Juan Raposo Lamas

funcionario e político galego

Juan Raposo Lamas, nado en Arzúa en 1910 e finado na Coruña o 22 de novembro de 1999, foi un funcionario e político galego.

Infotaula de personaJuan Raposo Lamas
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Arzúa, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de novembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Melide
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Ramón Raposo Rivadulla e Carmen Lamas Rey. Fundador de Falange en Arzúa en agosto de 1935 e xefe das milicias de Falange. Aprobou as oposicións para secretario de xulgado municipal en maio de 1936.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Delegado de Orde Público de Arzúa. Presentou unha denuncia ante o xuíz de instrución municipal contra o alcalde republicano Juan Manuel Vidal García o 2 de agosto, que pé ao procedemento xudicial. Foi nomeado polo alcalde Jesús Souto Vilas oficial primeiro interino do Concello o 6 de agosto e logo de que fose cuberta a praza foi nomeado oficial segundo de secretaría o 24 de setembro. Foi xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS.[2] Foi nomeado alcalde de Arzúa en decembro de 1940.[3] Foi destituído do cargo polo gobernador civil en febreiro de 1942.[4][5] Volveu ser nomeado alcalde en 1944, permanecendo no cargo durante uns meses. Despois foi secretario do xulgado de Pontedeume,[6] oficial do de Lugo desde onde se trasladou ao xulgado número 3 da Coruña en 1967,[7] e finalmente ao de Santiago de Compostela.[8] Finou na Coruña o 22 de novembro de 1999.[9]


Predecesor:
Juan Pérez González
  
Alcalde de Arzúa
 
1940 - 1942
Sucesor:
César Rodríguez Carril
Predecesor:
Francisco García
  
Alcalde de Arzúa
 
1944
Sucesor:
Manuel Fernández Rúa

Vida persoal editar

Casou con María de los Dolores Pampín García, que finou en 1985, e foi pai de María Teresa, María Rosa e María Victoria Raposo Pampín.[10]

Notas editar

  1. El Compostelano, 9-5-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 19-3-1940, p. 9.
  3. El Correo Gallego, 3-12-1940, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 10-2-1942, p. 7.
  5. El Compostelano, 11-2-1942, p. 2.
  6. BOP A Coruña, 20-12-1944, p. 4.
  7. El Progreso, 24-5-1967, p. 4.
  8. La Noche, 21-11-1967, p. 10.
  9. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-11-1999, p. 85.
  10. La Voz de Galicia, 19-9-1985, p. 57.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar