Premio de poesía Pérez Parallé
O Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé é un certame literario anual que convoca desde 1987 o Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene como homenaxe a Xosé María Pérez Parallé o día do seu pasamento o 1 de novembro.
Premio de poesía Pérez Parallé | |
---|---|
Tipo | premio literario |
Data de fundación | 1987 |
Nomeado en referencia a | Xosemaría Pérez Parallé |
Sede | Fene |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia editar
Nun principio o premiado era un só poema en lingua galega ou castelá. En 2005, prodúcese unha transformación radical das bases do premio, por iniciativa dunha nova directiva do Círculo Mercantil e Industrial-Unidad e de Eduardo Estévez, quen coordinaba daquela un obradoiro literario do Concello de Fene. O premio pasou entón a dirixirse de forma específica a libros de poesía en galego de autores inéditos.
Inicialmente carecía de retribución económica, consistindo o premio na publicación da obra pola editorial Espiral Maior. Desde a XXV edición o premio conta cunha dotación económica que foi inicialmente de 500 € e foi subindo até acadar os 3000 € na edición de 2020.
Edicións editar
Notas editar
- ↑ "C.M.I. Unidade de Fene. Certame Nacional de Poesía". Concello de Fene.
- ↑ "Sara Plaza Moreno gaña o premio de poesía Pérez Parallé". Nós Diario. Consultado o 2020-11-02.
- ↑ "Entrega del premio Xosemaría Pérez Parallé al científico nacido en Carral Anxo Mena". Diario de Ferrol (en castelán). 21 de novembro de 2021.
- ↑ Gala Dacosta (6 de novembro de 2022). "A fenesa Gisela Mato obtén o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé". La Voz de Galicia.
- ↑ Xabier Sanmartín (29 de outubro de 2023). "El compostelano Xosé Carlos Carracedo Porto gana el premio de poesía Pérez Parallé 2023". El Correo Gallego.