Karma (do sánscrito कर्म karmam; en pali, Kamma) significa acción. O termo ten uso relixioso dentro das doutrinas budista, hinduísta e xainista. Foi posteriormente adoptado tamén pola Teosofía, polo Espiritismo e por un subgrupo significativo do movemento New Age.

Nó sen fin.
Nó sen fin.
Roda de oracións de templo nepalí.
Roda de oracións de templo nepalí.
Os símbolos do karma son motivos comúns en Asia. O nó sen fin simboliza a ligazón entre a causa e o efecto, o ciclo kármico que continúa eternamente. O nó sen fin é visible no centro da roda de oracións.

Non obstante, débese notar que non hai moita consistencia de uso do termo ou de interpretación do seu significado. As relixións utilizan o termo karma para expresar un conxunto de accións dos homes e as súas consecuencias. Este termo, na física, é equivalente á lei: "Para toda acción existe unha reacción de forza e sentido contrario". Neste caso, para toda acción realizada polo ser humano, este pode esperar unha reacción. Se practicou o mal, entón recibirá de volta un mal en intensidade equivalente ao mal causado. Se practicou o ben, entón recibirá de volta un ben en intensidade equivalente ao ben causado. Dependendo da doutrina e dos dogmas da relixión discutida, este termo pode parecer diferente, porén a súa esencia focalízase sempre nas accións e nas súas consecuencias.

Karma segundo o Budismo editar

No Budismo, kamma ou karma é a palabra para "acto" ou "acción", e nese sentido úsase a palabra en textos máis antigos para ilustrar a importancia de desenvolver actitudes e intencións correctas. Considérase que por xerar karma os seres están presos ao Samsara, e polo tanto a meta última da práctica budista é extinguir o karma.

Non todas as ramas do Budismo lle dan importancia ao karma, como por exemplo a rama zen.

Karma segundo o Esoterismo editar

Algúns movementos esotéricos adoitan falar do karma no sentido de "conxunto de deméritos acumulados" e en dharma como "conxunto de méritos acumulados" (polo tanto o contrario de karma). Esa terminoloxía non é consistente co uso tradicional das relixións orientais, principalmente porque dharma significa ensino ou verdade en vez de mérito ou virtude.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Karma segundo o Budismo editar

Karma (ou Carma) segundo o Espiritismo editar

Karma segundo o Hinduísmo editar