Os Dallas Mavericks, ás veces coñecidos sinxelamente como Mavs, son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede en Dallas, Texas, que xoga na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Os Mavericks foron fundados en 1980, e actualmente son propiedade do empresario de internet e multimillonario Mark Cuban, sendo o seu adestrador o ex xogador Rick Carlisle. Actualmente xogan os seus encontros coma local no American Airlines Center, tras abandonar en 2001 o Reunion Arena.

Dallas Mavericks
Dallas Mavericks logo
Dallas Mavericks logo
Información xeral
Conferencia Oeste
División Suroeste
Fundación 1980
Cores                          Azul, prata
G League Texas Legends
Retirados 4 (12, 15, 22, 41)
Localización
Cidade Texas Dallas, Texas
Pavillón American Airlines Center
Capacidade 19.200 espectadores
Inauguración 17 de xullo de 2001
Persoal
Propietario(s) Mark Cuban
Director Nico Harrison
Adestrador Jason Kidd
Títulos
Campión 1 (2011)
Conferencia 2 (2006, 2011)
División 4 (1987, 2007, 2010, 2021)
mavs.com

De acordo coa revista "Forbes" en 2008,[1][2] os Mavs son a sétima franquía de baloncesto máis valiosa despois de New York Knicks, Los Angeles Lakers, Chicago Bulls, Detroit Pistons, Cleveland Cavaliers, e Houston Rockets, cun valor total de 466 millóns de dólares. Con todo, no mesmo estudo do ano anterior, o equipo texano ocupaba o terceiro lugar tan só por detrás dos Knicks e Lakers. Os Mavs gañaron o campionato da NBA en 2011, sendo o seu anterior maior éxito as finais de 2006.

Historia editar

Comezos editar

 
Don Carter, primeiro propietario da franquía.

En 1979, o empresario Don Carter e o seu socio Norm Sonju solicitaron o permiso para traer unha franquía da NBA a Dallas. O último equipo profesional de baloncesto fora Dallas Chaparrals da ABA, que se mudou a San Antonio en 1973 e converteuse en San Antonio Spurs.[3] No All-Star de 1980, os propietarios da liga aprobaron admitir ao novo equipo, e os Mavericks pagaron 12 millóns de dólares para unirse á NBA na tempada 1980-81. O nome do equipo, Mavericks, púxose debido a unha comedia de televisión do Oeste chamada Maverick de 1957-1962. James Garner, que en realidade facía o papel na serie do protagonista, formou parte do grupo de propietarios da franquía.[4] O equipo de baloncesto da Universidade Texas en Arlington tamén é coñecido como Mavericks. Uníronse á División Medio Oeste da Conferencia Oeste, onde permaneceron ata que a liga foi reestruturada en seis divisións en 2004-05. Dick Motta, que guiara a Washington Bullets ao campionato en 1978, foi o primeiro adestrador dos Mavericks. Tiña gañada unha gran reputación de técnico duro e disciplinario, pero tamén era un gran coñecedor do xogo.

Kiki Vandeweghe de UCLA foi seleccionado no Draft de 1980 na 11ª posición,[5] pero o xogador negouse a xogar cos Mavs e foi traspasado a Denver Nuggets xunto cunha primeira rolda de draft de 1986 por dúas primeiras roldas de draft que posteriormente utilizarían para seleccionar a Rolando Blackman en 1981 e a Sam Perkins en 1984.[3] O primeiro partido da historia dos Mavericks, xogado no Reunion Arena, finalizou con derrota ante San Antonio Spurs por 103-92. O equipo comezou a tempada cun pouco prometedor 6-40, finalizando 15-67. Con todo, Dallas realizou unha fichaxe que aínda que nun primeiro momento parecese menor, co tempo converteuse nun xogador de moita importancia; o base Brad Davis, procedente da CBA. Comezando de titular en 26 encontros, liderou ao equipo en asistencias e converteuse nunha peza clave dos Mavericks, pasando alí os seguintes 12 anos e séndolle retirado o seu dorsal 15 o 14 de novembro de 1992.[6]

O Draft de 1981 trouxo a tres xogadores vitais na historia da franquía. Coa terceira posición seleccionaron ao aleiro Mark Aguirre, coa novena ao panameño Rolando Blackman e coa vixésimo cuarta a Jay Vincent.[7] Durante os 7 anos que Aguirre pasou en Dallas, fixo medias de 24,6 puntos por partido, mentres que Blackman achegou 19,2 en 11 anos. Jay Vincent fixo 21,4 na súa primeira campaña na liga, finalizando no mellor quinteto de rookies da tempada. Os Mavericks melloraron o seu balance a un 28-54, saíndo das profundidades da División Medio Oeste e terminando por encima de Utah Jazz.[8]

Converténdose nunha potencia editar

 
O Reunion Arena foi o pavillón do equipo desde 1980 até 2001.

Na tempada 1982-83, os Mavericks eran serios aspirantes a clasificarse para playoffs por primeira vez. Até a parada do All-Star, o seu balance era de 25-24, e venceran en 12 dos seus últimos 15 encontros. Non puideron aguantar ese ritmo e finalizaron sete partidos por detrás de Denver Nuggets polo sexto e último posto que daba acceso a playoffs no Oeste. A súa marca final foi de 38-44, o que significou unha mellora de 10 vitorias respecto ao ano anterior, e o feito de que un equipo de tan só tres anos na liga chegue a estar en postos de playoffs era bastante notable.[9] Mark Aguirre liderou aos Mavericks en anotación facendo medias de 24,4 puntos por partido, sexto na NBA. Jay Vincent e Rolando Blackman contribuíron con 18,7 e 17,7 puntos por partido respectivamente. Brad Davis foi décimo en asistencias da liga con 7,2 por partido, e cun 84,5% en tiros libres, sexto. Derek Harper foi seleccionado na undécima posición do Draft de 1983. O base pasaría unha década no equipo, facendo media de 15,1 puntos e 6,1 asistencias por ecnontro. O traballo dos Mavs tivo a súa recompensa na tempada 1983-84, finalizando cun balance positivo por primeira vez na súa curta historia, 43-39, e segundo na súa división. Aguirre foi seleccionado para disputar o seu primeiro All-Star Game, e finalizou a campaña cunha media de 29,5 puntos por noite, segundo na liga detrás de Adrian Dantley de Utah Jazz.

Dallas finalizou no cuarto lugar da Conferencia Oeste, e a súa primeira aparición en playoffs foi exitosa, eliminando en primeira rolda a Seattle SuperSonics en cinco partidos. O último encontro da serie xogouse no Moody Coliseum no canto do Reunion Arena, xa que este estaba ocupado debido a un torneo de tenis. Na seguinte rolda, os Lakers de Magic Johnson foron demasiado para os mozos Mavs, que caeron 4-1. Pero un traspaso realizado na súa primeira tempada na liga deu resultado en 1984, debido a que recibiron a primeira rolda de draft de Cleveland Cavaliers e terminou sendo unha cuarta posición. Os Mavericks seleccionaron a Sam Perkins de North Carolina, un excelso tirador que fixo media de 14,4 puntos e 8 rebotes en seis tempadas en Dallas.[10] Por entón, Dallas Cowboys, un dos equipos punteiros da NFL, comezou o seu lento e doloroso ocaso que viu a súa profundidade en 1989 cun pésimo 1-15. Os Mavs, con todo, vivían o seu momento máis doce e substituíron os Cowboys como o equipo máis popular e glamoroso da cidade.

A tempada 1984-85 terminou con mellor marca que a campaña pasada; 44-38. Aguirre volveu liderar ao equipo en anotación con 25,7 puntos por noite, Perkins foi incluído no mellor quinteto de rookies da tempada e Blackman representou aos Mavs no All-Star Game de 1985. Dallas regresou un ano máis a playoffs, pero non tivo a mesma sorte que a campaña anterior. Gañaron a Portland Trail Blazers o primeiro encontro da primeira rolda nunha dobre prórroga, pero os tres seguintes da serie foron para os Blazers, dando por finalizada a serie e o concurso dos Mavericks na postempada.[11]

Potencia do Oeste editar

 
James Donaldson (1985–1992).

Debido ao traspaso cos Cavaliers no pasado, os Mavs tiñan a oitava posición do Draft de 1985, e utilizárona para seleccionar ao alemán Detlef Schrempf, procedente da Universidade de Washington.[12] Mostraría escintileos de brillantez nas súas tres tempadas no equipo, mais non foi até o seu traspaso a Indiana Pacers cando desenvolveu todo o seu enorme potencial. Os Mavericks tamén traspasaron ao pivote Kurt Nimphius a Los Angeles Clippers por James Donaldson, quen xogaría no equipo até mediados da tempada 1991-92.[13] Blackman volveu disputar o All-Star Game en 1986, celebrado en Dallas. Na tempada 1985-86, os Mavericks eran un equipo sumamente anotador, con medias por encima dos 115 puntos por partido.[14] Dallas fixo a súa terceira aparición consecutiva en playoffs, e derrotou a Utah Jazz en primeira rolda. En Semifinais de Conferencia, os Lakers volvéronse a cruzar no seu camiño. Pero en catro deses encontros decidiuse por unha marxe de catro puntos ou menos de diferenza, cos Mavs gañando a metade deses partidos.

Os Mavericks elixirían no draft en 1986 ao pivote Roy Tarpley, un xogador tan talentoso como problemático.[15] Na campaña 1986-87, o equipo realizou a mellor tempada na súa historia, cun positivo balance de 55-27, gañando o seu primeiro título de división. Pero a pesar das grandes expectativas que rodeaban ao equipo, estes derrubáronse en playoffs. Tras gañar aos Sonics o primeiro partido da primeira rolda por 22 puntos, perderon o tres seguintes e caeron eliminados.[16] Despois do fracaso de postempada, Dick Motta, que dirixira ao equipo dende os seus inicios, deixou os Mavericks. John MacLeod, que levara a playoffs a Phoenix Suns nove veces en once anos, incluídas unhas Finais en 1976, fíxose cargo das rendas do equipo.

A tempada 1987-88 foi outro éxito para a franquía, finalizando 53-29. Mark Aguirre e James Donaldson xogaron o All-Star Game de 1988, o equipo logrou a por entón mellor serie da súa historia con 11 vitorias consecutivas, e Blackman anotou o punto 10.000 na súa carreira. Aguirre liderou por sexto ano consecutivo ao equipo en anotación, con 25.1, e Roy Tarpley gañou o Mellor Sexto Home con 13,5 puntos e 11,8 rebotes de media.[17] Aqueles playoffs foron os mellores do equipo desde a súa existencia. Venceron a Houston Rockets en catro partidos e a Denver Nuggets en seis, interpóndose tan só os Lakers no seu camiño cara ás Finais en sete encontros.[18]

A tempada 1988-89 dos Mavericks estivo prexudicada polas lesións, sancións e traspasos de dous dos mellores xogadores da franquía. Dallas comezou o curso 9-3, pero tras estes problemas comezou a baixar rapidamente. Roy Tarpley violou a política anti-drogas da liga e foi sancionado indefinidamente. A mediados de febreiro, Aguirre foi traspasado a Detroit Pistons a cambio de Adrian Dantley. Nun principio, Dantley negouse a xogar cos Mavs, resistindo durante oito días. Durante este tempo, Schremppf foi enviado a Indiana por Herb Williams. O 10 de marzo de 1989, Donaldson lesionouse para toda a tempada. Uns desanimados e desmoralizados Mavericks terminaron a tempada cun balance de 38-44, non tan negativo dado os problemas que lle axexaron durante toda a campaña. Esta foi a súa primeira tempada con máis derrotas que vitorias dende a de 1982-83.[19]

Os Mavericks regresaron aos playoffs na tempada 1989-90 cunha marca de 47-35, mais tratouse doutro caos de campaña fóra das canchas. O 15 de novembro, tras só seis encontros dos Mavs na tempada, Tarpley foi detido por conducir borracho, opoñéndose á detención. O equipo comezou 5-6 e MacLeod foi despedido, sendo substituído polo seu asistente Richie Adubato. Tras clasificarse para os playoffs tras gañar o catro últimos partidos, foron eliminados en primeira rolda polos Blazers en tres encontros. Esta sería a súa última aparición en playoffs até 2001.[20]

Os Mavs afúndense editar

 
Brad Davis (1980-1992).

O equipo tivo que afrontar numerosos cambios en 1990, perdendo a Perkins vía axente libre aos Lakers e sufrindo lesións practicamente o quinteto titular do equipo. Os xogadores que lograron fichar (Rodney McCray, Fat Lever e Alex English) estaban todos eles no crepúsculo da súa carreira. O 9 de novembro anunciouse que Lever perdíase toda a tempada por lesión, e esa mesma noite, Tarpley sufriu unha lesión no seu xeonllo que tamén acabou coa tempada para el. A partir disto, a tempada para os Mavericks comezou a empeorar, finalizando cun 28-54, o peor rexistro da liga, quedando mesmo por detrás dos equipos de segundo ano Minnesota Timberwolves e Orlando Magic. En marzo de 1991, Tarpley foi de novo detido por conducir borracho e suspendido pola NBA unha vez máis.[21]

Pero as cousas foron aínda peor na tempada 1991-92. Antes de que comezase, Tarpley violou a política anti-drogas da liga por terceira vez e foi suspendido para sempre. Os poucos xogadores talentosos que tiña Dallas caeron lesionados. Os problemas de costas de Brad Davis forzaron a súa retirada a mediados de xaneiro, e Fat Lever lesionouse o xeonllo de novo o 29 de xaneiro, perdéndose o resto de tempada. O equipo finalizou 20-62.[22] A tempada 1992-93 comezou cunha seria reconstrución, co traspaso de Blackman (que por entón superara a Aguirre como o máximo anotador da franquía) a New York por unha primeira rolda de draft. Blackman fixo catro aparicións no All-Star Game na súa etapa en Dallas. Herb Williams asinou cos Knicks como axente libre. Lever volveu ser operado e perdeuse toda a tempada de novo. Derek Harper foi a única causa de optimismo do equipo, liderando en anotación con 18,3 puntos por partido.[23]

Os Mavericks seleccionaron a Jim Jackson, escolta de Ohio State na cuarta posición do Draft de 1992.[24] Jackson só xogou 28 partidos esa tempada, un ano repleto de lesións e cambios de adestrador. Os Mavericks comezaron 2-27 e despediron a Adubato o 13 de xaneiro, sendo substituído por Gar Heard. O equipo estivo preto de bater a negativa marca do peor rexistro dunha tempada, que ostenta Philadelphia 76ers dende a tempada 1972-73 con 9-73. Finalmente, Dallas conseguiu un paupérrimo 11-71. No Draft de 1993, os Mavericks escolleron o aleiro Jamal Mashburn, procedente de Kentucky, na cuarta posición,[25] e ficharon como adestrador a Quinn Buckner, mais o progreso foi mínimo, por non dicir peor. Parte do problema foi que Buckner comezou a emular o modelo disciplinario do seu adestrador de universidade, Bobby Knight. O novo cadro de xogadores non respondeu positivamente ao severo estilo de adestramento de Buckner, e comezou 1-23. Cara a finais de xaneiro o seu rexistro era de 3-40, e era de novo posible superar o balance dos antigos 76ers. Pero unha marca de 5-9 en febreiro e abril, ademais do afrouxamento das rendas de Buckner, mellorou as cousas e o equipo finalizou cun 13-69. Aínda así, seguía sendo o peor rexistro da tempada, aínda que se evitou bater a marca negativa de Philadelphia. Trala penosa tempada, Buckner foi despedido. Repescaron a Dick Motta, un técnico que liderou aos Mavs nas súas mellores tempadas. No Draft de 1994, Dallas seleccionou á prometedor base Jason Kidd,[26] peza vital na formación do populares "Tres Js", xunto con Jackson e Mashburn.

Os "Three Js" editar

 
Jason Kidd (1994–1996 e 2008–2012).

A adquisición de Jason Kidd mellorou ao equipo na campaña 1994-95, facendo 11,7 puntos, 5,4 rebotes e 7,7 asistencias na súa primeira tempada na liga, e mesmo liderou a NBA en triplos-dobres ese ano. Roy Tarpley volveu á liga tras tres anos, axudando con 12,6 puntos e 8.2 rebotes. O tándem Jim Jackson-Jamal Mashburn foi o dúo máis anotador da liga, facendo o primeiro 25,7 puntos (aínda que sufriu unha escordadura de nocello en febreiro que lle fixo perderse o resto de tempada) por 24,1 de J-Mash. O aleiro de segundo ano Popeye Jones tamén callou unha gran campaña, achegando 10,6 rebotes por noite e liderando a liga en rebotes ofensivos.

A mellora dos Mavs foi palpable, escalando até a décima posición do Oeste e cun rexistro notable de 36-46, só cinco partidos por baixo de Denver Nuggets para clasificarse a playoffs. Esta foi a mellora máis grande dunha tempada a outra da franquía, e a maior da liga. Moitos esperaron a que este positivo cambio no rumbo do equipo lles servise para acadar unha praza en playoffs, algo que non lograban desde 1990, pero a pesar dun comezo de 4-0 na tempada 1995-96, esta foi unha decepción. Por segunda vez na súa carreira, Tarpley foi sancionado para sempre por violar a política anti-droga da liga, e non volvería xogar xamais na NBA, e debido a lesións de xeonllo, Mashburn tan só puido disputar 18 partidos esa campaña.

As outras dúas estrelas do equipo, Kidd e Jackson, tiveron problemas entre eles durante toda a tempada, aínda que iso non entorpecese a súa fama individual. Jackson liderou ao equipo en anotación con 19,6 puntos por noite, acertou 121 triplos e foi o único maverick en xogar os 82 partidos de liga. Kidd converteuse no primeiro xogador na historia do equipo en disputar de titular o All-Star Game, terminou segundo en asistencias na liga e cuarto en roubos, mentres fixo 16,6 puntos por encontro. George McCloud, quen fixo unha media 9,6 puntos a tempada anterior, progresou até os 18.9 puntos por noite, grazas en parte ao seu acerto desde o perímetro, o que lle convertía nunha ameaza constante na cancha. En total, anotou 257 triplos ese ano. En xeral, os Mavericks converteron 735 dos 2.039 tiros de tres que tentaron, ambas as novas marcas. Os Mavericks finalizaron cun rexistro de 26-56, en quinto lugar da División Medio Oeste e a 33 partidos do primeiro lugar. Motta foi despedido e substituído por Jim Cleamons, asistente dos Bulls. Pola súa banda, Don Carter, primeiro e único propietario da franquía até entón, vendeu os Mavericks a un grupo de investidores liderado por H. Ross Perot, Jr.

Comezando de novo editar

A tempada 1996-97 foi de transición para os Mavericks, na que basicamente remodelaron o seu persoal completo; 27 caras novas víronse no vestiario do equipo, batendo unha marca na NBA. Cando a tempada chegou ao seu fin, soamente o novato Samaki Walker continuou no equipo. O primeiro movemento notable chegou en decembro, traspasando a Jason Kidd, Loren Meyer e Tony Dumas a Phoenix Suns por Michael Finley, Sam Cassell e A.C. Green. Finley foi o xogador que máis rapidamente brillou, facendo ao redor de 20 puntos por noite nass seguinte sete campañas en Dallas, ademais de dúas aparicións no All-Star Game e de non perderse ningún partido até a tempada 2001-02. Don Nelson foi fichado como "general manager" o 7 de febreiro, e tomouse pouco tempo para deixar o seu sinal no equipo. Unha semana despois da súa fichaxe, os Mavs cortaron a Fred Roberts e Oliver Miller e traspasaron a Jamal Mashburn a Miami Heat por Kurt Thomas, Martin Müürsepp e o bosníaco Sasha Danilović.

 
Mark Cuban, propietario da franquía.

Este cambio realmente non lle saíu ben a Dallas. Thomas non xogou na tempada 1996-97, e tan só terminou xogando cinco encontros coa camiseta dos Mavericks antes de ser enviado a New York Knicks. Danilović xogou 13 partidos antes de que o seu contrato chegase ao seu fin e asinase con Buckler Bologna da liga italiana, e Müürsepp disputou 73 encontros en dous anos cos Mavs antes de abandonar a NBA. Chris Gatling foi o único representante do equipo no All-Star Game, pero non duraría moito na Dallas. Nun dos traspason máis grandes en canto a número de xogadores da historia, os Mavericks traspasaron a Chris Gatling, Jim Jackson, Sam Cassell, George McCloud e Eric Montross a New Jersey Nets polo pivote Shawn Bradley, Ed O'Bannon e as bases Khalid Reeves e Robert Pack. Nelson subliñou que os movementos eran necesarios porque a situación no vestiario era inaceptable. Bradley pasaría parte do seu oito anos en Dallas presentando modestas contribucións e achegando números decentes en tapóns. O novato base Erick Strickland, non elixido no draft, foi unha sorpresa agradable para o equipo facendo 10,6 puntos por noite. Xunto con Finley e Bradley, foi o corazón dos novos Mavs. Pero os constantes cambios fixeron imposible establecer calquera tipo de química no persoal da tempada 1996-97, e os Mavericks terminaron 24-58. A boa noticia é que adquiriron xogadores que nun futuro serían moi importantes no equipo.

Na tempada do peche patronal, a tempada 1998-99, os Mavericks terminaron cun decente 19-31, pero Michael Finley e Gary Trent presentaron uns sólidos números e conduciron ao equipo ao seu primeiro rexistro positivo en casa (15-10). Notables foron as adquisicións do alemán Dirk Nowitzki e do base canadense Steve Nash, dous movementos aparentemente malos que terían un grande impacto no futuro. Na tempada seguinte o equipo por fin espertou e comezou a gañar nunha base constante. Liderado por Finley, os Mavericks realizaron a primeira tempada de máis de 40 vitorias desde 1990. Nowitzki foi de grande axuda, establecéndose na liga como unha potente ameaza ofensiva.

O 14 de xaneiro de 2000, o grupo de Perot vendeu a franquía ao empresario de Internet Mark Cuban por 285 millóns de dólares. Cuban inmediatamente tenta revitalizar ao equipo e aumentar a popularidade do mesmo en Dallas e a nivel nacional. Os seus polémicos movementos (permitiu a Dennis Rodman vivir na súa casa durante unha semana antes de que o xogador asinase polos Mavs) e a súa aberta personalidade fixéronlle converterse rapidamente nun ídolo para a afección do equipo. Tamén gastou millóns de dólares debido a multas por violacións de regras da NBA.

Na campaña 2000-01, os Mavericks melloraron aínda máis e lograron un balance de 53-29, abastecido de combustible por un impresionante triángulo ofensivo formado por Nowitzki, Finley e Nash. Minutos antes do final do prazo para realizar traspasos, os Mavericks enviaron a Hubert Davis, Christian Laettner, Courtney Alexander e Etan Thomas a Washington Wizards por Juwan Howard, Calvin Booth e Obinna Ekezie. En playoffs, por primeira vez en once anos, eliminaron pola mínima a Utah Jazz en primeira rolda, avanzando a segunda rolda por segunda vez desde 1988. Finalmente serían eliminados por San Antonio Spurs en cinco partidos.[27] Esta sería tamén a última campaña do equipo no Reunion Area antes de mudarse ao moderno American Airlines Center.

O mellor ataque da NBA editar

 
O moderno American Airlines Center, casa dos Mavericks dende 2001.

A tempada 2001-02 foi un éxito grazas ao positivo balance de 57-25 e ás grandes ganancias en despacho de cartos. A campaña tamén viu un cambio do logo, dos uniformes e das cores, eliminando o popular chapeu de vaqueiro do escudo por un novo formado por un cabalo e as cores do branco e azul, deixando atrás o verde. Outro traspaso finalizando o prazo de fichaxes púidose presenciar esa campaña, no que traspasaban a Juwan Howard, Tim Hardaway e Donnell Harvey a Denver Nuggets a cambio de Raef LaFrentz, Nick Van Exel, Tariq Abdul-Wahad e Avery Johnson. Os Mavericks varreron a Minnesota Timberwolves na primeira rolda de playoffs, pero caeron de novo en segunda rolda, esta vez con Sacramento Kings.[28]

Mais foi na seguinte campaña cando os Mavericks se abriron camiño definitivamente. Comezaron o ano cun balance de 14-0, a piques de superar a marca de mellor comezo nunha tempada que posúe Houston Rockets cun 15-0 na tempada 1993-94. Dallas terminou a tempada regular cun 60-22, asombrando a admiradores e críticos co seu brillante ataque. Liderados polo "Big Three" Nowitzki-Finley-Nash, os Mavericks chegaron ás Finais de Conferencia e víronse as caras con San Antonio Spurs. Con todo, coa serie empatada a 1, Dirk Nowitzki, o máximo anotador do equipo, lesionouse o xeonllo no terceiro partido e tivo que perderse o resto da serie. Ao final, a eliminatoria decidiuse en seis partidos para os Spurs.[29]

Na tempada 2003-04 chegaron moitas caras novas ao vestiario dos Mavs; Antawn Jamison, Danny Fortson, Jiri Welsch e Chris Mills chegaron dende Golden State Warriors a cambio de Nick Van Exel, Evan Eschmeyer, Popeye Jones, Avery Johnson e Antoine Rigaudeau. Outro gran movemento enviou a Raef LaFrentz, Chris Mills e Jiri Welsch a Boston por Antoine Walker e Tony Delk. Aínda que non había moita química no equipo, clasificáronse sen problemas para a postemporada. Co trío Nowitzki-Finley-Nash e Jamison, o Mellor Sexto Home da NBA,[30] os Mavericks continuaron coa súa reputación do mellor equipo ofensivo da liga. Unha das sorpresas máis agradables foron os rookies Josh Howard e Marquis Daniels, que impactaron inmediatamente. Con todo, o equipo foi unha decepción en playoffs e en primeira rolda caeu ante Sacramento Kings.[31]

Camiño ás Finais editar

Na tempada 2004-05, chegaron ao equipo o pivote Erick Dampier, a base Jason Terry, o veloz rookie Devin Harris, o anotador Jerry Stackhouse e o defensor Alan Henderson. A pesar de perder a Steve Nash vía axente libre (marchou a Phoenix Suns),[32] as novas adquisicións reforzaron defensivamente ao equipo. O clásico estilo do run-and-gun cambiou por un estilo máis equilibrado do xogo. No parón do All-Star, os Mavs conseguiron a Keith Van Horn por Calvin Booth e Henderson. O 19 de marzo, o veterano adestrador Don Nelson dimitiu e o seu asistente Avery Johnson encargouse de substituírlle. Baixo a tutela de Johnson, o equipo fíxose máis forte defensivamente e lograron un balance de 58-24. Os Mavericks eliminaron a Houston Rockets en sete duros partidos, pero en Semifinais de Conferencia perderon contra Phoenix Suns, liderados precisamente pola base Steve Nash.[33]

 
Dirk Nowitzki.

Antes do Draft de 2005, os Mavericks traspasaron todas as súas posicións no mesmo e quedaron cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha. O 15 de agosto de 2005, o veterano Michael Finley foi cortado baixo a nova "Allan Houston Rule".[34] Conforme esta regra, Orlando Magic fixo o mesmo con Doug Christie, quen posteriormente fichou polos Mavs. Outras caras novas como DeSagana Diop, Rawle Marshall e Josh Powell chegaron ao equipo.

Até o final de tempada, os Mavericks estiveron en continua batalla cos Spurs polo título de división e polo primeiro posto de conferencia. Con todo, non alcanzaron o título e tiveron que conformarse coa cuarta praza, cun balance de 60-22 e con Avery Johnson nomeado o Mellor Adestrador do Ano.[35] En playoffs, varreron a Memphis Grizzlies en primeira rolda e en semifinais viviron unha serie agónica ante os Spurs. Cinco do seu sete partidos decidíronse no último minuto, incluído o último, que chegou á prórroga. Baixo a dirección de Nowitzki e un banco moi profundo, os Mavs avanzaron até Finais de Conferencia onde se enfrontarían de novo ante os Suns. A serie decidiuse en seis partidos a favor dos texanos, en parte grazas ao seu gran defensa. Con iso, chegaban ás Finais da NBA por primeira vez na súa historia.

Os Mavericks chegaron ás súas primeiras Finais tras derrotar aos Suns no sexto encontro da serie o 3 de xuño de 2006 no US Airways Center de Phoenix.[36] Enfrontáronse a Miami Heat, e coa vantaxe de campo ao seu favor gañaron os dous primeiros partidos. Tras o segundo encontro, os funcionarios da cidade de Dallas xa planificaran o desfile de vitoria. Con todo, a partir do terceiro partido os Mavs desaproveitaron unha vantaxe de 2-0 ante uns Heat liderados por un espléndido Dwyane Wade, que fixo medias de 36 puntos no seguintes catro partidos.

Wade levou aos Heat ao triunfo, anotando 42 puntos e recollendo 13 rebotes no axustado terceiro partido (98-96). No cuarto, a vantaxe foi de 24 puntos de diferenza (74-98), cun Wade inmenso de novo con 36 puntos. Xa no quinto e o que ao cabo sería o último en Miami, tan só un punto de diferenza separou no marcador a ambos os equipos. Wade unha vez máis se erixiu como heroe anotando a canastra que mandaba o partido á prórroga, e xa nela, uns tiros libres que lle daban a vitoria. Wade finalizou con 43 puntos. De volta a Dallas, no sexto encontro Wade volveu a martirizar aos Mavericks con 36 puntos, axudados polo cinco tapones de Alonzo Mourning. Os Mavericks convertíanse no terceiro equipo na historia da NBA (primeiro desde 1977) en desaproveitar unha vantaxe de 2-0. No terceiro encontro os Mavs chegaron a ter unha vantaxe de 13 puntos no marcador a falta de sete minutos para o final do encontro, pero un parcial de 22-7 para os Heat cambiou totalmente o panorama, finalmente terminando 98-96 para os de Florida.[37] Tratouse da maior remontada en playoffs da historia da franquía.

Do éxito ao fracaso editar

 
Josh Howard (2003–2010).

Tras un frouxo comezo (0-4), os Mavericks remontaron e conseguiron un histórico 52-5 nos seguintes 57 partidos. Finalizaron a tempada cun balance de 67-15, primeiros na liga e sexto mellor marca da historia da NBA. Nowitzki tivo unha campaña dominante, gañando o premio MVP da tempada[38] (primeiro europeo en conseguilo) e liderando aos Mavericks á mellor tempada regular da súa historia. Fixo media de 24,6 puntos, 8,9 rebotes e 3,4 asistencias en 36,2 minutos por noite. Xunto con Josh Howard, o alemán disputou unha vez máis o All-Star Game. Con todo, rapidamente terminou a euforia para os de Texas. En playoffs atopáronse con Golden State Warriors, oitavos no Oeste, equipo que lles gañou o tres partidos en tempada regular.

Os Warriors deron a sorpresa gañando o primeiro partido,[39] aínda que na segunda cita os Mavericks igualaron a serie nun encontro no que tanto Baron Davis como Stephen Jackson foron explusados.[40] Os explosivos Warriors desmantelaron ao seu rival nos dous partidos seguintes, resumidos en vitoria, e convertendo a Nowitzki, recentemente nomeado MVP, nunha presa fácil e débil. Tras unha vitoria dos Mavericks por 118-112,[41] chegou a sentenza dos californianos, que cun 4-2 eliminaron a Dallas e accederon ás Semifinais de Conferencia.[42] Golden State converteuse no primeiro equipo que elimina o campión de conferencia clasificándose oitavos na mesma desde que se impuxo a eliminatoria de primeira rolda ao mellor de sete partidos.

Na tempada 2007-2008 os Mavs fixéronse cos servizos do veterano base Jason Kidd, procedente de New Jersey Nets, xunto a Malik Allen e Antoine Wright, e que chegaron a cambio de Devin Harris, DeSagana Diop, Trenton Hassell, Moe Ager e Keith Van Horn e de dúas futuras primeiras roldas do draft.[43] Os Mavericks finalizaron a tempada cun balance de 51-31, conseguindo a súa oitava campaña consecutiva con máis de 50 vitorias. Tras o fracaso dos playoffs pasados, atopáronse aos New Orleans Hornets da base Chris Paul, segundo clasificado da Conferencia Oeste na tempada regular. Os Hornets non deron opción aos Mavericks, eliminándolles por 4-1 na primeira rolda, o cal resultou no despedimento urxente de Avery Johnson, pasado Adestrador do Ano da NBA en 2006, como técnico do equipo o 30 de abril de 2008, á vez que se anunciaron drásticos cambios para a próxima campaña.

Primeiro título editar

 
José Juan Barea (2006–2011).

Na tempada 2010-11, tras unha boa fase regular, o equipo chegou como terceiro da Conferencia Oeste cun global de 57-25. Na primeira rolda dos Playoffs superaron por 4-2 aos Portland Trail Blazers, para despois nas Semifinais de Conferencia varrer aos por 4-0 aos por entón bicampións Lakers, accedendo desa maneira ás finais de conferencia nas que derrotaron aos Oklahoma City Thunder en cinco partidos (4-1). E así, aínda cos prognósticos en contra, chegaron a outras finais de NBA, e cunha motivación extra ao enfrontarse ao equipo que lles gañara en 2006: os Miami Heat.

Os de Florida eran considerados desde o comezo da temporada como os grandes favoritos para o triunfo, xa que contaban no seu cadro de xogadores con Lebron James, o MVP da NBA nas dúas camapañas anteriores, Dwyane Wade, MVP das Finais de 2006 e Chris Bosh. Cumprindo co previsto, o primeiro partido foi para os Heat, que gañaron por 92-84 cunha grande actuación das súas estrelas, especialmente de Wade. Con todo, no segundo partido liderados por Dirk Nowitzki e coa axuda dos seus compañeiros especialmente Jason Terry e Shawn Marion empataron a serie cun marcador de 95-93. Entón a serie trasladouse a Dallas, mais os Heat novamente tomaron vantaxe no terceiro partido por marcador de 88-86. Coa serie en contra 2 a 1 os MAvericks sabían que debía gañar sexa como for, e así o fixo no cuarto partido empatando a serie 2-2.

O quinto e último partido en Dallas era decisivo para as aspiracións de ambos por conseguir o título. Miami demostrou moitas dúbidas e, cun Lebron James facendo un dos peores partidos da súa carreira, foron derrotados polos Mavericks con 29 puntos de Nowitzki. Os de Dallas tomaron vantaxe na serie e colocábanse a un partido do seu negado durante anos e soñado primeiro título. Para o sexto encontro, unha destacada actuación de Jason Terry con 27 puntos, un revulsivo José Juan Barea engadidos ao achegar tanto ofensivo como defensivo de Jason Kidd, Shawn Marion e DeShawn Stevenson fixeron que non se notase a pobre actuación dos tres primeiros cuartos do xogo de Nowitzki, que engadido ás perdidas de balón e facilidades defensivas e ofensivas de Miami fixeron que Dallas se consagrase campión da NBA por primeira vez na súa historia cun marcador 105-95. O premio Premio Bill Russell ao MVP das Finais da NBA foi outorgado a Dirk Nowitzki, sendo o primeiro xogador da franquía en conseguilo, alén do primeiro alemán.

Pavillón editar

Artigo principal: American Airlines Center.
Véxase tamén: Reunion Arena.
 
O American Airlines Center.

Cando os Dallas Mavericks comezaron a súa andanza na NBA, en 1980, xogaban os seus partidos coma local no Reunion Arena, un pavillón cuberto situado no distrito de Reunion, no centro de Dallas. A cancha podía chegar a acoller a uns 17.300 espectadores para os partidos de baloncesto, chegando a acoller o NBA All-Star Game e a Final Four da NCAA en 1986. Este pavillón foi finalmente demolido o 17 de novembro de 2009.

Con todo, os Mavericks, xa trocaran de pavillón en 2001, trasladándose ao American Airlines Center. Esta cancha, ás veces chamada sinxelamente AAC, está localizada no barrio de Victory Park, tamén preto do centro de Dallas. Conta cunha capacidade para 21.041 espectadores nos encontros de baloncesto, case 4.000 máis que o vello pavillón. Moitos confunden o nome do recinto co American Airlines Arena, pavillón de Miami Heat. Ironicamente, en 2006, os dous equipos chegaron ás Finais nunha serie ao mellor de sete, que terminou con catro vitorias dos de Florida. As series acabaron sendo coñecidas como as "American Airlines Series".

Pavillón Localización Estado Capacidade Período
Reunion Arena Dallas   Texas 18.187 1980 2001
American Airlines Center Dallas   Texas 19.200 2001

Uniformes editar

 
Uniforme visitante desde 2010.

Durante a primeira tempada dos Mavs na NBA, 1980, as cores dos uniformes de fóra do equipo eran o azul mariño con tramas brancas e verdes, inverténdose o azul co verde unha tempada máis tarde, sendo o verde a cor dominante até os primeiros anos da década de 1990. Así, na tempada 1993-94, volveuse de novo ás cores orixinais da primeira tempada, con algunha alteracións na tipografía de "Dallas", até o ano 2001. En canto ao uniformes dos partidos como locais, dende 1980 até 2001, foron brancos coa palabra "Mavericks" escrita en azul coas beiras das letras en verde, tan só habendo algúns retoques na tipografía de menor importancia durante a década de 1990.[44]

Na tempada 2001−02, os Mavericks actualizaron drasticamente os seus logotipos e uniformes, cunha nova combinación de cores con "azul media noite", "azul mariño" e prata. Estes novos uniformes tiñan e escrita a palabra "Dallas" tanto no da casa como no de fóra. Na camiseta local "Dallas" estaba escrito en cor "azul media noite" e os números en "azul real" con axustes en prata, mentres que na camiseta de visitante, "Dallas" estaba en branco, cos números en cor prata con beiras brancas. Na tempada 2003-04, os Mavericks comezaron a utilizar uns uniformes alternativos en cor prata, coa palabra "Mavericks" escrita no peito en cores branca e "azul real" e os números en azul. Con todo, demostrou ser impopular entre os seareiros, e foi refugada despois de ser utilizada en tan só un xogo, o 28 de outubro de 2003 fronte os Lakers.

Na tempada 2004−05, os Mavericks presentaron unha nova camiseta alternativa de cor verde, semellante aos uniformes de visitante dos anos 1980. Foron deseñadas polo rapeiro Sean "P. Diddy" Combs (antes coñecido coma Puff Daddy), tiñan a palabra "Mavs" escrita en branco na parte frontal da camiseta cos beiras azuladas e os números en cor prata con beiras brancas por riba da tipografía na parte esquerda do peito. O 21 de setembro de 2009, os Mavericks deron a coñecer unha nova camiseta alternativa de cor azul mariño coa mesma tipografía de "Mavs" substituíndo o uniforme verde. O devandito uniforme utilizouse tamén para a "Noite latina da NBA", substituíndo as habituais letras pola palabra "Los Mavs".

En 2010, o equipo presentou outro cambio no deseño do seu uniforme, mudando o ton de azul do uniforme visitante a un máis claro e engadindo a lenda "Dallas" en azul mariño co número en prata. Así, foi retirado o anterior uniforme alternativo, pasando a ocupar o seu posto a anterior equipación visitante. En 2014 presentouse un novo uniforme alternativo azul mariño, esta vez cun bordado no que aparece a silueta da cidade. O uniforme foi seleccionado de entre os miles que se presentaron a un concurso popular de deseña un uniforme. Esta equipación comezou a utilizarse durante a temporada 2015−16.

1980–2001 l
1980–81 v
1981–92 v
1992–2001 v
2003–04 a
2001–10 a

Tempadas editar

Nota: As estatísticas están actualizadas até a temporada 2014−15.

Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División En posición de Playoffs
Temporada Conferencia Posto División Posto V D %V PD Playoffs Premios
1980−81 Oeste 12º Medio Oeste 15 67 .183 37
1981−82 Oeste 10º Medio Oeste 28 54 .341 20
1982−83 Oeste Medio Oeste 38 44 .463 15
1983−84 Oeste Medio Oeste 43 39 .524 2 Gañada Primeira Rolda (SuperSonics) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–1
1984−85 Oeste Medio Oeste 44 38 .537 8 Perdida Primeira Rolda (Trail Blazers) 3–1
1985−86 Oeste Medio Oeste 44 38 .537 7 Gañada Primeira Rolda (Jazz) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–2
1986−87 Oeste Medio Oeste 55 27 .671 Perdida Primeira Rolda (SuperSonics) 3–1
1987−88 Oeste Medio Oeste 53 29 .646 1 Gañada Primeira Rolda (Rockets) 3–1
Gañadas Semifinais de Conferencia (Nuggets) 4–2
Perdidas Finais de Conferencia (Lakers) 4–3
Roy Tarpley (SIX)
1988−89 Oeste Medio Oeste 38 44 .463 13
1989−90 Oeste Medio Oeste 47 35 .573 9 Perdida Primeira Rolda (Trail Blazers) 3–0
1990−91 Oeste 12º Medio Oeste 28 54 .341 27
1991−92 Oeste 12º Medio Oeste 22 60 .268 33
1992−93 Oeste 13º Medio Oeste 11 71 .134 44
1993−94 Oeste 13º Medio Oeste 13 69 .159 45
1994−95 Oeste 10º Medio Oeste 36 46 .439 26 Jason Kidd (ROY)
1995−96 Oeste 12º Medio Oeste 26 56 .317 33
1996−97 Oeste 11º Medio Oeste 24 58 .293 40
1997−98 Oeste 10º Medio Oeste 20 62 .244 42
1998−99 Oeste 11º Medio Oeste 19 31 .380 18
1999−00 Oeste Medio Oeste 40 42 .488 15
2000−01 Oeste Medio Oeste 53 29 .646 5 Gañada Primeira Rolda (Jazz) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Spurs) 4–1
2001−02 Oeste Medio Oeste 57 25 .695 1 Gañada Primeira Rolda (Timberwolves) 3–0
Perdidas Semifinais de Conferencia (Kings) 4–1
2002−03 Oeste Medio Oeste 60 22 .732 Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 4–3
Gañadas Semifinais de Conferencia (Kings) 4–3
Perdidas Finais de Conferencia (Spurs) 4–2
2003−04 Oeste Medio Oeste 52 30 .634 6 Perdida Primeira Rolda (Kings) 4–1 Antawn Jamison (SIX)
2004−05 Oeste Suroeste 58 24 .707 1 Gañada Primeira Rolda (Rockets) 4–3
Perdidas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–2
2005−06 Oeste Suroeste 60 22 .732 3 Gañadas Primeira Rolda (Grizzlies) 4–0
Gañadas Semifinais de Conferencia (Spurs) 4–3
Gañadas Finais de Conferencia (Suns) 4–2
Perdidas Finais da NBA (Heat) 4–2
Avery Johnson (COY)
2006−07 Oeste Suroeste 67 15 .817 Perdida Primeira Rolda (Warriors) 4–2 Dirk Nowitzki (MVP)
2007−08 Oeste Suroeste 51 31 .622 5 Perdida Primeira Rolda (Hornets) 4–1
2008−09 Oeste Suroeste 50 32 .610 4 Gañada Primeira Rolda (Spurs) 4–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Nuggets) 4–1
Jason Terry (SIX)
2009−10 Oeste Suroeste 55 27 .671 Perdida Primeira Rolda (Spurs) 4–2
2010−11 Oeste Suroeste 57 25 .695 4 Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 4–2
Gañadas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–0
Gañadas Finais de Conferencia (Thunder) 4–1
Gañadas Finais da NBA (Heat) 4–2
Dirk Nowitzki (FMVP)
2011−12 Oeste Suroeste 36 30 .545 14 Perdida Primeira Rolda (Thunder) 4–0 Jason Kidd (SPOR)
2012−13 Oeste 10º Suroeste 41 41 .500 19
2013−14 Oeste Suroeste 49 33 .598 13 Perdida Primeira Rolda (Spurs) 4–3
2014−15 Oeste Suroeste 50 32 .610 6 Perdida Primeira Rolda (Rockets) 4–1

Rexistro histórico editar

Estatística Vitorias Derrotas % vitorias
Total en Temporada Regular 1.430 1.374 .510
Total en Playoffs 89 97 .478
Total en Temporada Regular e Playoffs 1.519 1.471 .508

Xogadores editar

Cadro actual editar

Dallas Mavericks 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
A/AP 13   Brown III, Greg 2.01 m (6 ft 7 in) 93 kg (206 lb) Texas
B/E 77   Dončić, Luka 2.01 m (6 ft 7 in) 104 kg (230 lb) Eslovenia
B/E 0   Exum, Dante 1.96 m (6 ft 5 in) 97 kg (214 lb) Australia
AP/P 21   Gafford, Daniel 2.08 m (6 ft 10 in) 106 kg (234 lb) Arkansas
E/A 8   Green, Josh 1.98 m (6 ft 6 in) 95 kg (210 lb) Arizona
E/A 10   Hardaway, Jr., Tim 1.98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) Michigan
B/E 1   Hardy, Jaden 1.91 m (6 ft 3 in) 90 kg (198 lb) Coronado HS (NV)
B/E 11   Irving, Kyrie 1.88 m (6 ft 2 in) 88 kg (195 lb) Duke
A/AP 55   Jones Jr., Derrick 1.98 m (6 ft 6 in) 95 kg (210 lb) UNLV
A/AP 42   Kleber, Maxi 2.08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) Alemaña
B/E 9   Lawson, A. J. 1.98 m (6 ft 6 in) 81 kg (179 lb) South Carolina
P 2   Lively II, Dereck 2.16 m (7 ft 1 in) 104 kg (230 lb) Duke
A/AP 88   Morris, Markieff 2.06 m (6 ft 9 in) 111 kg (245 lb) Kansas
AP/P 7   Powell, Dwight 2.08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) Stanford
A/AP 18   Prosper, Olivier-Maxence 2.01 m (6 ft 7 in) 104 kg (230 lb) Marquette
A/AP 25   Washington, P. J. 2.01 m (6 ft 7 in) 104 kg (230 lb) Kentucky
B/E 00   Williams, Brandon 1.88 m (6 ft 2 in) 86 kg (190 lb) Arizona
Adestrador
Asistente(s)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 25-02-2024

Líderes históricos editar

Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.

Puntos anotados (temporada regular) (a finais da temporada 2014−15)[45]

  1. Dirk Nowitzki (28.279
  2. Rolando Blackman (16.643)
  3. Mark Aguirre (13.930)
  4. Derek Harper (12.597)
  5. Michael Finley (12.389)
  6. Jason Terry (9.953)
  7. Brad Davis (7.623)
  8. Sam Perkins (6.766)
  9. Josh Howard (6.614)
  10. Jay Vincent (6.464)
  11. Steve Nash (5.937)
  12. Jim Jackson (5.660)
  13. Jason Kidd (5.258)
  14. James Donaldson (4.271)
  15. Jamal Mashburn (4.255)
  16. Shawn Marion (4.170)
  17. Shawn Bradley (4.047)
  18. Roy Tarpley (3.533)
  19. Devin Harris (3.426)
  20. Monta Ellis (3.073)
  21. Jerry Stackhouse (3.012)
  22. J.J. Barea (2.909)
  23. Erick Dampier (2.770)
  24. Vince Carter (2.670)
  25. Herb Williams (2.505)
  26. George McCloud (2.462)
  27. Doug Smith (2.323)
  28. Hubert Davis (2.309)
  29. Jim Spanarke (2.307)
  30. Detlef Schrempf (2.204)

Outras estatísticas (temporada regular) (a finais da temporada 2014−15)[46]

Minutos xogados

  1. Dirk Nowitzki (45.135)
  2. Rolando Blackman (29.684)
  3. Derek Harper (27.985)
  4. Michael Finley (24.878)
  5. Brad Davis (21.402)

Rebotes

  1. Dirk Nowitzki (10.116)
  2. James Donaldson (4.589)
  3. Sam Perkins (3.767)
  4. Shawn Bradley (3.340)
  5. Michael Finley (3.245)

Asistencias

  1. Derek Harper (5.111)
  2. Brad Davis (4.524)
  3. Jason Kidd (4.211)
  4. Dirk Nowitzki (3.297)
  5. Steve Nash (2.919)

Roubos

  1. Derek Harper (1.551)
  2. Dirk Nowitzki (1.080)
  3. Jason Kidd (954)
  4. Michael Finley (748)
  5. Jason Terry (735)

Tapóns

  1. Shawn Bradley (1250)
  2. Dirk Nowitzki (1131)
  3. James Donaldson (615)
  4. Erick Dampier (546)
  5. Kurt Nimphius (475)

Dorsais retirados editar

Dorsais retirados polos Dallas Mavericks
Xogador Posición Período Data de retiro do Nº
12 Derek Harper B 1983–1994
1996–1997
7 de xaneiro de 2018
15 Brad Davis B 1980–1992 14 de novembro de 1991
22 Rolando Blackman E 1981–1992 11 de marzo de 2000
41 Dirk Nowitzki AP / P 1998–2019 5 de xaneiro de 2022

Basketball Hall of Fame editar

Os seguintes xogadores dos Mavericks foron incluídos no Basketball Hall of Fame.

Membros do Basketball Hall of Fame dos Dallas Mavericks
Xogadores
Nome Posición Período Ano de ingreso
2 Alex English A 1990–1991 1997
4 Adrian Dantley A 1988–1990 2008
70 Dennis Rodman AP 2000 2011
5
2
Jason Kidd B 1994–1996
2008–2012
2018
13 Steve Nash B 1998–2004 2018
Adestradores
Nome Posición Período Ano de ingreso
Don Nelson Adestr. 1997–05 2012

Galardóns individuais editar

Participacións no All-Star editar

Os seguintes xogadores dos Mavericks foron seleccionados para xogar o All-Star Game da NBA.[47]

Adestradores do All-Star Game

Adestradores editar

 
Rick Carlisle.
Pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Mavericks
Elixido no Basketball Hall of Fame coma adestrador
# Nome Período P V D % P V D % Logros
Temporada regular Playoffs
1 Motta, DickDick Motta 19801987 574 267 307 .465 28 11 17 .393
2 MacLeod, JohnJohn MacLeod 19871989 175 96 79 .549 17 10 7 .588
3 Adubato, RichieRichie Adubato 19891992 264 94 170 .356 3 0 3 .000
4 Heard, GarGar Heard 19921993 53 9 44 .170
5 Buckner, QuinnQuinn Buckner 19931994 82 13 69 .159
Motta, DickDick Motta 19941996 164 62 102 .378
6 Cleamons, JimJim Cleamons 19961997 98 28 70 .286
7 Nelson, DonDon Nelson 19972005 590 339 251 .575 43 19 24 .442 Incluído nos 10 mellores adestradores da historia da NBA
8 Johnson, AveryAvery Johnson 20052008 264 194 70 .735 47 23 24 .489 Adestrador do Ano da NBA (2006)
9 Carlisle, RickRick Carlisle 2008 558 338 220 .606 53 27 26 .509 Un título da NBA (2011)

Notas editar

  1. NBA Team Valuations 2008
  2. NBA Team Valuations 2007
  3. 3,0 3,1 1979: Carter Welcomes Back Basketball To Dallas
  4. How the Mavericks Were Named
  5. "Draft de 1980". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2010. Consultado o 18 de abril de 2010. 
  6. 1980-81: A Slow Start
  7. 1981 NBA DRAFT
  8. "1981-82 Dallas Mavericks". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2010. Consultado o 18 de abril de 2010. 
  9. "1982-83 Dallas Mavericks". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  10. "Estatísticas de Sam Perkins". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  11. 1983-85: Dallas Sees Postseason For First Time
  12. "Draft de 1985". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  13. 1985-86: Dallas Drafts Detlef, Deals For Donaldson
  14. "1985-86 Dallas Mavericks". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2009. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  15. "Draft de 1986". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  16. "1986-87 NBA Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  17. NBA.com 1987-88: One Game Shy of the Finals
  18. "1988 NBA Playoff Summary". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  19. 1988-90: Mavericks Miss Playoffs; Regroup
  20. "1989-90 Dallas Mavericks". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2010. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  21. Tarpley Arrested
  22. "1991-92 Dallas Mavericks Roster and Stats". Basketball-Reference.com (en inglés). Consultado o 2022-11-16. 
  23. "Estatísticas de Derek Harper". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2013. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  24. Draft de 1992
  25. "Draft de 1993". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2006. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  26. "Draft de 1994". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  27. "2001 NBA Playoff Summary". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  28. "2002 NBA Playoff Summary". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  29. "2003 NBA Playoff Summary". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  30. Jamison nomeado Mellor Sexto Home 2003-04
  31. "2004 NBA Playoff Summary". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2011. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  32. nba.com Nash ficha polos Suns, consultado marzo de 2008
  33. Basketball-Reference.com 2005 NBA Playoff Summary Arquivado 02 de decembro de 2015 en Wayback Machine., consultado marzo de 2008
  34. usatoday.com Finley cortado polos Mavericks, consultado marzo de 2008
  35. "Avery Johnson nomeado Adestrador do Ano 2005-06". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2010. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  36. Dallas accede ás Finais tras eliminar a Phoenix
  37. Miami gaña o anel aos Mavericks
  38. "Nowitzki gaña o MVP 2006-07". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2011. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  39. Os Warriors gañan o primeiro partido
  40. Dallas iguala a eliminatoria
  41. Dallas pon a serie 3-2
  42. Golden State elimina aos Mavericks por 4-2
  43. "Dallas Mavericks close on altered deal for Kidd". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2008. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  44. Dallas Mavericks - Chris Creamer's Sports Logos Page
  45. "Mavericks: Players". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015. 
  46. "Dallas Mavericks Career Leaders". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2015. 
  47. "Dallas Mavericks All-Star Game Selections". Basketball-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2018. Consultado o 18 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar