Ramón Fraga Couceiro

guerrilleiro antifranquista galego

Ramón Fraga Couceiro, coñecido como Parará, Pedro e Saturno, nado en Centroña (Pontedeume) o 2 de febreiro de 1907 e finado en Sillobre no inverno de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaRamón Fraga Couceiro
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1907 Editar o valor em Wikidata
Centroña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1945 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Sillobre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesParará Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carpinteiro e inspector de arbitrios. Implicado nas protestas pola detención de José Varela Porca, Francisco Rodríguez Maroño e José María Blanco Barros acusados do incendio da igrexa de Castro, intentan detelo 13 de abril de 1936. Preséntase o 6 de maio e ingresa en prisión preventiva ata o 17, en que foi posto en liberdade provisional coa obriga de presentarse os sábados ante a Garda Civil. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Foi reclamado polo Goberno civil da Coruña en setembro de 1936.[1] Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e declarado en rebeldía. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en agosto de 1941.[2] Foi enlace da guerrilla na zona de Lugo. Despois dunha incursión en 1945 regresou á comarca de Eume e adoptou unha dobre actitude, actuou como guerrilleiro no grupo de José Vázquez Mauriz e Ramiro Martínez López e realizou ataques pola súa conta (parece que esquilmado aos veciños da Capela para comprar un barco para fuxir a Francia). As súas actividades delitivas motivaron a súa eliminación pola propia guerrilla no monte Marraxón (Sillobre) no inverno de 1945. O seu corpo foi atopado no monte Marraxón o 17 de xaneiro de 1946.

Vida persoal editar

Casou con María Allegue Ferraces e foi pai de catro fillos.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 26-9-1936, p. 4.
  2. Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 26-8-1941, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar