A lingua yaqui (ou hiaki), coñecida localmente como yoeme ou yoem noki, é unha lingua nativa americana da familia uto-azteca. Fálana uns 20.000 membros do pobo yaqui, no estado mexicano de Sonora e alén da fronteira en Arizona, nos Estados Unidos. É parcialmente intelixible coa lingua mayo, tamén falada en Sonora, e xuntas compoñen o grupo de linguas cahitas.

Yaqui
Yoem Noki
Pronuncia:[joʔem noki]
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
México
Rexións: Arizona, Sonora
Total de falantes: 20.000 en México(censo de 2020)[1]
640 nos Estados Unidos (censo de 2015)
Familia: Linguas uto-aztecas
 Linguas cahitas
  Yaqui
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: yaq
Mapa
Status

O yaqui está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Revitalización e ensino da lingua editar

En 2009, o Consello Tribal Pascua Yaqui e a Universidade de Arizona colaboraron nun programa no que os anciáns das tribos ensinan a lingua yaqui ás familias.[3] A partir de 2010, estaba en marcha un proxecto de revitalización na universidade, "usando cintas de hai 30 anos gravadas pola membro da tribo Maria Leyva".[4] A partir de 2012, "Calquera material didáctico, ferramentas, leccións, arquivos sonoros, etc.", no sitio web da Tribo Pascua Yaqui estaba "restrinxido só a 'Membros inscritos tribalmente'".[5]

Notas editar

  1. Lenguas indígenas y hablantes de 3 años y más, 2020 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. INEGI. Censo de Población y Vivienda 2020.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Corey Schubert (2009-02-27). "Tribal council selects ASU project for use in schools - ICTMN.com". Indian Country Today Media Network. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 2012-09-29. 
  4. "Saving the Yaqui language". KVOA.com (Tucson, Arizona). 2010-06-15. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 2012-09-29. 
  5. "Language". Pascua Yaqui Tribe. Consultado o 2012-09-29. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar