Rafael Pillado

político galego

Rafael Pillado Lista, nado en San Cibrao (Cervo) o 12 de xuño de 1942 e finado en Ferrol o 20 de febreiro de 2023, foi un antigo político e militante sindical galego.

Infotaula de personaRafael Pillado Lista
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1942 Editar o valor em Wikidata
Cervo, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cando tiña tres anos o seu pai, militante comunista, foi detido e lévano para a cadea en Ferrol. Estableceuse coa nai en Ferrol para estar preto do pai e aos 15 anos comezou a traballar en Bazán, os estaleiros de Ferrol. En 1960 ingresou no Partido Comunista de España e nas Xuventudes Comunistas con 18 anos. Fixo o servizo militar e á volta participou nun campo de formación do PCE en Alemaña do Leste. En 1966 participou na creación das primeiras formacións sindicais non oficiais da ditadura, coa creación das Comisións Obreiras de Bazán, de onde se acaba por formar as Comisións Obreiras de Galicia[1].

O 10 de marzo do ano 1972 os traballadores da Empresa nacional Bazán, convocaron unha manifestación en sinal de protesta e rexeitando o convenio colectivo interprovincial. As manifestacións sindicais polo establecemento dun novo convenio laboral dentro de Bazán, saldáronse co homicidio de Amador Rey e Daniel Niebla, mortos por disparo da policía franquista.[2] Daquela Rafael Pillado estaba no Sindicato Vertical. En 1972 foi encarcerado, e non foi posto en liberdade ata a amnistía de 1976. Encabezou a candidatura do PCG pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións democráticas.[3] En 1979 foi elixido secretario xeral do Partido Comunista de Galicia, en substitución de Santiago Álvarez. Naquela altura foi partidario do eurocomunismo.

Anos despois foi expulsado do PCG e o PCE, e sumouse ao Partido Comunista de Galicia - Marxista Revolucionario, a formación que en España lideraba Santiago Carrillo como escisión do PCE.

Posteriormente pasou ao PSOE, do que tamén se deu de baixa, para pasar a apoiar a AGE (Alternativa Galega de Esquerdas). Participou tamén nas manifestacións contra os gaseiros na ría de Ferrol e foi directivo da Asociación Cultural "Fuco Buxán".

Doente de cancro, denunciou a Navantia pola contaminación por amianto nos seus anos de traballo.[4] Finalmente faleceu como consecuencia do cancro de pulmón.

Notas editar

  1. "Unha folga xeral non vai resolver todo, pero incorpora sectores novos, ensínalles que hai que estar unidos", entrevista de Marcos Pérez Pena para Praza Pública, 9/3/2012.
  2. "Los obreros de Bazán asesinados por los 'grises' en 1972 no recibirán la Medalla de Galicia". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-26. 
  3. El Pueblo Gallego, 13-4-1977, p. 13.
  4. "OBITUARIO: Falece Rafael Pillado, histórico dirixente sindicalista". Nós Diario. 2023-02-20. Consultado o 2023-02-20. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pillado, Rafael (2012). O latexo da vida e da conciencia. Memorias Colectivas de Rafael Pillado I. Ferrol: Fuco Buxán. 

Ligazóns externas editar