Norris Cole

baloncestista estadounidense

Norris Gene Cole II, nado o 13 de outubro de 1988 en Dayton, Ohio, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Leones de Ponce do Baloncesto Superior Nacional (BSN).

Norris Cole
Leones de Ponce  – No. 30
Información persoal
Nacemento 13 de outubro de 1988 (35 anos)
Dayton, Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 79 kg (175 lb)
Posición Base
Información da carreira
Instituto Dunbar (Dayton, Ohio)
Universidade Cleveland State (2007–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 28
Por Chicago Bulls
Carreira 2011−presente
Historial de equipos
Miami Heat (2011–2015)
New Orleans Pelicans (2015−2016)
Shandong Golden Stars (2016)
Oklahoma City Thunder (2017)
Maccabi Tel Aviv (2017−2018)
Sidigas Avellino (2018)
Budućnost (2018−2019)
AS Monaco (2019−2020)
ASVEL (2020−2021)
Unicaja Málaga (2021−2022)
JL Bourg (2022)
Atléticos de San Germán (2022)
Grand Rapids Gold (2022−2023)
Atléticos de San Germán (2023)
Leones de Ponce (2023−presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2012, 2013)

Traxectoria editar

NBA editar

Cole foi elixido na 28ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Chicago Bulls. Foi traspasado pouco despois aos Miami Heat. O 25 de decembro de 2011 fixo o seu debut coma xogador dos Heat contra os Dallas Mavericks.

O 19 de febreiro de 2015, Cole foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre os Heat, os Pelicans e os Phoenix Suns.[1]

O 1 de marzo de 2017, Cole asinou cos Oklahoma City Thunder.[2] En 13 partidos cos Thunder, acadou 3.3 puntos e 1.1 asistencias en 9.6 minutos por encontro.

Europa editar

O 15 de agosto de 2017, Cole asinou un contrato dun ano co Maccabi Tel Aviv BC israelí.[3]

O 17 de agosto de 2018, Cole asinou por unha tempada co Sidigas Avellino da Lega Basket Serie A italiana.[4] O 21 de decembro de 2018, Cole deixou o Avellino debido a dificultades económicas.[5]

O 21 de decembro de 2018, Cole asinou ata final de tempada co KK Budućnost Podgorica da ABA Liga e da Euroliga.[6]

O 11 de novembro de 2019, Cole asinou un contrato dun ano co AS Monaco Basket da LNB Pro A francesa.[7]

O 3 de xuño de 2020, Cole asinou co ASVEL Basket da LNB Pro A.[8]

O 19 de agosto de 2021, Cole asinou unha tempada co CB Málaga da Liga ACB.[9]

Notas editar

  1. "Pelicans Complete Three-Team Trade with Miami, Phoenix". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. 
  2. "Thunder Signs Norris Cole". NBA.com. 1 de marzo de 2017. Consultado o 1 de marzo de 2017. 
  3. "Maccabi signs former NBA champ Cole". EuroLeague.net. 15 de agosto de 2017. Consultado o 15 de agosto de 2017. 
  4. "Avellino signs Norris Cole". Sportando (en inglés). Consultado o 2021-02-19. 
  5. "Norris Cole, Avellino officially part ways". Sportando.basketball. 21 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  6. "Buducnost VOLI signs Norris Cole". Sportando.basketball. 21 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  7. "Norris Cole signs with Monaco". Sportando. 11 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2019. 
  8. "Asvel signs Norris Cole". Sportando. 3 de xuño de 2020. Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  9. "Norris Cole, talento para la dirección del Unicaja". ACB.com. 19 de agosto de 2021. Consultado o 19 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar