Catarrhini
Rango fósil: Finais do Eocene – Presente

Papio ursinus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorhini
Infraorde: Simiiformes
Parvorde: Catarrhini
É. Geoffroy, 1812
Familias

Catarrhini é unha das dúas subdivisións da infraorde dos Siimiformes, os primates superiores ou simios. Abrangue aos monos do Vello Mundo e aos Hominoidea, os cales teñen as divisións de xibóns e os Hominidae (orangutáns, gorilas, chimpancés, bonobos e humanos). Son todos nativos de África e Asia. Aos membros desta pavorde chámaselles catarrhinos.

Clasificacións e evolución editar

Os Hominoidea e os monos do Vello Mundo escindíronse dos monos do Novo Mundo hai arredor de 35 millóns de anos. A principal escisión do grupo catarrhine ocorreu hai 25 millóns de anos, cando se separaron os xibóns dos outros grandes simios (incluídos os humanos), hai 15-19 millóns de anos[1].

Notas editar

  1. Carlos G. Schrago, Claudia A. M. Russo (27-06-2003). "Timing the Origin of New World Monkeys". Molecular Biology and Evolution. Oxford Journals. Consultado o 21-08-2010. 
  2. Groves, C. P. (2005). "Order Primates". In Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3º ed.). Johns Hopkins University Press. páx. 111–184. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.