Oleiros, Ribeira

parroquia civil do concello de Ribeira

San Martiño de Oleiros (á espera da oficialización da forma San Martiño de Oleiros (San Martiño)[2]) é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2018 tiña 967 habitantes (512 mulleres e 455 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.141 habitantes.

Oleiros
Igrexa de San Martiño de Oleiros.
ConcelloRibeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°36′10″N 9°00′20″O / 42.602778055556, -9.0055561111111Coordenadas: 42°36′10″N 9°00′20″O / 42.602778055556, -9.0055561111111
Poboación944 hab. (2019)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

A igrexa parroquial é de estilo neoclásico, construída en 1769 e ampliada a mediados do século XIX. Conta cun valioso cáliz do século XVIII.

Ten planta de cruz latina coa sancristía na cabeceira. Está dividida en catro tramos por arcos faixóns de medio punto apoiados en pilastras, que sosteñen unha bóveda de canón. No segundo tramo atópanse dúas capelas laterais xemelgas, construídas na década de 1940 e cubertas con bóveda de aresta, ao igual que o prebisterio e a sancristía. A fornela principal atópase unha imaxe de Martiño de Dumio.

Do templo primitivo, posiblemente de orixe románica, só queda unha estatua da Mater Dolorosa, situada nun dos muros do adro tallada en granito.

Nesta parroquia está situado o dolmen de Axeitos.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Oleiros editar

Lugares da parroquia de Oleiros no concello de Ribeira (A Coruña)

Axeitos | Balteiro | Carballo | O Cruceiro | Gándara | A Granxa | A Igrexa | Lixó | Lobeiras | Meixe | Moldes | Muíño da Correa | Os Muíños | Portochouso | Salmón | San Amedio | Sancortes | Sobrido | Xenxides

Parroquias de Ribeira editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar