Parlamento de Galicia

Institución lexislativa de Galicia

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurado con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981, estaba formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados. Así e todo, desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de 4 anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).

Parlamento de Galicia
XI Lexislatura
Datos xerais
Ámbito Galicia
Creación1981
TipoParlamento autonómico (unicameral)
LímiteLexislatura de 4 anos
Liderado
PresidenteMiguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG)
desde o 21 de outubro de 2016[1]
Vicepresidenta primeiraElena Candia (PPdeG)
desde o 24 de maio de 2022
Líder da maioríaAlfonso Rueda (PPdeG)
desde o 12 de maio de 2022
Líder da oposiciónAna Pontón (BNG)
desde o 2020
Composición
Membros75 deputados
Parlamento Gallego 2024.svg
Grupos representadosGoberno (40)

     PPdeG

Oposición (35)     BNG 25 deputados

     PSdeG-PSOE 9 deputados
Salario4.953,39 /mes [2]
Título primeiro, capítulo primeiro do Estatuto de autonomía de Galicia
Eleccións
Sistema electoralRepresentación proporcional por listas
Última elección12 de xullo de 2020
Sede(s)
Hemiciclo da cámara (Pazo do Hórreo, Santiago de Compostela)
Sitio web
parlamentodegalicia.gal
Cronoloxía

XII Lexislatura

XIII Lexislatura

Posición estatutaria editar

Asignación de escanos editar

De acordo co artigo 9.1 do Título III da Lei 8/1985, de 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia,[3] o Parlamento de Galicia está composto por 75 deputados. Estes son elixidos polas catro circunscripcións electorais galegas, que corresponden coas catro provincias da comunidade autónoma. Cada unha delas elixe un número diferente de deputados, tal e como marcan os artigos 9.2 e 9.3 da citada lei. A cada unha das catro provincias de Galicia correspóndelle un mínimo inicial de 10 deputados, mentres que os 35 restantes distribúense entre as provincias en proporción á súa poboación. En 2024 esta é a distribución de escanos que se segue:

O mandato dos deputados remata catro anos despois da súa elección ou o día da disolución da Cámara, dereito correspondente á presidencia da Xunta de Galicia.

Funcións editar

  • Exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma.
  • Controlar a acción executiva da Xunta de Galicia.
  • Aprobar os seus orzamentos.
  • Designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da Comunidade Autónoma galega.
  • Escoller de entre os seus membros a Presidencia da Xunta.
  • Esixirlles responsabilidades á Xunta de Galicia e ao seu presidente.
  • Solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei.
  • Presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei.
  • Interpoñer recursos de inconstitucionalidade.
  • Presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis.

O Parlamento, órgano inviolable, representa o pobo galego e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma, da que derivan todas as demais.

Historia editar

Ao igual ca os parlamentos de País Vasco, Cataluña e Andalucía, o Parlamento de Galicia foi constituído tralas primeiras eleccións autonómicas, celebradas en 1981, a partir da redacción do Estatuto de Autonomía polo procedemento marcado ni artigo 151.2 da Constitución, polos membros das Cortes Xerais elixidos nas provincias correspondentes na primeira lexislatura da monarquía, presidida por Adolfo Suárez.

A primeira sesión constitutiva do Parlamento de Galicia tivo lugar o 19 de decembro de 1981 (I Lexislatura) no Pazo de Xelmírez, unha vez celebradas as primeiras eleccións autonómicasda historia de España, o 20 de outubro de 1981.

Previamente, o 18 de maio de 1981, entrara en vigor o Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado no referendo celebrado o 21 de decembro de 1980.

Composicións históricas editar

Sede editar

Artigo principal: Pazo do Hórreo.
 
Pazo do Hórreo.
 
Sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela.

O pazo de Xelmírez foi a sede provisional do Parlamento de Galicia desde a súa constitución o 19 de decembro de 1981[4] ata que se trasladou ó pazo de Fonseca no verán de 1982[5] e, finalmente, á actual sede no pazo do Hórreo en marzo de 1989. Para conmemorar os 30 anos da institución, o 19 de decembro de 2011 celebrouse no pazo de Xelmírez unha sesión extraordinaria do Parlamento.[6][7]

O Pazo do Hórreo conta con todas as dotacións necesarias para que os deputados e deputadas poidan desenvolver o seu traballo: salón de plenos, salas de comisións, de prensa e outras dependencias de uso polivalente, tanto para as reunións de carácter interno como para a actividade pública e encontros con colectivos. Así mesmo, un completo equipamento tecnolóxico permite ofrecer en directo, a través da web, as sesións do Pleno e das comisións.

O salón de plenos é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados ocupan os asentos arranxados en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial. O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira ringleira de escanos, e o resto de deputados, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes, previamente asignados pola Mesa do Parlamento.

