Río Deva, Paradanta

curso fluvial galego, afluente do río Miño na provincia de Pontevedra

O río Deva é un curso fluvial da provincia de Pontevedra, afluente do Miño pola súa marxe dereita.

Río Deva, Paradanta
PaísGalicia Galicia
NacementoTeso de Deva
Lonxitude21 km
Caudal medio3,7 m³/s
DesembocaduraRío Miño
Conca do río Miño no territorio galego

Percorrido editar

O Deva nace a 800 m de altitude no sitio denominado Teso de Deva, marcando unha dirección de curso N-S. Percorre un total de 21 km, antes verter as súas augas no Miño. A súa conca ten uns 92,3 km². O caudal medio é de 3,70 m³/s.

Réxime hídrico editar

É un río de réxime pluvial, pois a pluviosidade media da súa conca calcúlase en 1.608 mm anuais.

Etimoloxía editar

Algunhas teorías[quen?] sinalan unha orixe céltica para este nome, ao que relacionan co deus (indoeuropeo *deiwos), con significado de "sagrado" ou "divino".[Cómpre referencia] O nome repítese na Galiza mesmo, no río Deva da Terra de Celanova. Hai outro Deva en Cantabria. Na Galia o antigo Devona ou o británico Devon.


 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.