Tamara Andrés

escritora e tradutora galega

Tamara Andrés Padín, nada en Combarro (Poio) o 8 de agosto de 1992, é unha escritora e tradutora galega.

Infotaula de personaTamara Andrés

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Poio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , tradutora , mestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 587

Traxectoria editar

Graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e titulada no mestrado en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Tras estudar o Mestrado para o Profesorado, na especialidade de linguas estranxeiras, dedicouse ao ensino de idiomas.

No 2015 publicou Amentalista, unha particular homenaxe ao pintor René Magritte, pintor que mereceu a súa atención en diversas investigacións e artigos. Nese mesmo ano gañou o Concurso de Poesía O Facho con Nenæspiraes, poemario publicado na editorial Medulia. A finais de 2017 publicou Corpo de Antiochia na colección Dombate da Editorial Galaxia[2], poemario autotraducido ao castelán e finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018.

Comezou a súa tese sobre poesía e tradución dentro do programa de Doutoramento en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. Dirixiu e colaborou en diversos proxectos literarios, audiovisuais e escénicos. En 2018 comezou a dirixir con Marcus Daniel Cabada a revista Ligeia.

 
Presentación de Ligeia, Bueu, 22/09/2018. Con Marcus Daniel Cabada

Obras[3] editar

Obras individuais editar

 
Acompañando a Diego Alfonsín na presentación de Non o saben as estrelas. Libraría Paz de Pontevedra. 08/02/2019

Obras colectivas editar

  • Wine&Roses, LeTour1987, 2016
  • Contos de Nadal, Revista Criaturas, 2016
  • No seu despregar, Apiario, 2016
  • Xohana Torres, natureza de illa, Real Academia Galega, 2018

Traducións literarias editar

  • Bruxas a Morta, de Georges Rodenbach (BIVIR, 2014)
  • Ernesto e Celestina, músicos da rúa, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2016)
  • Agni e a chuvia, de Dora Sales (Kalandraka, 2016)
  • París en pijamarama, de Michaël Leblond e Frédérique Bertrand (Kalandraka, 2016)
  • Museo en pijamarama, de Michaël Leblond e Frédérique Bertrand (Kalandraka, 2017)
  • Ernesto e Celestina perderon a Simeón, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2017)
  • O Nadal de Ernesto e Celestina, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2018)
  • A túa historia, de Kathryn Strobel, ilustrado por Vanesa Álvarez (Galaxia, 2019)
  • As iluminacións, de Arthur Rimbaud (Kalandraka, col. Tambo, 2023; traducida en tándem con Oriana Méndez)

Recoñecementos editar

 
Pontevedra, 03/02/2019, con Silvia Penas e Marcus Daniel Cabada.

Poesía editar

  • 2000: Gañadora da modalidade poética do Concurso Literario Xaime Illa Couto.
  • 2014: Accésit dos Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo polo poemario Xogos surrealistas.
  • 2015: Gañadora do Premio de Poesía O Facho polo poemario Nenæspiraes.
  • 2016: Segundo premio do XVII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores do Concello de Mondoñedo polo poemario O suicidio da camelia.
  • 2017: 2º premio dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo polo poemario Recuperar as mans.
  • 2017: 3º premio da modalidade poética do certame Xuventude Crea polo poemario A lingua secreta dos nenos franceses.
  • 2018: Finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por irmá paxaro.
  • 2018: Finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por Corpo de Antiochia.

Narrativa editar

  • 2015: 2º premio do II Concurso de relato breve convocado pola Biblioteca Pública de Pontevedra por «A purificación de Vedra».
  • 2016: Gañadora do IV Certame de Relato Curto organizado pola FANPA de Pontevedra por «A eterna bailarina».
  • 2017: 3º premio na modalidade de traballo literario breve dos I Premios Provinciais da Xuventude convocados pola Deputación de Pontevedra con «Os amantes tráxicos».

Notas editar

 
25 anos con Lois Pereiro. Libraría Paz de Pontevedra. Con Lucía Novas, Ana Acuña, Ramón Rozas e Xaime Toxo.
  1. "Tamara Andréx". lapiedradesisifo. Consultado o 03/02/2018. 
  2. "Tamara Andrés: “La poesía es el fantasma de lo que has sido”". mundiario.com. Consultado o 23/09/2018. 
  3. "Tamara Andrés". catalogo.bne.es. Consultado o 23/09/2018. 
  4. "Tamara Andrés". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-03. 
  5. "Entrevistamos a Tamara Andrés Padín". universodelibros.com. Arquivado dende o orixinal o 18/09/2019. Consultado o 23/09/2018. 
  6. "Nenæspiraes, de Tamara Andrés Padín". Caderno da crítica. 2016-01-09. Consultado o 2019-02-03. 
  7. "Ficha do libro na Ed. Galaxia". editorialgalaxia.gal. Consultado o 23/09/2018. 
  8. Nicolás, Ramón. "Corpo de Antiochia, de Tamara Andrés". cadernodacritica. Consultado o 23/09/2018. 
  9. Nicolás, Ramón (2019-12-19). "Irmá paxaro, de Tamara Andrés". Caderno da crítica. Consultado o 2020-03-05. 
  10. "Distancias". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-03-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar