Rhinopithecus roxellana

especie de primate

O Rhinopithecus roxellana é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae endémica da China. A súa distribución limítase ás montañas Hengduan, nas provincias de Sichuan e Gansu; as montañas Qinling, na provincia de Shaanxi; e as montañas Shennongjia, na provincia de Hubei. Estas montañas atópanse ó norte do río Yangtze e sur do río Amarelo.

Rhinopithecus roxellana
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Simiiformes
Familia: Cercopithecidae
Xénero: Rhinopithecus
Especie: R. roxellana
Milne-Edwards, 1870

Subespecies[2]
  • R. r. roxellana Milne-Edwards, 1870
  • R. r. hubeiensis Y. Wang, Jiang & Li, 1998
  • R. r. qinlingensis Y. Wang, Jiang & Li, 1998
Sinonimia

Pygathrix roxellana

Habita nos bosques que se atopan en elevacións de 1400 a 3500 msnm dentro da súa localización. É de hábitos arborícolas, mais os machos adoitan estar en terra a metade do día, as femias e as crías menos tempo. É o único mono que tolera a presenza habitual de neve.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar