Maruxa (filme de 1923)

Filme de 1923 dirixido por Henry Vorins

Maruxa é un filme mudo español rodado en Galicia en 1923. Foi dirixido por Henry Vorins, e baséase na obra lírica Maruxa, de Amadeo Vives.

Maruxa
Ficha técnica
DirectorHenry Vorins
ProdutorErnesto González
GuiónErnesto González, baseado na obra lírica de Amadeo Vives e Luis Pascual Frutos
IntérpretesPaulette Landais (Maruxa)
Florián Rey (Pablo)
Elvira López (Rosa)
José Mora (Rufo)
José Aguilera (Antonio)
Asunción Delgado (Dorotea)
Antonio de la Mata (Buenaventura)
MúsicaAmadeo Vives
FotografíaLuis R. Alonso
DistribuidoraCelta Films
Estrea1923
OrixeGalicia Galicia
Xénerodrama e romance
Na rede
IMDB: tt0014261 Editar o valor em Wikidata

Trama editar

É un melodrama amoroso entre mozos nun contorno rural. Rosa é unha rapaza herdeira dunha gran fortuna, que regresa á aldea logo de moitos anos nun internado. Os seus titores son Buenaventura e Dorotea, que queren casala co seu fillo, Antonio. Porén, Rosa quere a Pablo, un pastor ao servizo de Buenaventura, e Antonio quere a Maruxa. Para se citaren cos seus amados, Rufo é o mordomo da casa, que procura evitar os encontros entre os amados. Maruxa, que é analfabeta, pídelle axuda a Rosa para lle escribir unha carta de amor a Pablo. Rosa aproveita para citalo media hora antes e ir ela ao encontro, pero Antonio descobre a misiva e aparecen os catro a un tempo.

Características editar

Foi unha produción de Celta Films, protagonizada por Paulette Landais e Florián Rey. Rodouse en Vigo e Sárdoma no verán de 1923, e estreouse o 11 de novembro dese mesmo ano no Cine Goya de Madrid. Non se conserva ningunha copia do filme. Os títulos tiñan unha versión en galego, escritos por Manuel Lugrís Freire.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Castro de Paz, José Luis, ed. (1996). Historia do cine en Galicia. Vía Láctea Editorial. p. 82-83. ISBN 84-89444-22-6.