Praza da Universidade

Coordenadas: 42°52′41″N 8°32′32″O / 42.878055555556, -8.5422222222222

A praza da Universidade é unha pequena praza, de forma triangular, situada na cidade vella de Santiago de Compostela, entre a praza da Fonte Seca e a travesa da Universidade, polo norte, e a praza de Mazarelos polo sur. O seu nome débese a que todo o seu lado leste está ocupado pola fachada de edificio da antiga Universidade central de Santiago, hoxe Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, e a da igrexa da Universidade. Polo lado oeste destaca o edificio ocupado polo Instituto da Lingua Galega.

Fachada da Facultade de Xeografía e Historia.

Edificios editar

 
Sala da Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, antiga Biblioteca Xeral.
  • Facultade de Xeografía e Historia. Tras a expulsión dos xesuítas en 1767 o rei Carlos III concédelle á Universidade os terreos e edificios que esta orde relixiosa posuía en Santiago, constituíndose o novo edificio da Universidade (hoxe a Facultade de Xeografía e Historia), que foi inaugurado en 1805. Coa chegada do século XX rexístrase un aumento no número de alumnos, así como na oferta académica, coa conseguinte dotación de infraestruturas. Remátase en 1901 a ampliación do edificio central da Universidade, e constrúense os edificios da Facultade de Medicina (que, xunto coa de Farmacia, ocupaba o Pazo de Fonseca) co apoio de Eugenio Montero Ríos, a Facultade de Veterinaria (actual sede do Parlamento de Galicia) e o Colexio de Xordomudos (actual sede administrativa da Xunta de Galicia, en San Caetano)[1] O edificio da Universidade central, rematado polas estatuas dos fundadores e, enriba de todo, a escultura de Minerva e as Ciencias, grupo escultórico tallado polo noiés José Ferreiro (1738-1830), que se retirou para ser instalado, en 1962, no novo edificio da Facultade de Ciencias no Campus Sur,[2] daquela coñecido como A Residencia.
Durante a primeira metade do século XX o edificio acollía a Facultade de Dereito (na planta baixa), a de Filosofía e Letras (sección de Historia) na primeira planta (onde está tamén o Paraninfo) e a de Ciencias (sección de Químicas) na terceira (cuxos laboratorios estaban no faiado). Nun edificio anexo encontrábase a Biblioteca Xeral e a Biblioteca América.
Na segunda metade dese século, coas novas construcións no Campus Sur, o antigo edificio central converteuse na actual Facultade de Xeografía e Historia.
 
Casa de López Ferreiro, sede do ILG.
Na parede da igrexa que dá fronte á praza de Mazarelos, aínda se pode contemplar semiborrado un perpiaño decorado coa estrela de David inscrita nun círculo, un símbolo que, con toda probabilidade, procede da decoración do primitivo mosteiro. Non é o único elemento reciclado que se conserva na igrexa, que orixinalmente pertenceu aos xesuítas até a súa expulsión. Na fachada principal do templo hai dúas esculturas flanqueando a porta que tamén sufriron unha curiosa transformación, incluso con elementos alleos ao deseño orixinal. Saíron do taller representando a San Ignacio de Loyola e a San Francisco Xavier, tal e como corresponde a unha igrexa construída para os xesuítas. Pero tras a expulsión da orde decretada por Carlos III, as vestimentas negras repintáronse para convertelas en retratos de San Pedro e San Paulo.[6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Vila Jato, María Dolores (1996): El Patrimonio Histórico de la Universidad de Santiago de Compostela. Serie Gallaecia Fulget: V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostella: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-8121-438-3.