Antonio Mouriño Barbeito

mestre e político galego

Antonio Mouriño Barbeito, nado na provincia da Coruña o 8 de marzo de 1907[1] e finado en Ponteareas o 5 de novembro de 1991, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaAntonio Mouriño Barbeito
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1907 Editar o valor em Wikidata
Provincia da Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de novembro de 1991 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Arzúa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Mestre de Boente. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro de Arzúa e síndico na comisión xestora presidida por Jesús Souto Vilas. Foi nomeado alcalde de Arzúa en 1945. Foi destituído como alcalde polo gobernador civil en marzo de 1945 por irregularidades no abastecemento xunto co primeiro tenente-alcalde Antonio Carril Vega, o secretario Antonio Callón Loureiro, o oficial José Varela Lamas e o axente receptor de cotas José Valiño Raposo.[2] En 1966 trasladouse a escola de Lugo.[3] Finou en Ponteareas o 5 de novembro de 1991.[4]

Predecesor:
Manuel Fernández Rúa
  
Alcalde de Arzúa
 
1945
Sucesor:
Rodríguez Paredes

Vida persoal editar

Foi pai de María de la Asunción, Matilde, Manuel, Lourdes e Pilar Mouriño Iglesias.

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 90. 
  2. El Correo Gallego, 10-3-1946, p. 1.
  3. La Voz de Galicia, 2-7-1966, p. 3.
  4. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-11-1941, p. 55.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar