Ponte de Mourentán

construción sobre o río Deva en Mourentán (Arbo)

Coordenadas: 42°07′11″N 8°17′45″O / 42.11975, -8.29575

A ponte de Mourentán é unha construción de cachotaría do século XVIII con arco apuntado e rasante alombado. Está situada na parroquia de Mourentán, no concello de Arbo. A ponte salva o río Deva e atópase no antigo camiño real que ía de Ribadavia a Salvaterra e Tui. Consta dun só van e a súa luz ten unha lonxitude de 12,40 metros. O seu estado de conservación é bastante bo.

Ponte de Mourentán
Localización
RíoDeva
ConcelloArbo
ProvinciaPontevedra
Características
ConstruciónSéculo XVIII
TipoCachotaría
MaterialPedra

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.