António de Oliveira Salazar

ditador portugués


António de Oliveira Salazar, nado en Vimieiro, Santa Comba Dão, o 28 de abril de 1889 e finado en Lisboa o 27 de xullo de 1970, foi un ditador portugués, profesor universitario e estadista. Exerceu como primeiro ministro entre 1932 e 1968 e interinamente a Presidencia da República en 1951. Foi a cabeza e principal figura do chamado Estado Novo, que abarcou o período entre 1926 e 1974, se ben o réxime non se consolidou coma tal ata 1933.

Infotaula de personaAntónio de Oliveira Salazar

(1968) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1889 Editar o valor em Wikidata
Vimieiro, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1970 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Embolia pulmonar Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSanta Comba Dão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente da República Portuguesa interino (pt) Traducir
18 de abril de 1951 – 9 de agosto de 1951
100º Primeiro ministro de Portugal
5 de xullo de 1932 – 27 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , pedagogo , político , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnião Nacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0211397 Discogs: 4047974 WikiTree: Oliveira_Salazar-1 Find a Grave: 8554683 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi ministro das Finanzas entre 1928 e 1932. Entre 1932 e 1968 foi o estadista que dirixiu os destinos de Portugal, co cargo de Presidente do Consello de Ministros (primeiro ministro). Foi fundador e xefe da Unión Nacional (partido único durante o Estado Novo) a partir de 1931. Tamén foi o fundador e principal mentor do Estado Novo (1933-1974), substituíndo a ditadura militar (1926-1933). Tamén exerceu o cargo de Presidente interino da República, mais só no ano de 1951.

En abril de 1937 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e mais Ramón Suárez Picallo enviáronlle unha carta na que dicían:

Vostede será para os supervivintes de Galiza algo menos ca un asasino, será un cómplice de asasinos.[1]

Salazar e Francisco Franco editar

Durante a guerra civil española, comezada en xullo de 1936, Salazar non dubidou en apoiar a Franco dende o primeiro momento. De aí o enorme prestixio gañado por Portugal entre os franquistas. Pouco antes do final da guerra, Salazar nomeou a Pedro Teotónio Pereira para a función de Axente Especial do Goberno Portugués xunto ao Goberno de Franco. Teotonio Pereira chegou a Salamanca en xaneiro de 1938, encontrando unha atmosfera de grande simpatía cos diplomáticos alemáns e italianos e de grande hostilidade cos diplomáticos dos restantes países. Teotónio Pereira pronto comezou a contrarrestar este ambiente e Portugal tivo un papel fundamental na disuasión do aliñamento de España coas Potencias do Eixo, na creación dun bloque ibérico neutro e na aproximación de España aos Aliados.

Nunha entrevista ao xornal francés Le Figaro, a 13 de xaneiro de 1958, Franco afirmaba que:

O home de Estado máis completo, máis respectable de entre tódolos que coñecín, eu direille: Salazar. Teño aquí un personaxe extraordinario, pola súa intelixencia, o sentido político, a humanidade. A súa maior eiva é, talvez, a modestia.
Francisco Franco (en castelán)

Salazar tiña tamén unha grande admiración por outro ditador fascista, Benito Mussolini, tendo incluso unha fotografía do ditador italiano na súa secretaría de traballo.[2]

Notas editar

  1. Un juicio duro sobre Oliveira Salazar, ABC, 27 de abril de 1937, páx. 11 (en castelán).
  2. "As lamentáveis referências da referência de tantos" (en portugués). 21 de novembro de 2008. 

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.