Coordenadas: 41°59′00″N 7°00′48″O / 41.983300, -7.013400

Pena Maseira
Cádavos.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 5738,82 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Ourense
Concellos: A Gudiña, A Mezquita
Ríos: río de Cádavos, río Arbedo, río Pentes, río Lourenzo
Picos Pedra Alta, A Igrejinha, Pena de Carballoso, Penedo dos Tres Reis.
Direccións de interese:
Teléfonos:

A Pena Maseira é un cume e espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe o macizo do suroeste ourensá, a comarca de Viana, que xa limita coa Bragança portuguesa e a Seabra zamorana. Esta área de conservación ocupa 5.739 ha. do sur dos concellos da Gudiña e da Mezquita e linda co parque portugués de Montesinho.[1][2][3][4][5] A súa característica principal é a de ser un espazo contiguo a ese parque portugués.[5]

Xeografía editar

A Pena Maseira atópase nos concellos da Gudiña e da Mezquita, da comarca ourensá de Viana. Polo sur linda coa parte leste do parque natural portugués de Montesinho, en Bragança, e polo leste con Seabra, Zamora.[4][5] O espazo abrangue parte ou a totalidade das parroquias gudiñás de Barxa e o Tameirón, e das parroquias mesquitenses da Esculqueira, Chaguazoso, Manzalvos, Cádavos, Santigoso, Castromil e da Vilavella. Polo sur linda coas coas freguesías de Quirás e Pinheiro Novo e Moimenta e Montouto do municipio de Vinhais, da Terra Fría do distrito de Bragança. Polo leste linda co concello xabrés de Hermisende, chegando preto da localidade de Castromil. Dentro do espazo atópase o Penedo dos Tres Reis, que é o que delimita os tres territorios anteriores.

As vilas de Manzalvos, Cádavos e Castromil atópanse dentro da zona especial de conservación.[4][5]

O cume e o espazo natural da Pena Maseira localízanse entre as serras da Coroa, que define o linde contra o territorio portugués, e da serra de Marabón, que define o límite contra a Seara. Na raia portuguesa, de oeste a leste, atópanse cumes como a Pedra Alta (1002 m), a Igrejinha (1146), o cume de Serro (1148) , ou o Pisón (869). No límite xa tamén xabrés atópanse a pena do Carballoso (1006 m) e o penedo dos Treis Reis (1003 m).

Nesa zona de montañas baixan varios ríos e regos todos afluentes do río Mente, que está na cunca do río Douro e ao cal chega seguindo as terras da Bragança. Os principais ríos do espazo son o río de Cádavos, o rego ou regueiro das Veigas, o río Arbedo ou do Pereiro, o río Pentes e o río Lourenzo.

O clima predominante é o mediterráneo.[4][5]

Fauna e flora editar

Flora editar

Neste espazo protexido domina as zonas de bosque, matogueiras en rochedos e nalgunha área as zonas húmidas. Dominan as formacións herbáceas, das que compre destacar aquelas que se compoñen de Nardus, así como os rochedos e covas. Existen ademais, inda que de menos extensión, queirogais de Erica ciliaris e Erica tetralix, e turbeiras activas.[4][5]

Os bosques que existen no espazo son os bosques mixos de ladeiras e encostas (con pradairo común, freixos, olmo de montaña ou tileiro de folla miúda), os fluviais de freixos e abeneiros, e carballeiras de carballo común (Quercur robur) e cerquiños (Quercur pyrenaica).[4][5]

Fauna editar

Na Pena Maseira existen catalogadas dez especies de interese de protección. En particular, destacan invertebrados como escornabois (Lucanus cervus) e Euphydryas aurinia ou réptiles como o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) e a lagarta da serra (Iberolacerta monticola).[4] Así mesmo, conta con poboacións estables de lobos (Canis lupus).[5]

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Grupo Especie
Invertebrados Euphydryas aurinia
Invertebrados Lucanus cervus
Peixes Chondrostoma polylepis
Anfíbios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta monticola
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación editar

A Pena Maseira foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][5] É unha área protexida contigua ao parque natural portugués de Montesinho[4][5], que se declarou como parque en 1979 e reclasificou en 1997[6][7]. A principal función de conservación do espazo galego é a de complementar ao parque natural portugués.[5]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1130008: Pena Maseira". Consultado o 24/8/2019. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Natura 2000 - Standard Data Form: ES1130008 Pena Maseira". Consultado o 24/8/2019. 
  6. Ministério da Habitação e Obras Públicas - Secretaria de Estado do Ordenamento Físico, Recursos Hídricos e Ambiente, Governo de Portugal, eds. (30/8/1979). "Decreto-lei 355/79, de 30 de Agosto". Diário da República. Série I (200/1979). Cria o Parque Natural de Montezinho. 
  7. Ministério do Ambiente, Governo de Portugal, eds. (4/4/1997). "Decreto Regulamentar 5-A/97, de 4 de Abril". Diário da República. 1º Suplemento, Série I-B (79/1997). Procede à reclassificação do Parque Natural de Montesinho, dispondo sobre os seus objectivos e respectivos órgãos. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar