Río Yangtzé

río da China, o terceiro máis longo do mundo

O Yangtzé é o río máis importante en lonxitude da China cun curso total de 6.300 km, que o converten o terceiro máis longo do mundo tras o Nilo e o Amazonas. É, así mesmo, o máis longo de Asia. Polo seu caudal medio é o cuarto río máis caudaloso da Terra, tras o Amazonas, o Congo e o Paraná-La Plata. Na súa conca, de case 1.800.000 km² de área, viven uns 350 millóns de habitantes. Ë navegábel nunha lonxitude de 2.800 km desde a Shanghai, na desembocadura, até Panzhihua, situándose no medio importantes cidades como Nanjing, Wuhan ou Chongqing, as tres antigas capitais chinesas.

Río Yangtzé (Chang Jiang)
Vista da garganta de Qutang unha das tres gargantas do río Yangtzé.
PaísChina
NacementoGlaciar Gangjiajubu
Lonxitude6.380 km
Conca1.722.155 km²
Caudal medio31.900 m³
DesembocaduraMar da China Oriental
Mapa da China no que se sinala co nome oficial, Chang Jiang.
Meandro do Yangtzé en Yunan: o río vira para o norte

Nomes editar

O seu nome oficial en chinés é Chang Jiang, que quere dicir simplemente «río longo». Adoita denominarse tamén Yangzi Jiang (en pinyin Yángzǐ Jiāng), que corresponde coa antiga transcrición Wade-Gilles Yang-tze-kiang; este nome alternativo é usado na zona do seu curso final e foi a primeira coñecida polos europeos, e ten sido traducido erradamente como Río Azul. En cantonés a súa denominación é Cheung Kong. En tibetano é coñecido como Dri Chu ou "Río da femia de iak" (dri designa o iak femia).

Xeografía editar

 
Cultivo en socalcos na Garganta do Salto do Tigre (Yunnan) en 2005
 
O Yangtzé en Wuhan

Curso alto editar

O Yangtzé nace a 5.405 m de altitude, no glaciar Gangjiajubu[1], sito na cara sur do pico Geladandong (6.621 m), que forma parte do cordal Tanggula Shan, na provincia de Qinghai. Aquí é denominado río Tuotuo, comezando xa a recoller os primeiros tributarios por baixo dos 5.000 m de altura.

 
Glaciar na cabeceira do Tuoto

Moi encaixado, corre cara ao sur, delimitando a fronteira entre o Tíbet e a provincia chinesa de Sichuan, nun curso practicamente paralelo ao Mekong e ao Saluen. Aquí e denominado Jinsha (ou "río das areas douradas"). Nesta rexión atravesa as gargantas do Salto do Tigre, un canón de máis de 2.000 m de profundidade.

Curso medio editar

Nas proximidades da cidade de Dongchuan, vira bruscamente para o norte, serpenteando polos montes Hengduanshuan en Yunnan. Logo vira de novo, esta vez para o leste, e recibe importantes afluentes como o Yalong, o Min e o Jialing, que o transforman nun xigantesco curso de auga lamacento, impetuoso e cargado de refugos e lixos, orixinados polos 120 millóns de habitantes e labregos da conca de Sichuan.

Atravesa a inmensa aglomeración de Chongqing, a cuxa altura se lle xunta o Jialing, unha das maiores cidades do interior da China, con máis de 5 millóns de habitantes, pero que é tamén un gran foco contaminador.

Xusto na altura desta metrópole, o Yangtzé atravesaba as Tres Gargantas, tres enormes canóns no curso medio, e onde se construíu o que constitúe un dos maiores encoros do planeta. As Tres Gargantas forman un espectáculo extraordinario que atrae numerosos turistas, posibilitando o desenvolvemento da industria turística, baseada na navegación entre Chongqing e Yichang. As gargantas ofrecen unha atmosfera misteriosa, en especial cando a brétema e o orballo forman pinguiñas que envolven os cantís e as penedías rochosas que enmarcan o río. Na época das choivas estivais, o nivel das augas pode subir máis de 100 metros, tornando a navegación moi perigosa.

Curso baixo editar

Pasado ese tramo, o Chang Jiang continúa o seu curso cara á costa, mais agora anchéase e móvese con maior vagar, atravesando varios grandes lagos como os de Poyang e de Dongtin. Neste sector era onde se comezaban a ver os golfiños de auga doce (Lipotes vexillifer), practicamente xa dados por extintos. Porén, aínda se poden ver esturións, cullereiros e os crocodilos da China (Alligator sinensis).

En achegándose á costa do Mar da China oriental o río serpentea a través dos seus «nove meandros con forma de intestino» antes de desaugar nun enorme delta, ocupado por terras agrícolas, lagos e estanques, numerosos illotes e millares de hectáreas de canaveirais. Na desembocadura érguese a cidade portuaria de Shanghai, a maior metrópole chinesa. Ademais, está a conformarse a conurbación do Delta do Yangtzé.

Explotación hidroeléctrica editar

O encoro das Tres Gargantas, en Yichang (宜昌), Hubei, está sobre o Yangtzé. Levántase no límite da rexión montañosa do alto Yangtzé e a chaira do Yangtzé medio, onde agora está o encoro de Ghezouba, nun punto no que o río posúe un caudal de 14.300 mModelo:Exp/s. A potencia prevista para o ano 2009 é de 22.500 MW. A central debería producir, a partir de entón, arredor de 85 TWh de electricidade por ano, é dicir 85.000 millóns de kw/h.

O Encoro das Tres Gargantas foi proposto polo político chinés Sun Yat-sen en 1919. O sitio foi inspeccionado en 1932 e 1939 polos chineses e xaponeses, respectivamente. Os xaponeses deseñaron un plan (o plan Otani) para o encoro, para despois decatarse de que seguiría baixo control chinés. Máis tarde, en 1944, os Estados Unidos axudaron a planificar o encoro, pero todo traballo cesou en 1947 debido á Guerra Civil Chinesa. En 1949 reanudáronse os traballos de planificación, aínda que moi lentamente debido aos problemas económicos do país.

En 1980 os traballos de planificación ían a bo ritmo, pero en 1992 moita xente votou en contra do encoro. Porén, o goberno aprobou o proxecto, e o 14 de decembro de 1994 comezaron as obras. O encoro xa estaba a plena capacidade a finais de 2008.

Outro importante encoro, o de Xiluodu, está en curso de construción a 770 km río arriba, entre os distritos de Yongshan, provincia de Yunan, e de Leibo, provincia de Sichuan. A misión desta presa é aliviar a presión que o Yantzé exercerá sobre o encoro das Tres Gargantas. A inauguración da central completa está prevista para 2015, cunha potencia de 12.600 MW[2][3].

Hidrometría editar

Caudais medios do Yantgsé (en m³/s) medidos na estación hidrométrica de Datong
(Datos calculados no período de 1923-86, 64 anos)

Afluentes editar

O Yangtzé conta con máis de 700 tributarios, mais os principais son[4]:

 
Presa do encoro das Tres Gargantas
O río Yangtsé e os seus afluentes
 
Ramal Nome do afluente Chinés Lonxitude (km) Conca (km²) Caudal (m³/s) Desembocadura Provincias que atravesa
Cabeceiras - D Sistema JinshaTongtianTuotuo[5] 340.000 Yangtsé
- - Jinsha (Chang Jiang) 长江 - 金沙江 2.308 340.000 31.900 Yangtsé
- - - Río Guan (Guan He ou Yokoe) 横江 305 14.780 Río Jisha
- - - Río Niulan (ou Kraal) 牛栏江 461 13.787 Río Jisha
- - - Río Pudu 普渡河 294 Río Jisha
- - - Río Yalong 雅砻江 1.323 128.444 Río Jisha Yunnan
- - - Río Xianshui 鲜水河 680 Río Yalong Sichuan
- - - Río Anning 安寧河 320 11.000 Río Yalong
- - - Río Tongtian 通天河 813 138.000 Río Jisha
- - - Río Qumar (o Qu Mar o Chumar) 玛尔 527 20.800 Río Tongtian
- - - Río Tuotuo 沱沱河 375 Río Tongtian
- - - Río Danqu 当 曲 352 30.220 Río Tongtian
I - Río Min 岷江 735 140.000 Río Jisha Sichuan
- - - Río Dadu 大渡河 1.155 92.000 Río Min
- - - Río Qingyi 284 12.897 Río Dadu
Curso Superior - D Río Nanguang Yangtsé
- D Río Changning Yangtsé
- D Río Yongning Yangtsé
I - Río Tuo 沱江 655 27 500 Yangtsé (en Luzhou) Sichuan
- D Río Chishui 436 20.400 430 Yangtsé
- D Río Shangxi Yangtsé
- D Río Qijiang Yangtsé
I - Río Jialing 嘉陵江 1.119 230.000 Yangtsé Chongqing
- - - Río Fu 涪江 700 36.400 572 Río Jialing
- - - Río Qu 渠江 720 39.200 663 Río Jialing
- - - Río Bailong 白龙江 576 31.800 Río Jialing Gansu
Sichuan
- - - Río Baishui 白水 Río Jialing
- D Río Wu (xunto co Sancha e o Yachi) 乌江 1.150 80.300 Yangtsé Guizhou
Chongqing
I - Río Pengxi Yangtsé
I - Río Tangxi Yangtsé
I - Río Meixi Yangtsé
I - Río Shennongxi Yangtsé
I - Río Longmen Xia Yangtsé
I - Río Shennongxi Río Yangtsé Hubei
I - Río Huangbo (ou Huangbai) Yangtsé
I - Río Qingjiang 沱江 423 16.700 Yangtsé
Curso Medio - D Lago Dongting 162.225 Yangtsé
- - - Río Li (ou Lishui) 澧水 388 18.500 Lago Dongting Hunan
- - - Río Yuan (inclúe ao Qingshui) (ou Yuanjiang) 沅江 1.033 89 163 Lago Dongting
- - - Río You (ou Youshui) 酉水) 477 18.350 Río Yuan
- - - Río Wu 巫水 168 Río Yuan
- - - Río Zi (Zijiang) 资江 653 28.100 Lago Dongting
- - - Río Miluo 汨罗江 400 Lago Dongting
- - - Río Xiang 湘江 856 96.400 Lago Dongting Guangxi
Hunan
- - - Río Xiao 瀟水 354 12.099 Río Xiang
- - - Río Liuyang 234 4.665 Río Xiang
- - - Río Lian 涟水 232 7.150 Río Xiang
- - - Río Mi 洣水 296 10.305 Río Xiang
- - - Río Zheng 蒸水 Río Xiang
- - - Río Lei 耒水 439 11.905 Río Xiang
I - Río Dongjing Río Yangtsé
I - Río Huangsi Río Yangtsé
I - Río Han (Hànshǔi) 汉江 - 汉水 1.532 176.000 1.200 Río Yangtsé Shaanxi
Hubei
- - - Río Dan 丹江 443 16.810 Río Han Shaanxi
- - - Río Tangbai 唐白河 24.215 Río Han
I - Río Fushui 富水 196 Yangtsé Hubei
Curso inferior - D Lago Poyang Yangtsé Jiangxi
- - - Río Xiushui 357 14.793 Lago Poyang
- - - Río Gan (ou Ganjiang) 赣江 991 81.600 Lago Poyang Jiangxi
- - - Río Heshui Río Gan
- - - Río Zhang 章江 466 Río Gan
- - - Río Gong 貢水 278 26.589 Río Gan
- - - Río Meihe 梅河 Río Gong
- - - Río Xiang 湘水 Río Gong
- - - Río Xiu 修水 357 14.793 483 Lago Poyang Jiangxi
- - - Río Fu (ou Fuhe) 抚河 312 15.800 483 Lago Poyang Jiangxi
- - - Río Shun 信江 360 17.600 Lago Poyang Jiangxi
- - - Río Xinjiang Lago Poyang
- - - Río Raohe 40 15.000 Lago Poyang
- - - Río Changjiang 267 7.036 181 Río Raohe
- - - Río Le'an 279 8.456 489 Río Raohe
I - Río Huai He-lagos Shaobohu-Gaoyou-Hongze 1.100 174.000 Yangtsé

Notas editar

  1. O xeólogo alemán D. Ortlam probou, en agosto de 1989, que o Chang Jian nacía nese glaciar
  2. A central hidroeléctrica de Xiluodu aliviará a presión sobre do encoro das Tres Gargantas, Le Quotidien du Peuple en ligne, 9 decembro 2007
  3. Construction of Xiluodu Hydropower Station Starts, China.org.cn, 27 décembre 2005 (en inglés)
  4. Debe lembrarse que o chinés jiang vale por "río"; é transcrito ás veces kiang mesmo no nome do río aquí descrito, Yangtzé-kiang, ao que se lle apón, tautoloxicamente, río.
  5. a cabeceira principal do Yangtsé, formada polo Jinsha, que continúa augas arriba chamándose río Tongtian (813 km) e cuxa fonte máis lonxana é o río Tuotuo (375 km).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar