Río Deva, Terra de Celanova

curso fluvial galego, afluente do río Miño na provincia de Ourense

O río Deva é un río da provincia de Ourense, afluente do Miño pola súa marxe esquerda.

Río Deva, Terra de Celanova
PaísGalicia Galicia
NacementoArrotea (Bangueses)
Lonxitude20 km
Conca132 km²
Caudal medio2,5 m³/s
DesembocaduraRío Miño

Percorrido editar

Nace na Arrotea, a 1.000 m de altura, na parroquia de Bangueses (concello de Verea). O seu percorrido de 20 km está caracterízano como un río encaixado, antes de confluír no Miño, no encoro de Frieira. No treito final o Deva serve como linde entre os concellos da Pontedeva e Cortegada durante uns dous quilómetros.

A conca cobre un total de 132 km², sendo o caudal medio de 2,5 m³/s.

Toponimia editar

O seu nome é probabelmente céltico, posibelmente da mesma orixe que a voz deus (indoeuropeo *deiwos), con significado de "sagrado" ou "divino". O nome repítese na Galiza mesmo, no río Deva da Paradanta. Hai outro Deva en Cantabria. Na Galia o antigo Devona ou o británico Devon.



 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.