Alfabeto siríaco

Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa

O alfabeto siríaco úsase para escribir a lingua siríaca desde máis ou menos o século II. É un dos abjads semíticos que descende directamente do alfabeto protocananeo.

Libro do século XI na variante Serto do siríaco.

Notas xerais editar

O siríaco escríbese de dereita a esquerda. É unha escritura cursiva (ligada), onde algunhas letras están conectadas dentro da mesma palabra, pero non todas. O alfabeto consta de 22 letras, todas consoantes. Os sons vocálicos coñécense quer pola memoria do lector quer pola puntuación (un sistema de marcas diacríticas para indicar a lectura correcta). De feito, hai tres letras que actúan como matres lectionis: máis que seren consoantes, indican unha vogal. A primeira letra, 'Ālaph, a miúdo representa un ataque glotal, pero tamén indica unha vogal ao inicio ou ao final dunha palabra. A letra Waw é tecnicamente unha w, pero pode tamén representar as vogais o e u. Do mesmo xeito, a letra Yōdh representa a consoante y, pero tamén está polas vogais i e e.

Formas do alfabeto siríaco editar

Hai tres variantes principais do alfabeto siríaco. A forma máis antiga e clásica do alfabeto é o Estrangelā (o nome deriva da descrición grega στρόγγυλη, strongylē, 'redondo'). Aínda que o Estrangelā xa non se usa como a principal forma de escritura do siríaco, tivo un rexurdimento: emprégase en publicacións escolares (por exemplo na versión da Universidade de Leiden do Peshitta), en títulos e inscricións.

O dialecto siríaco occidental adoita escribirse na forma Sertā ('liña') do alfabeto, tamén coñecido como escritura Maronita ou Xacobita. A maioría das letras derivan claramente do Estrangelā, pero con liñas simplificadas e lixeiras. O alfabeto árabe baséase no alfabeto nabateo, que se baseou nesta forma de escritura siríaca. A escrita occidental marca normalmente as vogais mediante as letras vocálicas gregas en miniatura enriba ou embaixo da letra á que seguen: Α (alfa maiúsculo) representa a, α (alfa minúsculo) representa ā (pronunciado como un o), ε (épsilon minúsculo) representa e e ē, Ι (iota maiúsculo) representa ī, e un símbolo combinado de Υ (ípsilon maiúsculo) e ο (ómicron minúsculo) representa ū.

O dialecto siríaco oriental escríbese normalmente na forma Madnhāyā ('oriental') do alfabeto. Outros nomes para a escrita inclúen Asirio (non confundir co nome tradicional do alfabeto hebreo), Caldeo, e, impropiamente, 'Nestoriano', un termo que se usou ao principio para designar os cristiáns que vivían no Imperio Persa. A escritura oriental parécese ao Estrangelā máis cá occidental. A escrita oriental usa un sistema de puntos enriba ou embaixo das letras para indicar as vogais.

Cando o árabe empezou a ser a lingua dominante no Crecente Fértil, houbo textos que se escribiron en árabe coa escritura siríaca. Estes textos reciben normalmente o nome de Karxuni ou Garxuni.

escritura siríaca Estrangelā editar

Letra Formato
normal
Final
ligada
Final
non ligada
Carácter Unicode Pronunciación
'Ālaph       ܐ ʔ (oclusiva glotal xorda)
ou mudo
Bēth       ܒ forte: b (oclusiva bilabial sonora)
suave: v (fricativa labiodental sonora) ou w (aproximante labiovelar)
Gāmal       ܓ forte: g (oclusiva velar sonora)
suave: ɣ (fricativa velar sonora)
Dālath       ܕ forte: d (oclusiva alveolar sonora)
suave: ð (fricativa dental sonora)
      ܗ h (fricativa glotal xorda)
Waw       ܘ consoante: w (aproximante labiovelar)
mater lectionis: u (vogal posterior redondeada) ou o (vogal central redondeada)
Zayn       ܙ z (fricativa alveolar sonora)
Hēth ou Khēth       ܚ ħ (fricativa faringal xorda)
Tēth       ܛ (oclusiva alveolar xorda faringalizada)
Yōdh       ܝ consoante: j (aproximante palatal sonora)
mater lectionis: i (vogal anterior pechada non redondeada) ou e (vogal anterior semipechada non redondeada)
Kāph       ܟ forte: k (oclusiva velar xorda)
suave: x (fricativa velar xorda)
Lāmadh       ܠ l (aproximante lateral alveolar)
Mīm       ܡ m (nasal bilabial)
Nūn       ܢ n (nasal alveolar)
Semkath       ܣ / ܤ s (fricativa alveolar xorda)
      ܥ ʕ (fricativa faringal sonora)
      ܦ forte: p (oclusiva bilabial xorda)
suave: f (fricativa labiodental xorda) ou w (aproximante labiovelar)
Sādhē       ܨ (fricativa alveolar xorda faringalizada)
Qōph       ܩ q (oclusiva uvular xorda)
Rēš       ܪ r (vibrante alveolar)
Šīn       ܫ ʃ (fricativa postalveolar xorda)
Taw       ܬ forte: t (oclusiva alveolar xorda)
suave: θ (fricativa dental xorda)
          Lāmadh e 'Ālaph combinadas
en final de palabra
          Taw e 'Ālaph combinadas
en final de palabra

Escritura siríaca Madnhāyā (oriental) editar

Letra Formato
normal
Final
ligada
Final
non ligada
Carácter Unicode Pronunciación
'Ālaph       ܐ ʔ (oclusiva glotal xorda)
ou mudo
Bēth       ܒ forte: b (oclusiva bilabial sonora)
suave: v (fricativa labiodental sonora) ou w (aproximante labiovelar)
Gāmal       ܓ forte: g (oclusiva velar sonora)
suave: ɣ (fricativa velar sonora)
Dālath       ܕ forte: d (oclusiva alveolar sonora)
suave: ð (fricativa dental sonora)
      ܗ h (fricativa glotal xorda)
Waw       ܘ consoante: w (aproximante labiovelar)
mater lectionis: u (vogal posterior pechada redondeada) ou o (vogal posterior semipechada redondeada)
Zayn       ܙ z (fricativa alveolar sonora)
Hēth ou Khēth       ܚ ħ (fricativa faringal xorda)
Tēth       ܛ (oclusiva alveolar xorda faringalizada)
Yōdh       ܝ consoante: j (aproximante palatal sonora)
mater lectionis: i (vogal anterior pechada non redondeada) ou e (vogal anterior semipechada non redondeada)
Kāph       ܟ forte: k (oclusiva velar xorda)
suave: x (fricativa velar xorda)
Lāmadh       ܠ l (aproximante lateral alveolar)
Mīm       ܡ m (nasal bilabial)
Nūn       ܢ n (nasal alveolar)
Semkath       ܣ / ܤ s (fricativa alveolar xorda)
      ܥ ʕ (fricativa faringal sonora)
      ܦ forte: p (oclusiva bilabial xorda)
suave: f (fricativa labiodental xorda) ou w (aproximante labiovelar)
Sādhē       ܨ (fricativa alveolar xorda faringalizada)
Qōph       ܩ q (oclusiva uvular xorda)
Rēš       ܪ r (vibrante alveolar)
Šīn       ܫ ʃ (fricativa postalveolar xorda)
Taw       ܬ forte: t (oclusiva alveolar xorda)
suave: θ (fricativa dental xorda)
          Forma de 'Ālaph tras Lāmadh
          Taw e 'Ālaph combinadas en final de palabra cando Taw está ligada á letra precedente

O siríaco en Unicode editar

O rango do Unicode siríaco é U+0700 ... U+074F.

    0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 A B C D E F
700   ܀ ܁ ܂ ܃ ܄ ܅ ܆ ܇ ܈ ܉ ܊ ܋ ܌ ܍ ܎ ܏
710   ܐ ܑ ܒ ܓ ܔ ܕ ܖ ܗ ܘ ܙ ܚ ܛ ܜ ܝ ܞ ܟ
720   ܠ ܡ ܢ ܣ ܤ ܥ ܦ ܧ ܨ ܩ ܪ ܫ ܬ ܭ ܮ ܯ
730   ܰ ܱ ܲ ܳ ܴ ܵ ܶ ܷ ܸ ܹ ܺ ܻ ܼ ܽ ܾ ܿ
740   ݀ ݁ ݂ ݃ ݄ ݅ ݆ ݇ ݈ ݉ ݊ ݋ ݌ ݍ ݎ ݏ

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar