Tileiro de folla miúda

especie de planta
Tileiro de folla miúda

Tilia cordata : folla e flores
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Tilioideae
Xénero: Tilia
Especie: T. cordata
Nome binomial
'Tilia cordata'
Mill., Gard. Dict., ed. 8. n. 1, 1768

O tileiro de folla miúda[1] (Tilia cordata) é unha especie arbórea orixinaria de Europa, que vive dende a Península Ibérica até os Montes Urais.

Medra até os 20-30 metros de altura e ten de 1 a 1,5 m de circunferencia na base do toro. As súas follas teñen forma de corazón. Cada verán, produce flores miúdas de cor entre amarelo e verde. Estas flores son visitadas frecuentemente polas abellas.

As xemas e as poliñas son de cor vermella - granate. As poliñas son glabras e nas xemas pódense ver só dúas escamas
Follas con inflorescencias
As flores son miúdas e moi recendentes
Froita madura.

Hibridación e especies semellantes editar

En Europa hai dúas especies de tileira que se asemellan moito: T. cordata e Tilia platyphyllos. As dúas poden hibridarse e o produto dese cruzamento é a Tilia x vulgaris, árbore que a miúdo se utiliza na xardinaxe. Porén, non é difícil distinguir as dúas especies grazas a estes particulares:

  • o tamaño das follas: as de T. cordata non miden májs de 8 cm, mentres que as de T. platyphyllos poden acadar os 15 cm, de aí os nomes comúns;
  • o envés das follas: nas dúas especies hai pelos nas axilas dos nervios, que son de cor arroibada en T. cordata e de cor abrancazada en T. platyphyllos;
  • o froito: o de T. cordata é miúdo, non mide máis de 8 mm de diámetro e non ten costelas, podéndose crebar coa man sen problemas; o de T. platyphyllos é máis grande, ten 5 costelas moi evidentes e é moi duro;
  • as xemas: nas de T. cordata pódense ver só dúas escamas, mentres que nas de T. platyphyllos pódense ver tres escamas;
  • as ramiñas: as de T. cordata son glabras, é dicir non teñen vilosidade, mentres as de T. platyphyllos son pubescentes, ou sexa, aveludadas.

Existen importantes problemas taxonómicos, aínda por arranxar, dentro do xénero - en particular para os chamados híbridos.[2]

Sinónimos editar

  • Tilia microphylla Vent.
  • Tilia sibirica Bayer
  • Tilia europaea subsp. parvifolia Ehrh.
  • Tilia bohemica Opiz
  • Tilia betulifolia Hoffm. ex Bayer
  • Tilia parvifolia Ehrh. ex Hoffm.
  • Tilia ulmifolia Scop.
  • Tilia sylvestris Desf.
  • Tilia cordata var. japonica Miq.
  • Tilia japonica (Miq.) Simonk.
  • Tilia cordata f. vulgaris Ig.Vassil.
  • Tilia officinarum Crantz
  • Tilia officinarum Crantz subsp. officinarum pro parte[3][4][5][6][7]

Notas editar

  1. Nome vulgar en galego xunto a tileiro de folla pequena en Termos Esenciais de Botánica, Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  2. Tilia en Flora Ibérica - RJB/CSIC, Madrid
  3. Flora Europea
  4. "USDA-GRIN". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2012. Consultado o 27 de abril de 2013. 
  5. The Plant List
  6. "eFlore". Tela Botanica (en francés). Consultado o 2020-04-20. 
  7. "Anthos - RJB/CSIC, Madrid". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 27 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar