Linguas de México

idiomas ou variedades lingüísticas faladas no territorio mexicano
Linguas de México1
Lingua Falantes
Azteca (Nahuatlahtolli) 1 659 029
Maia iucateca (Maaya t'aan) 892.723
Mixteco (Tu'un savi) 510.801
Zapoteco (Binizaa) 505.992
Tzotzil (Batzil k'op) 356.349
Tzeltal (K'op o winik atel) 336.448
Otomí (Hñähñü) 327.319
Totonaco (Tachiwin) 271.847
Mazateca (Ha shuta enima) 246.198
Chol (Ch'ol wiñik) 189.599
Huasteco (Téenek) 173.233
Chinanteco (Tsa jujmí) 152.711
Mazahua (Jñatio) 151.897
Purépecha (P'urhépecha) 136.388
Mixe (Ayüük) 135.316
Tlapaneco (Me'phaa) 119.497
Tarahumara (Rarámuri) 87.721
Zoque (O'de püt) 60.093
Amuzgo (Tzañcue) 48.843
Chatino (Cha'cña) 47.762
Tojolabʼal (Tojolwinik otik) 44.531
Popoluca (Tuncápxe) 44.237
Chontal de Tabasco (Yokot t'an) 43.850
Huichol (Wixárika) 36.856
Mayo (Yoreme) 34.770
Tepehuano (O'dami) 30.339
Triqui (Tinujéi) 24.491
Cora (Nayeeri) 19.512
Popoloca 18.926
Huave (Ikoods) 16.135
Cuicateco (Nduudu yu) 15.078
Yaqui (Yoeme) 15.053
Kanjobal (K'anjobal) 10.833
Tepehua (Hamasipini) 10.625
Pame (Xigüe) 9.768
Mame (Qyool) 8.739
Chontal de Oaxaca (Slijuala sihanuk) 5.534
Chuj 2.143
Tacuate 2.067
Chichimeca jonaz (Uza) 1.987
Guarijío (Makurawe) 1.905
Matlatzinca (Botuná) 1.500
Chocho (Runixa ngiigua) 1.078
Pima (O'odham) 836
Qʼeqchiʼ (K'ekchí) 835
Lacandón (Hach t'an) 731
Jacalteco (Abxubal) 584
Ocuilteco (Tlahuica) 522
Seri (Cmiique iitom) 518
Ixcateco 406
kʼicheʼ (Q'iché) 286
Kakchiquel (K'akchikel) 230
Paipai (Akwa'ala) 221
Cucapá (Es péi) 206
Motocintleco (Qatok) 186
Kumiai (Ti'pai) 185
Pápago (Tohono o'odam) 153
Kikapú (Kikapooa) 144
Ixil 108
Cochimí (Laymón, mti'pá) 96
Kiliwa (Ko'lew) 55
Aguacateco 27
Outras linguas 2 337

1 Non inclúe o español, falado por máis do 99% da poboación
2 Non inclúe o ópata, o solteco e o papabuco

Fonte: CDI (2000) [1] Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.

As linguas faladas en México son moitas, como as ducias de linguas indíxenas e linguas doutras partes do mundo. México é a nación castelanfalante máis poboada do mundo, con 103,2 millóns de habitantes [1], dos cales a maioría fala a lingua española. Constitucionalmente, non existe unha declaración oficial que faga desa lingua de filiación latina a lingua oficial do país, que de facto ocupa este papel.

Desde 1992, a Constitución Mexicana define o país como nación "pluricultural", en recoñecemento dos pobos indíxenas. Oficialmente o goberno recoñece 65 linguas indíxenas, que de acordo coa Lei dos Dereitos Lingüísticos de 2001, son "linguas nacionais" en igualdade de condicións con respecto á castelán; isto é, coa "mesma validez no seus territorios" [2]. Así, polo exemplo, a partir do ano 2005, o goberno oficializou a tradución do himno nacional ás linguas indíxenas.

A clasificación das linguas indíxenas faladas en México tende a agrupar dialectos da mesma familia, aínda mesmo no caso destas seren inintelixíbeis entre si: por exemplo, o goberno recoñoce a lingua azteca e o náhuatl como unha soa lingua, a pesar de que as variacións dialectais que falan os aztecas da Serra de Puebla, e os aztecas de Morelos son significativas. Por todo isto, algúns lingüistas tenden a elevar esta cifra a máis de 100, clasificando estes dialectos como linguas separadas.

As linguas indíxenas son faladas por pouco máis de 12,7 millóns de persoas maiores de 5 anos, o que equivale ao 13,1% da poboación nacional nese rango (1995)[3]. A maior parte concéntrase na rexión sur do país, mais tamén existen comunidades importantes no centro e nalgúns sectores do Pacífico e do golfo de México.

Linguas indíxenas de México
Linguas con máis de 100 mil falantes Linguas entre 20 mil e 100 mil falantes Linguas con menos de 20 mil falantes

Notas editar

  1. Conteo INEGI 2005.
  2. "Lei de Dereitos Lingüísticos, formato pdf" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2007. 
  3. Linguas indíxenas de México Arquivado 11 de novembro de 2017 en Wayback Machine., no sitio en internet da Comisión Nacional para o Desenvolvemento dos Pobos Indíxenas, consultada o 10 de xaneiro de 2007.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar