Manuel Piñeiro Antón

guerrilleiro antifranquista galego

Manuel Piñeiro Antón, coñecido como Manolo do Menor, nado en Soaserra (Cabanas) en 1913, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaManuel Piñeiro Antón
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata (110/111 anos)
Soaserra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesManolo do Menor Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Botouse ao monte logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. O seu grupo foi dos máis activos antes de 1939. Logo foi membro da guerrilla liderada por José Vázquez Mauriz "Patitas" e Ramiro Martínez López "Zapateiro" que actuou na comarca do Eume. Mantiña implícitas funcións de enlace cara a Lugo e A Coruña e de «xefatura por respecto». Participou no axustizamento do falanxista José Rodríguez Rivera con Jesús López Ardao e Ramón Fraga Couceiro, e na do falanxista José Calvo en Ombre. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros 21 guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. En Francia estableceu contacto cos irmáns Vilar Pereira. Marchou a Venezuela. En 1953 escribiu dende Venezuela ao Ministerio de Xustiza pedindo a anulación das causas que había contra el, pero denegáronlle a petición. Volveu nos anos oitenta e déronlle unha malleira por esixir diñeiro cando era guerrilleiro. Volveu marchar a Venezuela.

Vida persoal editar

Casou no exilio con Josefa Eibe Vilar.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar