Milagros Rubio
Milagros Rubio Salvatierra, nada en Tudela en 1952, é unha política de Navarra pertencente ó partido Batzarre.[1] É voceira da Asemblea Antipolígono.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1952 (71 anos) Tudela, España |
Deputada do Parlamento de Navarra | |
26 de xuño de 1999 – 17 de xuño de 2003 Lexislatura: V lexislatura de Navarra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Batzarre Euskadiko Mugimendu Komunista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Comezou a súa militancia política nos últimos anos da ditadura franquista na súa localidade natal no seo do Movemento Comunista de España (MCE), posteriormente transformado en Movemento Comunista (MC), e logo en Euskadiko Mugimendu Komunista (EMK), do que foi unha das dirixentes máis salientables en Navarra, responsabilidade que seguiu ocupando nas súas organizacións sucesoras (Batzarre dende 1987).
Ó celebrarse as primeiras eleccións municipais democráticas trala morte de Franco, en 1979, foi elixida concelleira en Tudela, como candidata da Asociación Navarra de Concellos de Esquerdas (ANAI), a candidatura promovida por Euskadiko Mugimendu Komunista e a Organización de Esquerda Comunista (integrada esta última no MC en 1979), que obtivo tres concelleiros. Dende entón, Milagros Rubio renovou a súa acta de concelleira en todas as eleccións municipais levadas a cabo nas listas do EMK ou as súas organizacións sucesoras (en 1983 como Asemblea de Esquerdas da Ribeira; en 1987 e 1991 como Asemblea de Esquerda de Tudela; e dende 1995 como Batzarre ou como a coalición na que se integrase: Batzarre-Asemblea de Esquerdas en 1995, en 1999 como Batzarre-Euskal Herritarrok, en 2003 como Batzarre e en 2007 como Nafarroa Bai.[3][4] En 2011 foi a candidata á alcaldía da coalición Esquerda-Ezkerra, formada por Batzarre e Esquerda Unida de Navarra (IUN-NEB).[5] A coalición quedou en terceiro lugar, obtendo catro concelleiros.
Tamén foi elixida parlamentaria foral nas eleccións de 1999, dentro da lista de Euskal Herritarrok, da que formaba parte Batzarre. Ó rachar Batzarre a súa coalición con EH tralo final da tregua de ETA en marzo de 2000, Rubio integrouse no grupo mixto do Parlamento de Navarra. Foi cabeza de lista nas eleccións forais de 2003, sen conseguir a súa candidatura exceder o límite do 3% necesario para entrar no Parlamento. Nas eleccións xerais de 2011 encabezou a lista de Esquerda-Ezkerra ó Senado.[6] Para as eleccións ó Parlamento Europeo de 2014 figurou no posto número 26 da Esquerda Plural.
Notas editar
- ↑ Angel Raimundo Fernández González (1999). "Revistas literarias y poetas de la Ribera de Navarra" (218). ISSN 0032-8472.
- ↑ "La asamblea Antipolígono denuncia un nuevo ejercicio con fuego real en Bardenas". diariodenavarra.es (en castelán). 2016-11-02. Consultado o 2020-04-23.
- ↑ Antepasados de Luis Antonio de Ortiz Pinedo
- ↑ Homenaje por el 25 aniversario de los Ayuntamientos Democráticos[Ligazón morta permanente], Boletín municipal de Batzarre, nº 55, Tudela, xullo 2004.
- ↑ IU y Batzarre presentan un proyecto para "ganar la batalla a la resignación", EFE, 29 de xaneiro de 2011 (publicado en ABC.
- ↑ Batzarre elige a Milagros Rubio candidata al Senado por Izquierda-Ezkerra Arquivado 25 de abril de 2014 en Wayback Machine., ABC, 23 de setembro de 2011.