Batzarre é un partido político vasquista de esquerdas de Navarra que se formou en 1987 da unión das seccións navarras de Euskadiko Mugimendu Komunista (EMK) e Liga Komunista Iraultzailea (LKI), e pode considerarse sucesor de plataformas como UNAI, ANAI, ANIZ e Auzolan.

Batzarre
Partido político de Navarra
Dirixentes e organización
LíderMilagros Rubio
MocidadesBatzarre Gazteak
Historia
Fundación1987
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
Vasquismo
Representación
Representación1 deputado (de 50) no Parlamento de Navarra, dentro de Nafarroa Bai (12 deputados)
Outros datos
SedeRúa Navarrería, 15 - 1 °C
PublicaciónEzkerretik Berrituz
Na rede
www.batzarre.org

Ten un acordo con Zutik que fai que esa formación en Navarra estea integrada en Batzarre.

Batzarre constituíuse oficialmente como partido político en 1991. A súa presenza é reducida, circunscrita fundamentalmente ás comarcas de Pamplona e Tudela. Conta con 510 afiliados,[1] e foi membro da coalición Nafarroa Bai até que a abandonou en 2011 para formar con IUN a coalición electoral Izquierda-Ezkerra.[2]

Eleccións editar

Eleccións
Votos
%
Deputados
Posición
Observacións
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1987 5.880 2,11 0
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1991 6.543 2,41 0
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1995 6.509 2,23 0
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1999 47 271 a 15,96 1 b a Como membro de Euskal Herritarrok.
b Dos 8 totais de EH, na persoa de Milagros Rubio.
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 2003 7.873 2,62 0
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 2007 77 893 c 23,95 1 d c Como membro de Nafarroa Bai.
d Dos 12 totais de NaBai, na persoa de Ioseba Eceolaza.
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 2011 18 457 e 5,71 1 f e Como membro de Izquierda-Ezkerra.
f Dos 3 totais de I-E, na persoa de Txema Mauleón.
Eleccións municipais

En canto ás eleccións municipais, a última vez que se presentou en solitario foi en 2003, cando obtivo 8.449 votos (2,8%), e 15 concelleiros. En 2007 obtivo 10 concelleiros en candidaturas de Nafarroa Bai e 4 en candidaturas populares.

Notas editar

  1. Los 510 afiliados de Batzarre decidirán si siguen o no en NaBai Arquivado 07 de decembro de 2011 en Wayback Machine., Gara, 4 de noviembre de 2010.
  2. "IU y Batzarre presentan un proyecto para "ganar la batalla a la resignación"". ABC (xornal). 29 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 30 de novembro de 2012.