Queiruga, Porto do Son

parroquia civil do concello de Porto do Son

Santo Estevo de Queiruga é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 813 habitantes (388 homes e 425 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación. Lugares desta parroquia son Gouris, Goltar, Coba da Braña, A Ponte, O Campo, Tarela, Tarrio, Seiras e Porto Nadelas.

Queiruga
Igrexa parroquial
ConcelloPorto do Son[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°40′34″N 9°01′21″O / 42.67611111, -9.0225Coordenadas: 42°40′34″N 9°01′21″O / 42.67611111, -9.0225
Poboación813 hab. (2020)
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

Ten tres pequenas praias, sendo a máis grande a de Seiras. A praia do Dique pode deber o seu nome ó afundimento dun barco dese nome nese lugar. Comunícase a través da estrada AC-550, que a cruza no tramo Ribeira - Porto do Son.

Patrimonio histórico e artístico editar

Igrexa parroquial editar

A igrexa parroquial construíuse no século XII, se ben da construción románica orixinal só queda o presbiterio. No século XVIII foi reformada e ten elementos barrocos.

Ten planta de cruz latina con muros de carga co exterior de cantería e o interior de cachotería, que sosteñen unha bóveda de canón rebaixada na nave central. Dous arcos de medio punto sobre pilastras dan paso ás capelas laterais.

Na cabeceira un arco de medio punto dá paso ao presbiterio, cuberto por bóveda de canón sobre arcos faixóns apoiados en semicolumnas con capiteis e basas ornamentados. No lado do Evanxeo está a sancristía, de planta irregular adaptada ao terreo. Os canzorros da cornixa que se conservan na capela maior destacan no exterior, ao igual que o contraforte correspondente ao arco intermedio. A fachada é posterior, sobre a que vai un campanario de dous corpos cuberto por unha pequena cúpula.

No interior do templo consérvase unha lápida sepulcral romana dedicada a Rufinus Seiliensis, que ata o ano 1822 foi utilizada como pedra do altar na igrexa[2]. Apareceu na praia de Silas e é de mármore branco, atopándose en bo estado de conservación.

 
Capela de Santa Lucía.

Capela de Santa Lucía editar

A capela de Santa Lucía, do século XVII, é de estilo barroco. De nave rectangular, está formada por muros de cantería e cuberta a dúas augas. A capela maior está na cabeceira, máis estreita e de planta cadrada.

Os muros contan con dous pequenos ocos no presbiterio e a entrada lateral, xunto coa porta sinxela e unha pequena fiestra enriba dela. A cornixa sostén unha pequena espadana, de arcada única e rematada en pináculos.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Queiruga editar

Lugares da parroquia de Queiruga no concello coruñés de Porto do Son

Bilicosa | O Campo | As Chamosas | A Devesa | O Dique | Goltar | Gourís | A Igrexa | Nadelas | A Ponte de Río Maior | A Poza de Mande | Queiruga | Santa Lucía | Tarela | Tarrío | Xestas

Parroquias de Porto do Son editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Ponce Couce, Leandro e Sánchez García Jesús A. Galicia Guía do Patrimonio Arquitectónico (1998). Oleiros, Vía Láctea Editorial. p. 300.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar