Un melodrama[1] é unha obra dramática que esaxera as accións e as personaxes para dar pulo ás emocións.

Mélodrame, de Honoré Daumier (1856-1860), que representa unha típica escena parisiense como ocorría no Boulevard du Temple.

Etimoloxía editar

O termo mélodrame naceu na lingua francesa a principios do século XIX, derivado do grego melos 'música', é do francés drame 'drama', orixinado a partir do latín drāma, proveniente á súa vez do grego drān 'facer, actuar'.[2]

Historia editar

A comezos do século XVIII o melodrama era unha técnica combinada de fragmentos recitados e pezas con acompañamento musical. Os primeiros exemplos coñecidos son escenas da obra Sigismundus, de J. E. Eberlin (1753). O primeiro melodrama íntegro foi Pygmalion, de Jean-Jacques Rousseau, escrito en 1762 e estreado oito anos despois.

No século XIX, a influencia da ópera deu lugar a que moitas obras levasen tamén aberturas e música incidental. Por exemplo en 1826 Felix Mendelssohn escribiu unha abertura para A Midsummer Night's Dream, de William Shakespeare. Na época vitoriana tiveron grande éxito nos teatros os melodramas cunha dama en perigo pretendida por un malvado e polo bo mais non moi listo heroe.[3]

Algúns dos primeiros filmes mudos, como The Perils of Pauline tiñan argumentos semellantes, que logo tamén pasaron aos filmes falados.

Na actualidade o melodrama é un xénero especialmente popular en Asia.

Cinema editar

Os melodramas considéranse un subxénero dos filmes dramáticos. Presentan tramas relacionadas coas emocións humanas: amor fracasado, situacións familiares desesperadas, traxedias, enfermidades… En ocasións, o termo é empregado de maneira pexorativa, para indicar situacións pouco realistas e con personaxes estereotipadas.[4]

Porén, o xénero tamén deu lugar a grandes filmes coma os melodramas de Douglas Sirk.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para melodrama.
  2. Costello, Robert B. (1991). Random House, ed. Random House Webster's College Dictionary. Nova York. ISBN 978-0-679-40110-0. 
  3. Williams, Carolyn (2012). Cambridge University Press, ed. The New Cambridge History of English Literature: The Victorian Period (Melodrama). pp. 193–219. ISBN 9780521846257. 
  4. Dirks T. filmsite.org, ed. "Melodrama Films".