Lucía Novas

escritora galega


Lucía Novas Garrido, nada en Bueu o 1 de outubro de 1979, é unha escritora e docente galega.

Infotaula de personaLucía Novas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Profesora
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

AELG: 195

Traxectoria editar

 
Recitando no Pazo da Cultura de Pontevedra o 8/11/2018

Estudou no colexio A Pedra e no IES Johán Carballeira de Bueu. Comezou tradución e interpretación para logo licenciarse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo.[1] Exerceu como profesora no ensino secundario de Lingua e Literatura Galega no IES María Soliño de Cangas pasando a Pontevedra en 2022. Escritora xa na adolescencia, gañou diversos premios de poesía, e ten participado en diversos volumes colectivos. Colabora con poemas seus en revistas como Grial, PolpA, Casa da Gramática, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, O Ollo Público, Escrita Contemporánea e en 2018 Ligeia.[2] Participou como relatora no curso Demasiados zapatos para unha cincenta (Universidade de Salamanca), nas xornadas de Poesía da Fundación Alberti e no V Ecnontro de Novos/as Escritores da AELG.[3]

Poética[4]:

É a poesía para min a necesidade máis íntima, a substancia da vida, o alimento marabilloso, o pan máis exquisito, ave do Paraíso, pracer delicioso, catarse senlleira, viaxes inauditas, círculos purificadores, pomadas reconfortantes…
Imos enchoupándonos de vida e chega un intre en que reside en nós demasiada xiria: a experiencia vai pasando por unha peneira, criba senlleira, e elabóranse versos e palabras, sensacións de fulgor, raiolas lenísimas, metáforas do cotián e da marabilla… (calidoscopio fantástico, transparencia de vidros). O interior é sala luminosa cunha colección de espellos…

Obra editar

Poesía editar

Obras colectivas editar

Edicións editar

Premios editar

Notas editar

  1. "Lucía Novas". bvg.es. 
  2. "Lucía Novas". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416. 
  3. "Lucía Novas". www.aelg.gal. Consultado o 2021-07-26. 
  4. asescollaselectivas (2012-04-16). "Lucía Novas". As Escollas Electivas. Consultado o 2021-07-26. 
  5. Nicolás, Ramón (2010-12-08). "NEVE, DE LUCÍA NOVAS". Caderno da crítica. Consultado o 2021-07-26. 
  6. "A profesora Lucía Novas presenta o seu poemario 'Cervatos'". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-07-26. 
  7. "Vieiros: Galiza Hoxe - "Neve", de Lucía Novas, gañadora do premio de poesía Johán Carballeira". www.vieiros.com. Consultado o 2021-07-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar