcelona CP Vic
2001–02 FC Barcelona Igualada HC
2002–03 FC Barcelona CE Noia
2003–04 FC Barcelona Igualada HC
2004–05 FC Barcelona Reus Deportiu
2005–06 FC Barcelona Reus Deportiu
2006–07 FC Barcelona Reus Deportiu
2007–08 FC Barcelona Reus Deportiu
2008–09 FC Barcelona HC Liceo
2009–10 FC Barcelona HC Liceo
2010–11 Reus Deportiu HC Liceo
2011–12 FC Barcelona HC Liceo
2012–13 HC Liceo FC Barcelona
2013–14 FC Barcelona HC Liceo
2014–15 FC Barcelona HC Liceo
2015–16 FC Barcelona C.P. Vic
2016–17 FC Barcelona Reus Deportiu
2017–18 FC Barcelona HC Liceo
2018–19 FC Barcelona HC Liceo
2019–20 FC Barcelona HC Liceo
2020–21 FC Barcelona HC Liceo
2021–22 HC Liceo Reus Deportiu

Palmarés editar

Equipo Campión Subcampión
FC Barcelona 31 9
HC Liceo da Coruña 8 17
Reus Deportiu 5 7
Igualada HC 5 5
CP Voltregà 2 2
CE Noia 1 4
CP Vic 0 3
CP Tordera 0 2
C.P. Vilanova 0 1
HC Sentmenat 0 1

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar