O cucheano, que é chamado dunha maneira impropia coma tocario B, é unha lingua, xa extinta, da familia de linguas indoeuropeas falada ata o final do primeiro milenio d. C. na rexión de Cucha (Kucha), actual provincia de Xinxiang (Xinjiang), no oeste da China. Falábase tamén máis ao leste, nas rexións de Caraxahar (Karashahr) e de Turfán (Turfán), onde coexistía co añeano/turfanio ou tocario A, que foi emparentada estreitamente con el.

Cucheano
Kuśiññe
Falado en: China
Rexións: Rexión Autónoma de Xinxiang, Conca do Tarim
Total de falantes: Lingua morta dende o milenio I, aproximadamente
Familia: Indoeuropea
 Tocario
  Cucheano
Escrita: Alfabeto siríaco
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non. Lingua morta
Regulado por: Non existe
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: ine
ISO 639-3: txb
SIL: txb
Mapa
Localización de Cuchar na Rexión Autónoma de Xinxiang onde se falaba o cucheano.
Status

Os documentos cucheanos editar

Atopáronse un pouco máis de 3.000 follas ou fragmentos de follas que levaban un texto en cucheano. Isto permitiu coñecer só unha pequena parte do vocabulario cucheano. A maioría destes textos son de inspiración búdica. Hai tamén documentos administrativos, económicos e xurídicos, textos médicos ou máxicos, así coma un poema de amor (citado no artigo civilización cucheana). Ao pé dunha antiga torre de garda, preto de Cucha, Paul Pelliot atopou unha centena de pases para caravanas en cucheano. Da rexión de Turfán, proveñen os fragmentos de manuais de sánscrito para uso dos cucheanófonos.

Todos estes documentos datan da segunda metade do milenio I.

O reino de Cucha que foi o Estado máis importante da conca do Tarim, e isto daba naturalmente á súa lingua unha certa importancia ou un certo esplendor. Sabemos que sogdianos budistas, na región de Samarcanda, lían traducións de textos cucheanos. No curso do século VIII, os seguidores da fe maniquea oriental instalan a súa sede en Turfán adoptando a lingua cucheana, pero usando a escritura de seu, derivada do alfabeto siríaco (os tocarios usaban habitualmente unha escritura de orixe indiana, a brāhmī). Coñecemos un himno a Mani, así coma un himno a Xesús, redactado en cucheano esta escritura.

Morfoloxía nominal editar

Os substantivos en cucheano teñen masculino e feminino. O neutro, que é común a tódalas linguas indoeuropeas, practicamente desapareceu: os antigos substantivos neutros convértense en masculinos no singular e femininos no plural. Só os pronomes demostrativos conservaron a formas neutras xunto coas formas masculinas e femininas.

No que concirne ao número, o cucheano conta co singular, o plural, o paral (utilizado para dou obxectos que forman parellas naturais: ek «ollo», eśane ou eśne «ambos ollos»), o dual (utilizado para dous obxectos que forman parellas ocasionais), así coma o plurativo, que permite individualizar os elementos dun conxunto. O plurativo de ost «casa» é ostuwaiwenta «das casas, tomadas unha por unha».

Existen catro casos básicos, exemplificados aquí coa forma singular do substantivo eṅkwe «home» :

  1. nominativo:eṅkwe (a palabra "home" utilízase como suxeito);
  2. vocativo: eṅkwa ("home!");
  3. oblicuo, que se corresponde co acusativo: eṅkwen (a palabra "home" utilízase como complemento de obxecto);
  4. xenitivo: eṅkwentse ("dun home").

Dun substantivo ao caso oblicuo, engadimos sufixos para formar seis casos secundarios:

  1. O perlativo: eṅkwentsa ("nun home"). Este caso serve para describir un contacto coa superficie ou co bordo dun obxecto, ao contrario do locativo, que expresa unha presenza no interior dun obxecto. Tamén ten un significado temporal: para dicir "durante tal ano" emprégase o perlativo. Finalmente, o sufixo -sa pode traducirse como "por medio de".
  2. O comitativo: eṅkwenmpa ("cun home").
  3. O causal. Pouco utilizado.
  4. O alativo: eṅkwenśc ("cara a un home").
  5. O ablativo: eṅkwenmen ("deixando, abandonando un home"). O sufixo -men tradúcese tamén como "excepto".
  6. O locativo: eṅkwenne ("dentro dun home").

A desinencia oblicua -n non se aplica máis que a algúns substantivos que designan seres humanos, cunha soa excepción: a forma oblicua de ku «can» é kwen. Existen outras desinencias, e ás veces, a forma oblicua non se distingue da nominativa: a forma oblicua de yakwe «cabalo» é yakwe.

As formas do plural de «home» son idénticas ás do singular en tódolos casos, agás no nominativo (eṅkwi «homes») e no xenitivo (eṅkwents).

En cucheano coma en galego, os adxectivos concordan cos substantivos que determinan. Isto permite saber se un substantivo é masculino ou feminino. En galego, é máis ben o xénero do artigo que acompaña un substantivo o que permite coñecer o xénero deste (dicimos o barco e non barco, por tanto barco é masculino), pero en cucheano, non existe artigo. Sabemos pois que olyi «barco» é feminino porque hai que escribir orotstsa olyi «gran barco» e non orotstse olyi «gran barco». Nos documentos cucheanos, os substantivos que non sempre son acompañados por adxectivos, ignórase o xénero dalgúns (coma ost «casa»).

Existen catro clases flexionais de adxectivos, que se distinguen polas súas formas de nominativo e de oblicuo plural no masculino. Velaquí como se efectúa a flexión de orotstse «grande», adxectivo da clase I (c pronúnciase como ch):

Masculino Feminino
Singular Nominativo orotstse orotstsa
Xenitivo oroccepi ?
Oblicuo orocce orotstsai
Plural Nominativo orocci orotstsana
Xenitivo orotstsents orotstsanants
Oblicuo oroccen orotstsana

Outra maneira de coñecer o xénero dun substantivo é atopalo na compaña dun pronome demostrativo. Velaquí como se efectúa a flexión do pronome se «este, iste, estoutro». O neutro só se distingue no singular:

Masculino Feminino Neutro
Singular Nominativo se te
Xenitivo cwi, cpi tāy tentse
Oblicuo ce te
Plural Nominativo cai, cey toy
Xenitivo cents tonts
Oblicuo cen toy

Así, «este gran barco» traducirémolo ao nominativo por sā orotstsa olyi. Para dicir «atravesa o mar con (por medio de) este gran barco», tomamos este grupo nominal poñendo tódalas súas palabras en oblicuo e engadímoslle o sufixo do perlativo -sa, ficando así: su tā orotstsai olyisa lyam kätkāṣtär (a palabra lyam «mar» está en oblicuo, que tanto para esta palabra coma para olyi, son iguais no nominativo).

Morfoloxía verbal editar

O cucheano conta con catro series de desinencias:

  1. As desinencias de indicativo presente e de subxuntivo.
  2. As desinencias de optativo e de imperfecto.
  3. As desinencias de pretérito.
  4. As desinencias de imperativo.

Cada serie existe nunha versión activa e nunha versión media. Esta maneira de conxugar é familiar para falante de grego antigo, mais a semellanza é moi distante. A vogal temática repártese, segundo a persoa e o número, da maneira seguinte en grego e en cucheano:

Grego Cucheano
Singular 1ª persoa o e
2ª persoa ε ä
3ª persoa ε ä
Plural 1ª persoa o e
2ª persoa ε ä
3ª persoa o e

Certos verbos poden ten varias clases de presente ou de subxuntivo. É o caso de kätk- «atravesar», citado máis arriba.

A continuación amósase a conxugación completa do verbo yām- «facer» en forma activa:

Presente Imperfeito Subxuntivo Optativo Pretérito Imperativo
Clase IX: yāmäsk-ä/e- Clase I: yām- Classe IV: yāmäṣṣa- pyām-
Singular 1ª persoa yamaskau yamaṣṣim yāmu yamīm yamaṣṣawa pyām
2ª persoa yamast yamaṣṣit yāmt yamīt yamaṣṣasta
3ª persoa yamaṣṣän yamaṣṣi yāmän yāmi yamaṣṣa
Plural 1ª persoa yamaskem yamaṣṣiyem yamem yamiyem yamaṣṣam pyāmtso
2ª persoa yamaścer yamaṣṣicer yāmcer yamīcer yamaṣṣaso
3ª persoa yamasken yamaṣyen yāmen yamiyen yamaṣṣare

E en forma media:

Presente Imperfeito Subxuntivo Optativo Pretérito Imperativo
Clase IX: yāmäsk-ä/e- Clase I: yām- Classe IV: yāmäṣṣa- pyām-
Singular 1ª persoa yamaskemar yamaṣṣimar yāmmar yamīmar yamaṣṣamai pyāmtsar
2ª persoa yamasketar yamaṣṣitar yāmtar yamītar yamaṣṣatai
3ª persoa yamastär yamaṣṣitär yāmtär yāmitär yamaṣṣate
Plural 1ª persoa yamaskemtär yamaṣṣiyemtär yamamtär yamīyemtär yamaṣṣamte pyāmtsat
2ª persoa yamastär yamaṣṣitär yāmtär yamītär yamaṣṣat
3ª persoa yamaskentär yamaṣṣiyentär yāmantär yamiyentär yamaṣṣante

O participio presente é yamaṣṣeñca no activo e yamaskemane no medio. A partir do participio pretérito yāmo-, pódese construír un substantivo como yāmor « o feito de facer,o acto". Os cucheanos utilizárono para traducir o sánscrito karma « acto ». O infinitivo constrúese sempre sobre o subxuntivo : yāmtsi.

O participio pretérito compórtase como un adxectivo da clase IV:

Masculino Feminino
Singular Nominativo yāmu yāmusa
Xenitivo yāmoṣepi ?
Oblicuo yāmoṣ yāmusai
Plural Nominativo yāmoṣ yāmuwa
Xenitivo yāmoṣānts yāmuwants
Oblicuo yāmoṣän yāmuwa

Léxico cucheano editar

Este léxico comprende palabras de etimoloxía clara. Non é o caso, por exemplo, do verbo yām-.

  • anāsk- «respirar», grego anemos «respiración, vento», latín animus «espírito, alma», irlandés antigo ana «respiración», gótico uzanan «exhalar».
  • «por que?», latín quā «como?».
  • ken «terra», irlandés antigo du, latín humus < *homus, eslavo antigo zemlja, albanés dhe, lituano zeme.
  • kokale «carro», grego kuklos «círculo, roda», sánscrito cakra- «círculo, roda», inglés antigo hweol «roda».
  • ñuwe «novo», latín novus, grego néos, sánscrito nava-, hitita newa-.
  • procer «irmán», latín frater, persa antigo brātar, prusiano antigo broti.
  • ru- «abrir», latín rus «campiña», irlandés antigo roe «eido, campo aberto», avéstico ravah- «espazo aberto», inglés room «lugar, espazo, habitación».
  • śu- «comer», lituano ziaunos «mandíbula», eslavo antigo zvati «mastigar», inglés chew «mastigar».
  • yente «vento», latín ventus, inglés wind, hitita hwant-, sánscrito vāta-.
  • iriye «año», grego aren «año», arménien garn «año», sanskrit uran- «año».