José Vázquez Mauriz

guerrilleiro antifranquista galego

José Vázquez Mauriz, coñecido como Patitas, nado en Mugardos o 6 de xuño de 1905 e finado en 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJosé Vázquez Mauriz
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1905 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte1947 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Datos persoais
Outros nomesPatitas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Afiliado ao PCE. Coxo (de aí o alcume), escapou ao monte ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi procesado por rebelión militar en 1937 e declarado en rebeldía.[1] Foi o coordinador dos primeiros grupos guerrilleiros da comarca do Eume. Unha ferida recibida durante a guerra deixouno mancando. Ferido en 1945, foi curado por un médico de Pontedeume. Pertenceu á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, no mesmo grupo que Ramiro Martínez López. Con Adolfo Allegue Allegue participou na execución do xefe local da Falange de Mugardos Esteban Cortizas Vilar o 23 de xaneiro de 1946. Negouse a marchar a Francia en 1946. Defensor da unidade de acción sen ter en conta a filiación política, foi eliminado a finais de 1947 por orde do responsable Francisco Rey Balbís, ao que se tiña oposto moitas veces. Segundo outras fontes, tería sido executado polos seus compañeiros como consecuencia dunha violación.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 29-6-1937, p. 6.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Vázquez Arias, Juan Carlos (2017). "Fuxidos de Soaserra y Regoela (Cabanas)" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (24): 7–47. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2019. Consultado o 15 de agosto de 2021. 
  • Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 468–470. ISBN 978-84-1176-172-7. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar