Praia do Dique

areal en Queiruga, Porto do Son

A praia do Dique, tamén coñecida como praia do Río Maior, é un pequeno areal situado no litoral do lugar do Dique, na parroquia de Queiruga, no concello de Porto do Son.

Praia do Dique
Vista da praia do Dique
Coordenadas: 42°44′06″N 8°59′30″O / 42.735, -8.991667
Características xerais
Lonxitude85 m
Largo medio30 m
Grao de ocupaciónmedia
Grao de urbanizaciónnon
Paseo marítimonon
Características específicas
Tipo de praiaaberta (fóra da ría)
Tipo de areaFina
Accesibilidade
Tipo de accesoa pé

Características editar

 
Bañistas na praia do Dique.

É unha praia aberta (fóra da ría) que ten unha lonxitude de 85 m e unha anchura de 30 m. A súa area é fina. A praia está illada, carece de paseo marítimo, e principalmente está composta por rochas e area banca e dourada. O estado habitual do mar é de ondadas fortes. Está incluída na Rede Natura 2000.[1] O seu nivel habitual de ocupación nos meses de verán é medio.[1][2][3]

A praia do Dique conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, é fácil.[1][3] Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis.[1] O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.[1][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Playa Rio Maior/O Dique Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine. en Playas de España (en castelán).
  2. Rio maior (O Dique) Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia. Inclúe localización, como chegar, numerosas imaxes e informacións útiles para o viaxeiro (en galego).
  3. 3,0 3,1 3,2 Playa de Río Maior/O Dique en Queplaya.es (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar