Manuel Fernández Rúa
político galego
Manuel Fernández Rúa, nado cara a 1888 e finado en Arzúa o 23 de outubro de 1974, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 |
Morte | 23 de outubro de 1974 (85/86 anos) Arzúa, España |
Alcalde de Arzúa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria editar
Inmigrante retornado de Cuba. Militante de Falange. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Arzúa en 1937. Foi cesado polo gobernador civil en xullo de 1939.[1] Volveu ser alcalde de Arzúa en 1944. Foi propietario da fábrica de gasosas La Ideal.[2] Finou en Arzúa o 23 de outubro de 1974.[3]
Predecesor: César Rodríguez Carril |
Alcalde de Arzúa 1937 - 1939 |
Sucesor: Juan Raposo Lamas |
Predecesor: Juan Raposo Lamas |
Alcalde de Arzúa 1944 - 1945 |
Sucesor: Antonio Mouriño Barbeito |
Vida persoal editar
Casou con Ramona Labandeira Sánchez, que finou en 1937, e foi pai de Manuel Fernández Labandeira.[4]
Notas editar
- ↑ El Compostelano, 14-7-1939, p. 2.
- ↑ Tres fábricas de gasesosas en Arzúa
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-10-1974, p. 46.
- ↑ El Ideal Gallego, 5-6-1937, p. 3.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Lanero Táboas, Daniel (2007). "Unha nova ollada á represión franquista en Galicia: Motivacións e extracción social dos represores. O caso de Arzúa" (PDF). Semata 19: 221–239. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016.