O retablo é unha construción de madeira, de mármore ou doutro material, labrada, que queda por tras ou por riba do altar e que, normalmente, inclúe un ou máis paneis, pintados ou en baixorrelevo.

Retablo na catedral de Roskilde, Dinamarca.

Características editar

Alén da súa riqueza visual e da súa complexidade presentada na súa confección material, os retablos xeralmente tamén comportan múltiplas mensaxes e significados non sempre aparentes a primeira vista. Por exemplo, no retablo dos apóstolos de Friedrich Herlin (ver a fotografía ao lado), ao aumentar a imaxe, pódese constatar que nun dos paneis laterais menores (á dereita) o artista ilustrou a circuncisión de Xesús.

 
O retablo dos doce apóstolos por Friedrich Herlin (1466), St. Jakobs-Kirche (igrexa de san Xacobo), Rothenburg (ob der Tauber), Alemaña.
 
O retablo da Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza, Aragón, España, por Damián Forment é un exemplo de construción en pedra.

En culturas diferentes ao cristianismo europeo, como moitas atopadas na Asia (budismo, hinduísmo, xintoísmo etc), tamén xurdiron, en diferentes épocas, expresións artístico-relixiosas cuns padróns semellantes aos do retablo, formados tamén por partes ou paneis detallados con ricos aderezos e detalles visuais, sempre co obxectivo de axudar aos devotos a alcanzar comuñón cun estado espiritual elevado e non mundano.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.