A Mezquita

concello da comarca de Viana, na provincia de Ourense

A Mezquita é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 1039 habitantes (1468 en 2003).

Modelo:Xeografía políticaA Mezquita
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°00′41″N 7°02′42″O / 42.0115, -7.0451Coordenadas: 42°00′41″N 7°02′42″O / 42.0115, -7.0451
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalA Mezquita Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.007 (2023) Editar o valor em Wikidata (9,66 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie104,26 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude984 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde da Mezquita Editar o valor em WikidataRafael Pérez Vázquez (2019–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais na Mezquita Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32048 Editar o valor em Wikidata

Páxina webamezquita.gal Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

O seu nome ten unha orixe incerta. Para Benito Xerónimo Feijoo deriva de mesquita, un senónimo de xibarda, en tanto para Gonzalo Navaza sería unha denominación burlesca para referirse ao lugar de San Pedro de Ecclesiola (forma medieval de Grixoa).[1]

Poboación editar

Censo total 1039 (2018)
Menores de 15 anos 57 (5.49 %)
Entre 15 e 64 anos 563 (54.18 %)
Maiores de 65 anos 419 (40.33 %)
Evolución da poboación de A Mezquita   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3033 2635 2651 2098 1406 1865 1828 1804 1669 1655 1109 1570 1034 1039 1023 1013 1006
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía editar

O concello limita ao oeste coa Gudiña, ao norte con Viana do Bolo, ao nordeste e leste coa provincia de Zamora, e ao sur co distrito de Braganza (Portugal). A súa altitude media supera os 800 metros, o que dificultou historicamente un maior poboamento. Entre os seus cumios destacan os Altos de Aguallal (1664 m), Chao do Porco (1469 m), Valdeinfantes (1440 m), Portela da Canda (1262 m), o Alto de Marabón (1493 m), Castelo (1362 m), Zureira (1390 m), e a serra Esculqueira (1149 m) e o Penedo dos Tres Reinos (1.025 m), estes dous na fronteira con Portugal.

Ten un clima de montaña, moi rigoroso en inverno, con constantes xeadas e baixas temperaturas. Por esta razón a zona é coñecida como Terra das Frieiras.

Historia editar

A historia da Mezquita estivo vinculada desde o megalítico á do norte de Portugal (Trás-os-Montes) e á de Seabra, cos que compartiu a cultura predominante de vida pastoril.

Durante o período romano o territorio foi administrado polo goberno do Conventus Bracarensis, con capital en Bracara Augusta (actual Braga), agás un anaco da zona noroeste do concello, baixo a administración do Conventus Asturicensis, con capital en Asturica Augusta (actual Astorga).

Na época medieval, A Mezquita foi parte das terras do Condado de Monterrei e dos Pimentel de Benavente. Xunto con Cádavos, A Esculqueira, Manzalvos, O Pereiro e Santigoso, pasou a formar parte dun señorío real do cal a vila de Vilavella foi a cabeceira. A parroquia de Chaguazoso era señorío do conde de Amarante, en tanto que a igrexa e a casa-pazo da Mezquita estaban entre as posesións dos marqueses de Láncara.

Durante a idade contemporánea a emigración afectou fortemente á zona. En Santiago de Chile hai unha colonia de descendentes de habitantes da parroquia de Chaguazoso de preto de 400 persoas.

Administración local e eleccións editar

O alcalde actual é Rafael Pérez Vázquez do BNG. Sucedeu a José Luis Santamarina Ferro, do PSdeG, que gobernou en coalición co BNG tralas eleccións municipais de 2007. Este sucedeu no cargo a Francisco José Montesinos Rodríguez, que estivo na alcaldía entre 1995 e 2007.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes da Mezquita.

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Mezquita

Cádavos (Santa María Madanela) | Castromil (Nosa Sra. da Encarnación) | Chaguazoso (Santiago) | A Esculqueira (Santa Eufemia) | Manzalvos (Santa María) | A Mezquita (San Martiño) | O Pereiro (San Pedro) | Santigoso (San Simón) | A Vilavella (Santa María da Cabeza)


Lugares da Mezquita editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Mezquita vexa: Lugares da Mezquita.

Notas editar

  1. Real Academia Galega (Vicente Feijoo) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: A Mezquita (Youtube). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.