O Parlamento alberga tamén unha variada e valiosa colección de arte galega contemporánea, pintura e escultura fundamentalmente, e conta cunha nutrida biblioteca. Desde 1997 a biblioteca do Parlamento acolle o arquivo bibliográfico e persoal de Ricardo Carvalho Calero, unha colección formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas, documentos persoais e docentes, correspondencia, expedientes e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico (láminas, mapas, planos e carteis).[8]

Composición do Parlamento na XI lexislatura editar

Resultado electoral editar

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, celebradas o domingo 12 de xullo, o Partido Popular de Galicia gañou as eleccións, quedando o Bloque Nacionalista Galego en segundo lugar e o Partido dos Socialistas de Galicia no terceiro posto. O dato mais destacable da xornada electoral foi o incremento de escanos do Bloque Nacionalista Galego, pasando de 6 deputados a 19. Deste modo, os resultados nas eleccións foron os seguintes:

 
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020
Partido Candidato
Votos
Deputados
  Partido Popular de Galicia Alberto Núñez Feijóo 627.762 47,96% 42   1
  Bloque Nacionalista Galego Ana Pontón 311.340 23,79% 19   13
  Partido dos Socialistas de Galicia Gonzalo Caballero 253.750 19,39% 14  
Fonte: Xunta de Galicia[9]

Órganos do Parlamento editar

A Mesa editar

 
Mesa do Parlamento de Galicia (XI lexislatura)[10]
Cargo Titular Partido
Presidente Miguel Ángel Santalices Vieira   PPdeG
Vicepresidente primeiro Diego Calvo Pouso   PPdeG
Vicepresidenta segunda María Montserrat Prado Cores   BNG
Secretaria María Corina Porro Martínez   PPdeG
Vicesecretaria Marina Ortega Otero   PSdeG-PSOE

Grupos parlamentarios editar

O Parlamento de Galicia está formado por 75 deputados. Destes, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016). Tralas eleccións do 12 de xullo de 2020 o resultado para a súa configuración durante a XI lexislatura foi:

 
Grupos Parlamentarios (XI lexislatura)
Grupo parlamentario Partidos Portavoz Escanos
Popular de Galicia   Partido Popular de Galicia Pedro Puy 42
Bloque Nacionalista Galego   Bloque Nacionalista Galego Ana Pontón 19
Socialistas de Galicia   Partido dos Socialistas de Galicia Gonzalo Caballero 14

Os deputados electos foron convocados á sesión constitutiva que se celebrou o 7 de agosto de 2019, ás 11:00 h. En dita sesión constitutiva tamén foron elixidos os membros da Mesa.[11]

A Xunta de Portavoces editar

 
Xunta de Portavoces do Parlamento de Galicia (XI lexislatura)
Cargo Titular Lista
Presidente Miguel Ángel Santalices Vieira   PPdeG
Vicepresidente primeiro Diego Calvo Pouso   PPdeG
Vicepresidenta segunda María Montserrat Prado Cores   BNG
Secretaria María Corina Porro Martínez   PPdeG
Vicesecretaria Marina Ortega Otero   PSdeG-PSOE
Portavoces titulares
Portavoz do GP Popular de Galicia Pedro Puy Fraga   PPdeG
Portavoz do GP do Bloque Nacionalista Galego Ana Belén Pontón Mondelo   BNG
Portavoz do GP dos Socialistas de Galicia Gonzalo Caballero Míguez   PSdeG-PSOE
Fonte: Parlamento de Galicia[12]

As comisións editar

 
Comisións do Parlamento de Galicia
Comisión Presidencia Grupo
Comisións permanentes lexislativas
Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior José Manuel Rey Varela PPdeG
Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos Carmen María Pomar Tojo PPdeG
Economía, Facenda e Presupostos Noa Presas Bergantiños BNG
Educación e Cultura Teresa Egerique Mosquera PPdeG
Sanidade, Política Social e Emprego María Corina Porro Martínez PPdeG
Industria, Enerxía, Comercio e Turismo Marta Nóvoa Iglesias PPdeG
Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes Daniel Vega Pérez PPdeG
Pesca e Marisqueo José Manuel Balseiro Orol PPdeG
Comisiones permanentes non lexislativas
Regulamento Miguel Ángel Santalices Vieira PPdeG
Peticións Miguel Ángel Santalices Vieira PPdeG
Estatuto dos Deputados Pedro Puy Fraga PPdeG
Control da Corporación Radio e Televisión de Galicia Ovidio Rodeiro Tato PPdeG
Relacións co Consello de Contas Raquel Arias Rodríguez PPdeG

Senadores designados polo Parlamento de Galicia editar

Unha das funcións que desempeña o Parlamento de Galicia é a designación dos senadores que deben representar a Galicia, conforme ao previsto na Constitución e na forma que determine a Lei de Designación de Senadores en representación de Galicia.[13]

A designación dos senadores galegos produciuse o día 19 de novembro de 2021 no Parlamento de Galicia. Así, elixíronse dous representantes do Partido Popular de Galicia e un do Partido dos Socialistas de Galicia.[14] Polo tanto, a lista de senadores designados polo Parlamento de Galicia quedou da seguinte forma:

Partido Senadores Data comezo Data fin
PPdeG Elena Muñoz Fonteriz 20 de novembro de 2019 18 de maio de 2022
Alberto Núñez Feijóo 25 de maio de 2022
Jesús Vázquez Abad 20 de novembro de 2019 20 de setembro de 2021
Juan Carlos Serrano Gómez 27 de outubro de 2021 18 de maio de 2022
Miguel Ángel Tellado Filgueira 25 de maio de 2022
PSdeG Xoaquín María Fernández Leiceaga 14 de maio de 2021

Presidencia do Parlamento de Galicia editar

 
Miguel Ángel Santalices, actual presidente do Parlamento de Galicia.

O presidente do Parlamento ostenta a representación da Cámara, asegura a boa marcha dos traballos, dirixe os debates, mantén a orde dos mesmos e ordena os pagos, sen prexuízo das delegacións que poida conferir.[15]

 
sinmarco
Presidentes do Parlamento de Galicia
Lexislatura Presidente/a Partido Comezo de mandato Fin de mandato
I lexislatura Antonio Rosón Pérez   UCD 12 de decembro de 1981 17 de decembro de 1985
II lexislatura 17 de decembro de 1985 13 de maio de 1986
Tomás Pérez Vidal   CP 13 de maio de 1986 16 de xaneiro de 1990
III lexislatura Victorino Núñez Rodríguez   PPdeG 16 de xaneiro de 1990 16 de novembro de 1993
IV lexislatura 16 de novembro de 1993 18 de novembro de 1997
V lexislatura José María García Leira 18 de novembro de 1997 20 de novembro de 2001
VI lexislatura 20 de novembro de 2001 18 de xullo de 2005
VII lexislatura María Dolores Villarino Santiago   PSdeG 18 de xullo de 2005 1 de abril de 2009
VIII lexislatura Pilar Milagros Rojo Noguera   PPdeG 1 de abril de 2009 16 de novembro de 2012
IX lexislatura 16 de novembro de 2012 26 de xaneiro de 2016
Miguel Ángel Santalices Vieira 26 de xaneiro de 2016 21 de outubro de 2016
X lexislatura 21 de outubro de 2016 7 de agosto de 2020
XI lexislatura 7 de agosto de 2020 No cargo

Liña temporal editar

Miguel Ángel Santalices VieiraPilar Rojo NogueraDolores VillarinoJosé María García LeiraVictorino Núñez RodríguezTomás Pérez VidalAntonio Rosón Pérez

Actividade editar

A actividade do Parlamento de Galicia desenvólvese en dous períodos de sesións: un que abrangue os meses de setembro a decembro e outro que vai do 15 de xaneiro ao 15 de xullo. Durante estes períodos, os deputados pódense reunir en sesións ordinarias de Comisión que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.

Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de cumprirse determinados requisitos.

Quen exerce a Presidencia do Parlamento fixa a Orde do día das Sesións Plenarias, de acordo coa Mesa e a Xunta de Voceiros e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das Comisións vén determinada pola súa Mesa, de acordo co calendario establecido pola Mesa do Parlamento.

Composicións anteriores do Parlamento de Galicia editar

Notas editar

  1. "Santalices, reelegido presidente del Parlamento con los votos del PPdeG" Europa Press, 21/10/2016.
  2. "Réxime económico dos/as deputados/as do Parlamento de Galicia no ano 2022" (PDF). Parlamento de Galicia. Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  3. "Lei 8/1985, de 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia" (PDF). BOE. Consultado o 3 de outubro de 2021. 
  4. Fotografía dos parlamentarios Arquivado 19 de abril de 2014 en Wayback Machine. achegándose aquel día ó acto de constitución no Pazo de Xelmírez.
  5. Marcos Peŕez Pena (11 de xullo de 2020). "Canto sabes sobre a historia das eleccións ao Parlamento galego?". Praza Pública. 
  6. "El Parlamento agradece a la USC su hospitalidad durante casi siete años". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-06-29. Consultado o 2019-07-25. 
  7. "El Parlamento de Galicia, tres décadas de democracia". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2019. Consultado o 2019-07-25. 
  8. O pazo do Hórreo na páxina web do Parlamento de Galicia.
  9. Xunta de Galicia (2020). "Resultados definitivos: Galicia". resultados2020.xunta.gal (en castellano). Consultado o 2 de outubro de 2021. 
  10. Composición actual. Parlamentodegalicia.gal. Consultado o 27 de outubro de 2016.[1]
  11. Boletín Oficial B100001
  12. Parlamento de Galicia (ed.). "Xunta de Portavoces". parlamentodegalicia.gal. Consultado o 2 de outubro de 2021. 
  13. "Estatuto de Autonomía de Galicia" (PDF). BOE. Consultado o 3 de outubro de 2021. 
  14. "O Parlamento de Galicia elixe aos senadores autonómicos para a XIV Lexislatura das Cortes Xerais". Parlamento de Galicia. Consultado o 3 de outubro de 2021. 
  15. Reglamento del Parlamento de Galicia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar