Ovación
Unha ovación (do latín, ovatio) era, na Roma Antiga, unha cerimonia para homenaxear un xeneral vitorioso. Era unha forma menor do triunfo romano, e cun cerimonial menos solemne.
Etimoloxía editar
A orixe da palabra é discutido, tanto entre os antigos como no presente. A maior parte dos aceptan que está relacionada coa palabralatina ovis,"ovella", ao ser o animal sacrificado ao final desta cerimonia.[1] En troques, outros autores relaciónana coa palabra grega "euan" que designaba un berro de ledicia ou un berro dado polos soldados vitoriosos dobrando a letra "o" cando retornaban do combate.[2]
Características editar
As ovacións eran outorgadas cando non se declarara unha guerra contra un estado inimigo, cando un inimigo era considerado inferior (rebelións de escravos ou piratas, por exemplo) ou cando o conflito era resolto con pouco ou ningún derramamento de sangue ou sen perigo para o propio exército.[3]
O xeneral que celebraba a ovación non entraba na cidade montando un carro tirado por catro cabalos brancos (cuadriga), como si o facían os que celebraban un triunfo senón que cruzaban andando e vestidos coa toga praetexta dos maxistrados (unha toga cunha fita púrpura);[4] mentres o xeneral que celebraba un triunfo levaba posta a toga picta, que era completamente púrpura e estaba adornada con estrelas douradas.
O xeneral que era honrado cunha ovación portaba sobre a súa cabeza unha coroa de mirto (sagrado para Venus), en lugar da famosa coroa de loureiro coa que se celebraba un triunfo.[5] Tampouco era antecedido polo Senado nin acostumaban tomar parte os soldados na procesión.
Historia editar
A ovación, emitida polo senado, era de menor categoría có triunfo, e podíase producir cando a guerra era menos importante, cando o exercito inimigo non estaba completa, cando os inimigos non eran "dignos" da República - como piratas ou escravos revoltos - ou mesmo cando a vitoria se conseguise sen derramamento de sangue.[6] Tamén podía ser concedida a un xeneral que liderara unha campaña ben realizada nunha guerra aínda sen rematar.[7]
Plutarco viu nela unha diferenza entre as honras, feita polos antigos, e nas que estes diferenciaban estes dous honores máis polo xeito en que se levan a cabo que pola grandeza das accións (...), reservándose a ovación para os xenerais que, case sen usa-la forza, polo mero poder de persuasión, pola súa elocuencia, finalizaron felizmente as súas empresas.[8]
República editar
A cerimonia foi instituída no 503 a. C. polo cónsul Publio Postumio Tuberto, tras unha vitoria sobre os sabinos e continuou durante toda a República.[9]
Unha ovación famosa da historia de Roma foi a que celebrou Marco Licínio Craso após a súa vitoria contra Espartaco na Terceira guerra servill, na que non recibiu un triunfo ao ser unha guerra contra escravos, mais o senado permitiulles porta-la coroa de loureiro en lugar da de mirto, considerando a relevancia da vitoria.[10]
En total, durante a República romana, rexistráronse un total de 23 ovacións:[11]
Imperio editar
A partir da época imperial, foi cada vez máis rara, chegando a caer en desuso. A derradeira ovación coñecida aconteceu nunha cerimonia na honra de Aulo Plaucio tras vencer os britanos, durante o reinado de Claudio.
Data | Xeneral | Título | Causa |
---|---|---|---|
11 a. C. | Nerón Claudio Druso Xermánico[36] | Vitorias en Xermania | |
9 a. C. | Tiberio Claudio Nerón[37][38] | Vitorias en Pannonia. Fora aprobada durante o 11 a.C. | |
20 | Druso Xulio César[39] | ||
40 | Calígula[40] | ||
47 | Aulo Plauto[41] | ||
55 | Nerón[42] | ||
93 | Domiciano[43] |
Notas editar
- ↑ Adam (1834), p. 170
- ↑ Sexto Pompeio Festo, De verborum significatu
- ↑ Maxfield (1981), pp. 104–105
- ↑ Goldsworthy (2014), p. 121
- ↑ Plinio o Vello, Naturalis Historia, XV, 29
- ↑ Aullus Gellius, Noctes Atticae, V, 6, 21
- ↑ Ovación a Marcelo 212 en Tito Lívio, Ab Urbe Condita , XXVI, 21
- ↑ Plutarco, Vida de Marcelo XXII
- ↑ Plinio, o Vello, Naturalis Historia, XV, 28
- ↑ Middleton 1804, p. 83
- ↑ G. Rohde (1939). Ovatio. RE XVIII, p. 1890-1903
- ↑ Fasti Triumphales, p. 91
- ↑ Broughton (1954), p. 20
- ↑ 14,0 14,1 Fasti Triumphales, p. 92
- ↑ Broughton (1954), p. 70
- ↑ Broughton (1954), p. 77
- ↑ Fasti Triumphales, p. 94
- ↑ Broughton (1954), pp. 273-274
- ↑ Broughton (1954), p. 294
- ↑ Broughton (1954), p. 324
- ↑ 21,0 21,1 21,2 Fasti Triumphales, p. 102
- ↑ Broughton (1954), p. 336
- ↑ Broughton (1954), p. 341
- ↑ Broughton (1954), p. 354
- ↑ Broughton (1954), p. 373
- ↑ Broughton (1954), p. 383
- ↑ Fasti Triumphales, p. 104
- ↑ Broughton (1954), p. 404
- ↑ Broughton (1954), p. 498
- ↑ Broughton, T. Robert S. "The magistrates of the Roman Republic vol. II" (PDF). sfb600.uni-trier.de (en inglés). (99 BC - Promagistrates). Archived from the original on 21 de abril de 2015. Consultado o 6 de marzo de 2022.
- ↑ "Plutarch, The Parallel Lives. The Life of Crassus, 11,8". penelope.uchicago.edu (en inglés). 16 de agosto de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2022.
- ↑ Broughton, T. Robert S. "The magistrates of the Roman Republic vol. II" (PDF). sfb600.uni-trier.de (en inglés). (71 BC - Promagistrates). Archived from the original on 21 de abril de 2015. Consultado o 6 de marzo de 2022.
- ↑ Fasti Triumphales, p. 108
- ↑ 34,0 34,1 34,2 Fasti Triumphales, p. 109
- ↑ Wilkes (2004), p. 19
- ↑ Lendering, Jona (2003 [actualizado o 15 de setembro de 2020]). "Rome, Arch of Drusus". livius.org (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2023.
- ↑ Suetonio. "The Lives of the Twelve Caesars". penelope.uchicago.edu (en inglés). The Life of Tiberius, 9. Loeb Classical Library. Consultado o 11 de novembro de 2023.
- ↑ Wilkes (2004), p. 175
- ↑ Wilkes (2004), p. 554
- ↑ Suetonio (1913). "The Life of Caligula, 49" (1913). "The Lives of the Twelve Caesars". penelope.uchicago.edu (en inglés). Loeb Classical Library. Consultado o 11 de novembro de 2023.
- ↑ Tacitus, "Annales" (XIII. 32)
- ↑ Wilkes (2004), p. 244
- ↑ Donahue, John. "Titus Flavius Domitianus(A.D. 81-96)". De Imperatoris Romanibus (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2023.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Adam, Alexander (1834). Antigüedades romanas (en castelán). (Tradución de José Garriga y Baurís). Valencia: Imprenta de Cabrerizo.
- Broughton, T. Robert S. (1951). The magistrates of the Roman Republic (en inglés). Nova York: American Philological Association, 1951.
- "Fasti Triumphales". attalus.org (en inglés). (lista realizada a partir da edición de A. Degrassi de Fasti Capitolini (1954), pp. 90-110. Publicado o 29 de febreiro de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- Goldsworthy, Adrian (2014). First Emperor of Rome (en inglés). New Haven & Londres: Yale University Press. ISBN 978-0-300-21666-0.
- Maxfield, Valerie A. (1981). The Military Decorations of the Roman Army (en inglés). Berkeley: University of California Press. ISBN 978-0-520-04499-9.
- Middleton, Conyers (1804). Historia de la vida de Marco Tulio Ciceron (en castelán). (traducido por José Nicolás de Azara) (2ª ed.). Madrid: Imprrenta Real.
- Wilkes, J.J. (2004). Bowman, Alan K.; Champlin, Edward; Lintott, Andrew, eds. The Cambridge Ancient History, Volume 10 (The Cambridge Ancient History: The Augustan Empire, 43 B.C. – A.D. 69) (2ª ed.). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-26430-8.