Partido Comunista de Galicia

O Partido Comunista de Galicia (PCG) constitúe a federación galega do Partido Comunista de España, forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida e ten como única lingua oficial o galego, o seu himno é A Internacional e o seu órgano de expresión é A Voz do Pobo publicado desde agosto de 1969. As súas xuventudes organízanse na Xuventude Comunista.

Partido Comunista de Galicia (PCG)
Federación Galega do PCE
Dirixentes e organización
LíderEva Solla
MocidadesXuventude Comunista
Historia
Fundación1968
Posicións políticas
IdeoloxíaEurocomunismo
Galeguismo
Federalismo
Republicanismo
Representación
Parlamento de Galicia
0 / 75
Congreso dos deputados
1 / 350
Senado
0 / 266
Outros datos
SedeRúa Dublín 8, baixo dereita, Santiago de Compostela
PublicaciónA Voz do Pobo
Na rede
pcgalicia.org

Historia e características editar

O PCG constituíuse en 1968, o congreso constituínte celebrouse no exilio, en París. Xa o PCE fora o principal partido de oposición ao franquismo en Galicia e o PCG mantivo esa hexemonía, pero xa contestada polos partidos nacionalistas de esquerda e tamén por outros partidos de esquerdas escindidos do propio PCE. O seu primeiro secretario xeral foi Santiago Álvarez.

A actual secretaria xeral é Eva Solla, elixida no XIII Congreso do 4 de outubro de 2014 cun 95% dos votos dos delegados (a primeira muller na historia do PCG en desenvolver o cargo).

Secretarios xerais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar