Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas

A resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou a admisión de Palestina como Estado observador non membro da Organización.[1] Sen prexuízo dos dereitos xa adquiridos pola Organización para a Liberación de Palestina (OLP), o status de Palestina nas Nacións Unidas pasou de ser entidade non membro da Organización a Estado non membro, semellante á situación da Santa Sé. A resolución aprobouse o 29 de novembro de 2012 na 67.ª sesión da Asemblea Xeral, coincidindo co Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino. A resolución aprobouse por unha ampla maioría da Aeamblea, aínda que contou con rexeitamento frontal do Estado de Israel, parte implicada no conflito árabe-israelí.

Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas
AsuntoO status de Palestina nas Nacións Unidas
data29 de novembro de 2012
Sesión núm.67
CódigoA/RES/67/19
Documento oficial[i]
VotaciónA favor: 138
En contra: 9
Abstención: 41
Ausentes: 5
ResultadoAprobada

Resultado editar

 
Votación dos Estados membros das Nacións Unidas respecto á admisión de Palestina como Estado observador non membro.
     A favor.     En contra.     Abstención.     Ausentes.     Non membros.
Estados membros A favor/en contra/abstención[2]
Afganistán, Angola, Antiga e Barbuda, Arabia Saudita, Alxeria, Arxentina, Armenia, Austria, Acerbaixán, Bangladesh, Bahrain, Bélxica, Belize, Benín, Bután, Belarús, Birmania, Bolivia, Botswana, Brasil, Brunei, Burkina Faso, Burundi, Cabo Verde, Camboxa, Qatar, o Chad, Chile, a China, Chipre, Comores, República do Congo, Costa do Marfil,Costa Rica, Cuba, Dinamarca, Dominica, Ecuador, Exipto, O Salvador, Emiratos Árabes Unidos, Eritrea, España, Eswatini, Etiopía, Rusia, Filipinas, Finlandia, Francia, Gabón, Gambia, Xeorxia, Ghana, Granada, Grecia, Guinea, Guinea-Bisau, Güiana, Honduras, India, Indonesia, Iraq, Irlanda, Irán, Islandia, Illas Salomón, Italia, Xamaica, Xapón, Xordania, Casaquistán, Kenya, Kirguistán, Kuwait, Lesotho, Líbano, Libia, Liechtenstein, Luxemburgo, Malaisia, Maldivas, Malí, Malta, Marrocos, Mauricio, Mauritania, Mozambique, México, Namibia, Nepal, Nicaragua, Níxer, Nixeria, Noruega, Nova Zelandia, Omán, Paquistán, Perú, Portugal, República Centroafricana, República Democrática Popular Lao, República Dominicana, República Popular Democrática de Corea, Tanzania, Siria, San Cristovo e Neves, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía, San Tomé e Príncipe, Senegal, Serbia, Seychelles, Serra Leoa, Somalia, Sri Lanka, Suráfrica, Sudán, Sudán do Sur, Suecia, Suíza, Suriname, Tailandia, Taxiquistán, Timor Oriental, Trinidad e Tobago, Turkmenistán, Turquía, Tuvalu, Tunisia, Uganda, Uruguai, Uzbekistán, Venezuela, Vietnam, Iemen, Djibuti, Zambia e Cimbabue. A favor (138)
Canadá, Estados Unidos de América, Israel, Illas Marshall, Micronesia, Nauru, Palau, Panamá e República Checa. En contra (9)
Albania, Alemaña, Andorra, República de Macedonia, Australia, Bahamas, Barbados, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Camerún, Colombia, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Fidxi, Guatemala, Haití, Hungría, Letonia, Lituania, Malaui, Mongolia, Montenegro, Mónaco, Papúa Nova Guinea, Paraguai, Países Baixos, Polonia, Reino Unido, República de Corea, República de Moldavia, República Democrática do Congo, Ruanda, Romanía, Samoa, San Marino, Singapur, Togo, Tonga e Vanuatu. Abstención (41)
Guinea Ecuatorial, Kiribati, Liberia, Madagascar e Ucraína. Ausentes (5)

Notas editar

  1. Caño, Antonio (30 de novembro de 2012). "La ONU acepta a Palestina". El País. Consultado o 30 de noviembre de 2012. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar