KK Budućnost

(Redirección desde «KK Budućnost Podgorica»)

O KK Budućnost (do montenegrino: CB Futuro), coñecido por motivos de patrocinio como Budućnost VOLI, é un club de baloncesto profesional con sede na cidade de Podgorica, capital de Montenegro. Fundado en 1949, forma parte do club polideportivo Budućnost Podgorica. O equipo compite actualmente na Opportunity League, a máxima competición do baloncesto montenegrino, así como na Liga do Adriático, da que é membro fundador.

Budućnost VOLI
Información xeral
Liga Prva A Liga / ABA Liga / EuroCup
Fundación 1949
Cores           Azul, branco
Presidente Dragan Bokan
Adestrador Vlada Jovanović
Localización
Cidade Podgorica, Montenegro
Pavillón Sportski centar Morača
Capacidade 4 570
Inauguración 1978
Campionatos
Liga 14 (2007−2017, 2019, 2021−2022)
ABA Liga 1 (2018)
Liga Iug. 3 (1999−2001)
Copa 15 (2007−2012, 2014−2022)
Copa Iug. 3 (1996, 1998, 2001)
kkbuducnost.me

Historia editar

 
Duško Ivanović.

O club foi fundado en 1949 cando a sociedade deportiva Budućnost decidiu formar un club de baloncesto masculino. O Budućnost participou na súa primeira competición en xuño de 1949, no terceiro Campionato de Montenegro. Case unha décade despois, en 1958, o Budućnost converteuse en campión de Montenegro por vez primeira. Por este resultado, o Budućnost tivo a oportunidade de xogar na clasificación para a Primeira División. Porén, as eliminatorias non se chegaron a disputar debido á decisión da Federación Iugoslava de outorgar o ascenso directamente ao Zastava de Kragujevac. Na tempada 1959–60, Budućnost converteuse en campión de Montenegro por segunda vez. As eliminatorias para o ascenso esta vez si se chegaron a disputar, con todo, o equipo, a pesar de xogar en casa, non conseguiu o ascenso.

Nos anos 1970, unha restructuración do baloncesto iugoslavo permitiu que o Budućnost xogase na Segunda División ao ser o campión de Montenegro. Con todo, o Budućnost tan só conseguiu disputar unha temporada na categoría. Regresaría á división de prata en 1974, onde comezaría a ser un dos mellores equipos. Así, na temporada 1979–80, o Budućnost ocupou o primeiro posto e clasificouse automaticamente para a Primeira División. Entre os xogadores destacaba Duško Ivanović. O ascenso de Budućnost á Primeira División trouxo un rexurdir da popularidade do baloncesto en Podgorica, daquelas Titogrado. Na súa temporada de estrea, o equipo acadou un éxito significativo rematando oitavo con 9 vitorias por 13 derrotas. Na temporada seguinte, o equipo logrou clasificarse para os cuartos de final do playoff tras vencer á Jugoplastika Split en tres partidos. Nos cuartos de final o equipo enfrontouse co Crvena zvezda, quen gañou dúas veces en Belgrado, mentres que o Budućnost gañou en Titogrado.

Outro gran avance na historia do club chegou na temporada 1985−86, ao acadar o club o terceiro posto e a clasificación para disputar a Copa Korać, a primeira participación do club na competición europea. No seu debut europeo o Budućnost consegiu tres vitorias e cinco derrotas. Con todo, despois duns anos de éxitos históricos para o club, o Budućnost descendeu ao final da tempada 1987−88 após ficar no último lugar con 6 vitorias por 16 derrotas. Porén, ao ano seguinte Budućnost ascendeu de novo para nunca volver a descender.

Na temporada 1995–96, o Budućnost gañou a Copa Iugoslava por primeira vez. No torneo final, celebrado en Nikšić, o Budućnost derrotou ao BFC Beočin e ao Partizan. A segunda Copa Iugoslava chegou por segunda vez na temporada 1997–98, tamén en Nikšić. Despois das vitorias na Copa, o equipo gañou tres títulos consecutivos de Liga. Após a independencia de Montenegro de Serbia e Montenegro en 2006, o Budućnost converteuse no novo equipo a vencer na renacida Liga de Baloncesto Montenegrina, sendo o gañador habitual da competición. Alén da liga montenegrina, o club participa na Liga do Adriático, a cal conseguiu gañar na temporada 2017−18.

Xogadores editar

Cadro actual editar

Budućnost VOLI 2021−2022
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 1   Cobbs, Justin 1,91 m (6 ft 3 in) 86 kg (190 lb) KK Cedevita (2019)
E-A 3   Atić, Edin 2,01 m (6 ft 7 in) 87 kg (192 lb) KK Igokea (2021)
E-A 4   Šehović, Suad 1,97 m (6 ft 6 in) 100 kg (220 lb) Khimik (2013)
A 5   Micov, Vladimir 2,01 m (6 ft 7 in) 101 kg (223 lb) Olimpia Milano (2021)
AP-P 6   Barović, Filip 2,07 m (6 ft 9 in) 114 kg (251 lb) Bonn (2017)
AP 7   Nikolić, Danilo 2,06 m (6 ft 9 in) 93 kg (205 lb) Bilbao Basket (2017)
E 8   Seeley, D. J. 1,93 m (6 ft 4 in) 88 kg (194 lb) Bayern München (2021)
P 19   Nikolić, Zoran 2,12 m (6 ft 11 in) 107 kg (236 lb) Joventut Badalona (2016)
AP 21   Jagodić-Kuridža, Marko 2,05 m (6 ft 9 in) 104 kg (229 lb) Crvena Zvezda (2021)
B 22   Drobnjak, Igor 1,91 m (6 ft 3 in) 84 kg (185 lb) Canteira (2018)
AP-P 24   Wiley, Jacob 2,03 m (6 ft 8 in) 105 kg (231 lb) Gran Canaria (2021)
B 30   Popović, Petar 1,92 m (6 ft 4 in) 87 kg (192 lb) Nea Kifissia (2016)
P 33   Reed, Willie 2,11 m (6 ft 11 in) 111 kg (245 lb) Salt Lake City Stars (2020)
Adestrador
Asistente(s)
  •   Srđan Flajs
  •   Vlado Todorović
Preparador(es) físico(s)
  •   Nikola Musić

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Destacados editar

Adestradores editar

  •   Rusmir Halilović (1979–1980)
  •   Čedomir Đurašković (1981–1982)
  •   Vlade Đurović (1984–1985)
  •   Milutin Petrović (1985–1986)
  •   Miodrag Baletić (1988–1991)
  •   Goran Bojanić (1991–1995)
  •   Živko Brajović (1995–1996)
  •   Goran Bojanić (1997–1998)
  •   Miroslav Nikolić (1998–2000)
  •   Bogdan Tanjević (2001)
  •   Zoran Sretenović (2001)
  •   Miodrag Kadija (2001–2002)
  •   Darko Ruso (2002)
  •   Zvezdan Mitrović (2002)
  •   Vlade Đurović (2002)
  •   Miodrag Baletić (2002–2004)
  •   Zoran Martič (2004–2005)
  •   Dejan Radonjić (2005–2013)
  •   Igor Jovović (2013–2015)
  •   Luka Pavićević (2015–2016)
  •   Vlado Šćepanović (2016)
  •   Ilias Zouros (2016–2017)
  •   Aleksandar Džikić (2017–2018)
  •   Jasmin Repeša (2019)
  •   Petar Mijović (2019)
  •   Slobodan Subotić (2019)
  •   Petar Mijović (2019–2021)
  •   Dejan Milojević (2021)
  •   Aleksandar Džikić (2021–2022)
  •   Vlada Jovanović (2022–presente)

Palmarés editar

Serbia e Montenegro editar

Liga

  • Campións (3): 1999, 2000, 2001
  • Subcampións (1): 2002

Copa

  • Campións (3): 1996, 1998, 2001
  • Subcampións (1): 2002

Montenegro editar

Liga

  • Campións (14): 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2019, 2021, 2022
  • Subcampións (1): 2018

Copa

  • Campións (15): 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022
  • Subcampións (1): 2013

Internacional editar

Liga do Adriático

  • Campións (1): 2018
  • Subcampións (2): 2019, 2021

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar