Papúa Nova Guinea

país de Oceanía

Papúa Nova Guinea[1][2] (en tok pisin: Papua Niugini; en hiri motu: Papua Niu Gini) é un país de Oceanía que ocupa a metade oriental da Illa de Nova Guinea, e unha serie de illas e arquipélagos, ao leste e ao nordeste, aínda que sempre na Melanesia. A única fronteira terrestre que ten é con Indonesia, ao oeste, mais ten fronteiras marítimas con Palau e mailos Estados Federados de Micronesia, ao norte, coas Illas Salomón, ao sueste, e con Australia, a través do Mar de Coral, o Estreito de Torres e o Mar de Arafura, ao sur. A súa capital é Port Moresby.

Modelo:Xeografía políticaPapúa Nova Guinea
Independent State of Papua New Guinea (en)
Independen Stet bilong Papua Niugini (tpi) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoO Arise, All You Sons Editar o valor em Wikidata

Lema«Unity in Diversity (en) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 6°18′S 147°00′L / -6.3, 147Coordenadas: 6°18′S 147°00′L / -6.3, 147
CapitalPort Moresby Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación8.935.000 (2020) Editar o valor em Wikidata (19,3 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Tok pisin
Hiri Motu
Língua de sinais da Papua-Nova Guiné (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie462.840 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Wilhelm (4.509 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1975 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Monarca Editar o valor em WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoCabinet of Papua New Guinea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro-ministro da Papua-Nova Guiné (pt) Traducir Editar o valor em WikidataJames Marape (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoNational Parliament of Papua New Guinea (en) Traducir , (Escano: 111) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal26.311.656.000 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
PIB per cápita2.757,22 $ (2020) Editar o valor em Wikidata
MoedaKina Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.pg Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+675 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia111, 110 e 112 Editar o valor em Wikidata
Código de paísPG Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webpapuanewguinea.travel Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Primeiros habitantes editar

Evidencias arqueolóxicas indican que os humanos chegaron a Nova Guinea polo menos 600.000 anos atrás, probablemente por mar desde o Sueste de Asia durante un período glaciar cando o nivel do mar era máis baixo e as distancias entre as illas eran máis curtas.

Aínda que os primeiros habitantes eran cazadores e recolectores, evidencias antigas demostran que as persoas usaban os bosques para proverse de comida. Tamén hai probas de que a horticultura era practicada ao mesmo tempo en que a agricultura se desenvolvía en Mesopotamia e Exipto. Cultivos antigos - moitos dos cales eran indíxenas - incluían cana de azucre, bananas do Pacífico, iñame e taro, mentres que o sago e pandano eran as dúas especies de árbores máis explotadas polos nativos. As batatas e os porcos, son de chegada moi posterior, pero os moluscos e peixes levan na dieta moito tempo.

Presenza europea editar

Cando os primeiros exploradores europeos chegaron a Nova Guinea, os habitantes desta e outras illas veciñas tiñan un sistema de agricultura produtivo aínda utilizando ferramentas de óso, madeira e pedra. Comerciaron cos insulares ao longo da costa principalmente con produtos cerámicos, adornos de cunchas e produtos alimentarios básicos. Tamén penetraron no interior, onde intercambiaron produtos do bosque por bens mariños.

Probablemente foron os navegantes portugueses e españois os que avistaron primeiro Nova Guinea a principios do século XVI. Entre 1526 e 1527, Jorge de Meneses chegou accidentalmente á illa principal chamándoa Papúa, unha palabra malaia que designa o carácter rizo do pelo dos melanesios. En 1545, o español Iñigo Ortiz de Retez engadiu o termo Nova Guinea ao nome da illa ao observar un parecido entre os habitantes da illa e os da costa de Guinea (África).

Aínda que nos seguintes 170 anos numerosos navegadores europeos visitaron as illas e exploraron as súas costas, non se sabía gran cousa dos seus habitantes ata que a finais do século XIX, Nicolai Miklukho-Maklai conviviu varios anos coas diferentes tribos e describiu o seu modo de vida nun extenso informe.

Nova Guinea Alemá editar

Artigo principal: Nova Guinea Alemá.
 
Cultura de Luf: talla (Museo Etnolóxico Dahlem, de Berlín)

Coa crecente demanda europea de aceite de coco, Godofredo de Hamburgo, a firma comercial máis grande do Pacífico, comeza o comercio de copra nas illas de Nova Guinea. En 1884, o Imperio Alemán formalmente tomou posesión do nordés da illa e puxo a súa administración en mans dunha compañía comercial contratada formada para o devandito propósito, a Compañía de Nova Guinea (Neu Guinea Kompagnie). No contrato concedido a esta compañía polo goberno imperial alemán en maio de 1885, dáballes o poder de exercer dereitos soberanos sobre o territorio e outras terras "non ocupadas" en nome do goberno, e a habilidade de negociar directamente cos habitantes nativos. As relacións con potencias estranxeiras eran retidas como propiedade exclusiva do goberno alemán. A Compañía de Nova Guinea pagaba directamente polas institucións gobernamentais locais, a cambio de concesións que eran outorgadas.

En 1899, o goberno imperial alemán asumiu directamente o control do territorio agora chamado como Nova Guinea Alemá. En 1914, tropas australianas ocuparon o territorio, e mantivérono baixo control militar australiano durante a primeira guerra mundial, ata 1921. O goberno británico, a través da Mancomunidade de Australia, asumiu un mandato para a Liga de Nacións para gobernar o Territorio de Nova Guinea en 1920. Foi administrado baixo este mandato ata a invasión xaponesa en decembro de 1941, que trouxo a suspensión da administración civil australiana.

Territorio de Papúa editar

O 6 de novembro de 1884, un protectorado británico foi proclamado sobre a costa sur de Nova Guinea e as súas illas adxacentes. O protectorado, chamado Nova Guinea Británica, foi anexado directamente o 4 de setembro de 1888. A posesión foi transferida á autoridade da Mancomunidade de Australia en 1902. Segundo a Lei de Papúa de 1905, a Nova Guinea Británica pasou a chamarse Territorio de Papúa, establecéndose unha administración formal australiana en 1906. Papúa foi administrada baixo a Lei de Papúa ata que foi invadida polos xaponeses en 1941, e a administración civil foi suspendida. Durante a guerra, Papúa foi gobernada por unha administración militar desde Port Moresby, onde o xeneral Douglas MacArthur ocasionalmente tiña os seus cuarteis.

Territorio de Papúa e Nova Guinea editar

Logo da rendición dos xaponeses en 1945, as administracións civís de Papúa e de Nova Guinea foron restauradas, baixo a Acta de Administración Provisional de Papúa Nova Guinea (1945 - 1946), Papúa e Nova Guinea foron combinadas nunha unión administrativa.

A Acta de Papúa e Nova Guinea de 1949 formalmente aprobou o establecemento de Nova Guinea baixo o sistema internacional fideicomisario e confirmou a unión administrativa de Nova Guinea e Papúa baixo o nome de Territorio de Papúa e Nova Guinea. A acta proveu un Consello Lexislativo (establecido en 1951), unha organización xudicial, un servizo público, e un sistema de gobernos locais. Unha Cámara de Representantes substituíu o Consello Lexislativo en 1963. En 1972, o nome do territorio foi cambiado a Papúa Nova Guinea.

Independencia editar

As eleccións de 1972 deron paso á formación dun ministerio dirixido por Michael Somare, quen prometeu implantar un goberno autónomo para máis tarde alcanzar a independencia. En efecto, o 1 de decembro de 1973 Papúa Nova Guinea pasou a ser dirixida por un goberno autónomo, e máis tarde, o 16 de setembro de 1975, alcanzou a independencia.

Tras as eleccións nacionais de 1977, Somare foi nomeado Primeiro Ministro co apoio dunha coalición dirixida polo partido Pangu. Con todo, o seu goberno empezou a perder a confianza do pobo e foi substituído por un novo gabinete con Julius Chan como Primeiro Ministro.

Nas eleccións de 1982 o partido Pangu volveu gañar popularidade e Somare saíu outra vez elixido. Con todo, en novembro de 1985, o goberno volveu perder apoios, o que deu paso a que Paias Wingti saíse elixido nas eleccións de xullo de 1987 co apoio dunha coalición de cinco partidos. Con todo, en xullo de 1988, outra vez por falta de confianza, Rabbie Namaliu, quen semanas antes substituíra a Somare na dirección do partido Pangu, pasou a ocupar o cargo de Primeiro Ministro.

Política editar

Artigo principal: Política de Papúa Nova Guinea

Papúa Nova Guinea é unha monarquía constitucional cunha democracia parlamentaria. Coma membro da Commonwealth, recoñecese coma Xefe de Estado ao rei ou á raíña do Reino Unido, representado por un Gobernador Xeral. Este gobernador é elixido polo Parlamento, nomeado polo rei ou a raíña, e participa principalmente en cerimonias oficiais.

O xefe do Goberno é o Primeiro Ministro, elixido polo Parlamento Nacional unicameral de 109 membros. Os compoñentes do Parlamento son elixidos cada cinco anos cos votos das 19 provincias e do distrito da capital nacional de Port Moresby.

Subdivisións editar

 
Provincia Capital Área (km²) Poboación
1 Central Port Moresby 29.500 161.447
2 Simbu (Chimbu) Kundiawa 6.100 187.809
3 Highlands Orientais Goroka 11.200 316.802
4 Nova Bretaña do Leste Kokopo 15.500 235.712
5 Sepik do Leste Wewak 42.800 280.340
6 Enga Wabag 12.800 279.046
7 Golfo Kerema 34.500 72.794
8 Madang Madang 29.000 288.317
9 Manus Lorengau 2.100 38.697
10 Milne Bay Alotau 14.000 185.000
11 Morobe Lae 34.500 439.725
12 Nova Irlanda Kavieng 9.600 105.893
13 Oro Popondetta 22.800 112.985
14 Bougainville Arawa 9.300 178.262
15 Highlands Meridionais Mendi 23.800 390.240
16 Occidental Daru 99.300 126.411
17 Highlands Occidentais Mount Hagen 8.500 398.376
18 Nova Bretaña do Oeste Kimbe 21.000 170.485
19 Sandaun Vanimo 36.300 160.349
20 Distrito Capital Nacional Port Moresby 240 271.813

Papúa Nova Guinea está dividida en dezanove provincias e o Distrito Capital Nacional de Papúa Nova Guinea.

Xeografía editar

Localización: Sueste de Asia, arquipélago que inclúe a metade oriental da illa de Nova Guinea entre o mar de Coral e o océano Pacífico, ao leste de Indonesia.

Área:

  • total: 462,840 km²
  • terra: 452,860 km²
  • auga: 9,980 km²

Límites en terra:

  • total: 820 km
  • países limítrofes: Indonesia 820 km

Liña costeira: 5,152 km

Soberanía marítima: medido desde as liñas de costa das illas que forman o arquipélago

  • placa continental: 200 metros de profundidade
  • zona económica exclusiva: 200 millas náuticas
  • mar territorial: 12 millas náuticas

Clima: tropical; monzón noroccidental de decembro a marzo, Monzón suroriental de maio a outubro, pequenas variacións na temperatura.

Terreo: maiormente montañoso con planicies nas costas.

Puntos extremos:

Recursos naturais: ouro, cobre, prata, gas natural, madeira, petróleo, pesca.

Uso da terra:

  • terra arable: 0.1%
  • cultivos permanentes: 1%
  • pastos permanentes: 0%
  • bosques: 92.9%
  • terras irrigadas: NA km²
  • outros: 6% (1993 est.)

Perigos naturais: vulcanismo; atópase situado dentro do Cinto de lume do Pacífico; o país soporta frecuentes sismos e tsunamis.

Asuntos ambientais: bosque chuvioso en proceso de deforestación como resultado do aumento da demanda comercial de madeira e contaminación polos proxectos mineiros.

Xeografía

  • Comparte a illa de Nova Guinea con Indonesia
  • Ao longo da súa costa suroccidental esténdese un dos pantanos máis longos do mundo.

Economía editar

Artigo principal: Economía de Papúa Nova Guinea

Papúa Nova Guinea posúe gran cantidade de recursos naturais, aínda que a explotación dos mesmos sempre estivo obstaculizada pola carencia de infraestruturas e tecnoloxía de desenvolvemento. Non obstante as fontes mineiras, incluíndo o petróleo, o cobre e o ouro, representan as catro quintas partes das súas exportacións.

Mantén unha agricultura de subsistencia que serve unicamente para o consumo local.

A pesca, explotada industrialmente en concesións a outros países, constitúe tamén unha fonte importante de ingresos, mais está moi afectada polos cambios climáticos das correntes mariñas do Pacífico.

As axudas ó desenvolvemento proveñen na súa maior parte de Australia, o Xapón e da Unión Europea.

En 1995, foi necesaria a intervención do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial para axustar un programa de desenvolvemento. Na actualidade a situación é estable, cun crecemento da produción agrícola dun 3,9% de media anual dende o ano 1999.

Demografía editar

 
Crecemento da poboación dende 1961 ata 2003 (en miles de persoas).

Os tres maiores grupos étnicos do océano Pacífico, melanesios, micronesios e polinesios están representados en Papúa Nova Guinea. Chineses, europeos e australianos tamén residen neste país.

Papúa Nova Guinea conforma un dos lugares máis diversos do planeta; existen 700 linguas indíxenas e polo menos unha maioría de sociedades indíxenas, cunha poboación maior aos 5 millóns. É tamén un dos lugares máis rurais, con só un 18% da poboación vivindo en centros urbanos.

Preto dun terzo da poboación adhírese a crenzas indíxenas, mentres o resto é cristiá. Preto dun terzo dos cristiáns son católicos romanos, mentres que o resto está dividido entre varias denominacións protestantes.

Linguas editar

Papúa Nova Guinea é a nación con maior número de idiomas falados no mundo, con máis de 800.[3][4] Cunha media de 7.000 falantes por lingua, é o segundo país con maior diversidade lingüística por número de habitantes, só por detrás de Vanuatu.[5] As linguas indíxenas clasifícanse en dous grandes grupos: as linguas austronesias e as papúas, sendo as máis faladas de forma nativa enga, melpa e huli.[6] Hai catro idiomas oficiais en Papúa Nova Guinea: inglés, tok pisin, hiri motu e, dende 2015, a linguaxe de signos de Papúa Nova Guinea.[7] O inglés é o idioma do goberno e do sistema educativo pero fora diso non é moi falado.

A principal lingua franca do país é o tok pisin, no que se realizan a maioría de debates do parlamento, campañas e anuncios, etc. A única zona na que o tok pisin non é a lingua franca principal é a rexión de Papúa, no sur do país, na que se usa hiri motu. A capital, Port Moresby, ten unha poboación moi diversa, que no centro utiliza principalmente o tok pisin para comunicarse e, en menor medida, o inglés, mentres que na periferia se fala motu.

Cultura editar

Artigo principal: Cultura de Papúa Nova Guinea

Estímase que existen máis de mil grupos culturais en Papúa Nova Guinea. Debido a esta diversidade, xurdiron moitos estilos de expresión cultural. Cada grupo creou as súas propias formas expresivas en arte, danza, armamento, traxes, canto, música, arquitecturaetc.

A maioría destes grupos culturais teñen a súa propia lingua. A poboación vive maioritariamente en aldeas que dependen da agricultura de subsistencia. Nalgunhas zonas cazan e recollen plantas silvestres (como raíces de ñame e karuka) para complementar as súas dietas. Os que se fan hábiles na caza, na agricultura e na pesca son moi respectados.

No río Sepik, hai unha tradición de talla de madeira, moitas veces en forma de plantas ou animais, que representan espíritos antepasados.

As cunchas mariñas eran a moeda de Papúa Nova Guinea até a súa abolición en 1933. Esta tradición aínda está presente nos costumes locais. Nalgunhas culturas, para conseguir unha noiva, un noivo debe levar un certo número de cunchas de ameixa cos bordos dourados como dote.[8] Noutras rexións, o dote é pagado en porcos, casuarios ou diñeiro. Noutras partes, son as noivas as que tradicionalmente pagan o dote.

Os pobos das montañas participan en coloridos rituais locais nos que se pintan a si mesmos e se visten con plumas, perlas e peles de animais para representar paxaros, árbores ou espíritos de montaña. Ás veces, represéntanse acontecementos importantes, como unha lendaria batalla, nun festival musical.

O país posúe un lugar Patrimonio Mundial da UNESCO, o sitio agrícola de Kuk, inscrito en 2008.[9] O país, con todo, non ten elementos inscritos na lista de Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, a pesar de ter unha das máis amplas variedades de elementos de patrimonio cultural inmaterial no mundo.[10]

Notas editar

  1. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. "Papua New Guinea" (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2019. 
  4. "Este es el país donde se hablan más de 800 lenguas". BBC (en castelán). 3 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  5. "The Languages of Vanuatu: Unity and Diversity" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2019. 
  6. "Languages on Papua vanish without a whisper" (en inglés). 21 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  7. "Sign Language, Next Official Language for PNG" (en inglés). 16 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  8. "Cultura de Papúa Nova Guinea" (en inglés). febreiro de 1997. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 1999. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  9. "Kuk Early Agricultural Site" (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2019. 
  10. "Papua New Guinea and the 2003 Convention" (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2019.