Lusotropicalismo é un termo utilizado por primeira vez polo sociólogo brasileiro Gilberto Freyre[2] para describir o suposto carácter distintivo do imperialismo portugués no exterior,[2] propoñendo que os portugueses eran mellores colonizadores que outras nacións europeas.

Lisboa na década de 1570 tiña moita poboación de orixe africana. Uns eran escravos ou tratantes de escravos, outros eran libres e mesmo heroes. Había estatuas de santos pretos nas igrexas da cidade, bailes mestizos europeo-africanos e cociña de fusión.[1]

Freyre teorizou que debido ao clima máis cálido de Portugal e ao estar habitado por celtas, romanos, suevos, godos, mouros e outros pobos na época premoderna, os portugueses eran máis humanos, amigábeis e adaptábeis a outros climas e culturas. El viu as culturas de base portuguesa como culturas de expansión ecuménica. Freyre era favorábel ás independencias dos distintos países da comunidade lusófona sempre que non caísen baixo a órbita doutros imperialismos (soviética, norteamericana, belga, surafricana,…)[3]

A principios do século XX, Portugal era a potencia colonial europea con presenza territorial máis antiga no exterior; nalgúns casos os seus territorios foran continuamente asentados e gobernados polos portugueses durante cinco séculos. O lusotropicalismo celebrou elementos tanto reais como mitolóxicos da democracia racial e da misión civilizadora no Imperio portugués, abarcando unha actitude de mestizaxe cara ás colonias ou territorios de ultramar. A ideoloxía é mellor exemplificada na obra de Freyre.

Críticas e resposta de Freyre editar

O lusotropicalismo ten sido chamado de "espectro malévolo" que volve para perseguir a Portugal e indirectamente ao mundo lusófono, e que enmascara as desigualdades por cuestións de orixe no Portugal posimperial, tamén enmarcado en correntes máis amplas que tentan ignorar as operacións do racismo e a súa confluencia co capital e o patriarcado.[4]

A vida de Freyre, despois de publicar Casa-Grande e Senzala, converteuse nunha eterna fonte de explicación. Repetiu varias veces que non creou o mito dunha democracia racial e que o feito de que os seus libros recoñecesen a intensa mestura entre "razas" no Brasil non significaba falta de prexuízos ou discriminacións. Apuntou que moitas persoas afirmaron que os Estados Unidos foron unha "democracia exemplar" mentres que a escravitude e a segregación racial estiveron presentes na maior parte da historia dos Estados Unidos: [5]

"A interpretación dos que me queren situar entre os sociólogos ou antropólogos que dicían que nunca existiu o prexuízo de raza entre os portugueses ou os brasileiros é extrema. O que sempre suxerín é que tal prexuízo é mínimo... en comparación co que aínda existe noutros lugares, onde as leis aínda regulan as relacións entre os europeos e outros grupos". "Non é que os prexuízos raciais ou sociais relacionados coa complexión estean ausentes en Brasil. Existen. Pero a ninguén se lle ocorrería aquí Igrexas "só brancas". Ninguén en Brasil tería pensado en leis contra o matrimonio interracial... O espírito fraternal é máis forte entre os brasileiros que os prexuízos raciais, a cor, a clase ou a relixión. É certo que non se chegou á igualdade dende a fin da escravitude... Había prexuízos raciais entre os propietarios das plantacións, había distancia social entre os amos e os escravos, entre os brancos e os negros... Mais poucos brasileiros ricos estaban tan preocupados pola pureza racial como a maioría no Vello Sur"

[6]

A visión de Salazar editar

 
Marcelino da Mata, 1969. Converteuse no oficial militar portugués máis condecorado da historia do exército portugués .[7]
 
Eusébio da Silva Ferreira, futbolista portugués nado no Mozambique portugués, considerado un dos mellores futbolistas de todos os tempos.

Para apoiar as súas políticas coloniais, o ditador portugués António de Oliveira Salazar adoptou a noción de lusotropicalismo de Freyre ao afirmar que, dado que Portugal era unha nación multicultural, multirracial e pluricontinental desde o século XV, perder os seus territorios de ultramar en África e Asia desmembraría o país e acabaría coa independencia portuguesa. [8] En termos xeopolíticos, perder estes territorios diminuiría a autosuficiencia do Estado portugués.

Salazar resistiuse fortemente ás ideas de Freyre durante as décadas de 1930 e 1940, en parte porque Freyre afirmaba que os portugueses eran máis propensos que outras nacións europeas á mestizaxe. Adoptou o lusotropicalismo só despois de patrocinar a Freyre nunha visita a Portugal e algúns dos seus territorios de ultramar en 1951 e 1952. A obra de Freyre Aventura e Rotina foi o resultado desa viaxe.

De feito, a estrela deportiva máis destacada de Portugal, Eusébio, e o militar máis condecorado das Forzas Armadas Portuguesas, Marcelino da Mata, baixo o réxime do Estado Novo deseñado e dirixido por António de Oliveira Salazar, eran ambos cidadáns nados e criados nos territorios africanos de Portugal.

Notas editar

  1. "A presença africana é a mais importante que temos" (Diário de Notícias) https://www.dn.pt/sociedade/a-presenca-africana-e-a-mais-importante-que-temos-5336490.html
  2. 2,0 2,1 Lusotropicalism. 14 de outubro de 2017. ISBN 9780807831991. 
  3. "El lusotropicalismo de Gilberto Freyre como crítica barroca a la mixofobia de la modernidad burguesa". Práticas da história. Consultado o 8-2-2022. 
  4. Medeiros, Paulo de (2018-01-01). "Exit Ghost: Reading Lusotropicalism as Fetish (with Adorno)". PORTUGUESE STUDIES REVIEW (en inglés). 
  5. "Google". Consultado o 2022-02-09. 
  6. "a-importancia-de-gilberto-freyre-para-a-construcao-da-nacao-brasileira-parte-ii". 11 de decembro de 2009. 
  7. "Marcelino da Mata, biografia". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2009. Consultado o 2009-11-06. 
  8. Miguel Vale de Almeida, Portugal’s Colonial Complex: From Colonial Lusotropicalism to Postcolonial Lusophony Arquivado 12 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Castelo, Cláudia, O Modo Português de estar no Mundo' O luso-tropicalismo e a ideologia colonial portuguesa (1933–1961) . Porto: Edições Afrontamento, 1999.
  • Cahen, Michel, "'Portugal is in the Sky': Conceptual Considerations on Communities, Lusitanity and Lusophony", en E.Morier-Genoud & M.Cahen (eds), Imperial Migrations. Colonial Communities and Diaspora in the Portuguese World, Londres: Palgrave, 2012
  • Nery da Fonseca, Edson. Em Torno de Gilberto Freyre . Recife: Editora Massangana, 2007. ISBN13: 9788570194619
  • Nery da Fonseca, Edson. Gilberto Freyre de A a Z – Referências essenciais á súa vida e obra . Río de Janeiro: Zé Mario Editor, 2002.
  • Vakil, Abdoolkarim, "'Mundo Pretuguês': Colonial and Postcolonial Diasporic Dis/articulations", en E.Morier-Genoud & M.Cahen (eds), Imperial Migrations. Colonial Communities and Diaspora in the Portuguese World, Londres: Palgrave, 2012. ISBN13: 9780230353695
  • Villon, Víctor. O Mundo Português que Gilberto Freyre Criou – seguido de Diálogos com Edson Nery da Fonseca . Río de Xaneiro, Vermelho Marinho, 2010. ISBN: 9788562851728