Lingua huichol

lingua indíxena de México

O huichostle ou huichol é unha lingua da familia uto-azteca falada en México polo pobo huichol, que se chama a si mesmo Wixarika e que habita nos estados mexicanos de Nayarit como grupo maioritario, Xalisco, Durango e Zacatecas. A lingua está recoñecida pola "Lei de Dereitos Lingüísticos" como unha "lingua nacional" de México, xunto con outras 62 linguas indíxenas e o castelán.[4] O nome huichol provén da adaptación ó náhuatl do autónimo wixarika, debido a que en lingua huichol o "a" pode chegar a escoitarse como "o"; r e l son alófonos e a pronuncia de x que era sibilante foi interpretada como africada tz entre os séculos XVII e XVIII (época en que puido ocorrer o préstamo da palabra), máis a perda da sílaba -ka, deu como resultado huitzol en náhuatl e a súa castelanización huichol.[5]

Huichol
'Wixárika Niukiyari[1]
Falado en: México
Rexións: Nayarit, Xalisco, Durango e Zacatecas.
Total de falantes: 44 800 (censo de 2010)
Familia: Uto-azteca
 Meridional
  Corachol-azteca
   Corachol
    Huichol
Escrita: Latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: En México ten recoñecemento como lingua nacional [2]
Regulado por: Instituto Nacional de Lenguas Indígenas (INALI)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: hch
Mapa
Status

O huichol está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

Clasificación editar

O huichol é unha lingua uto-azteca, do grupo sonorense ou mexicano, do mesmo xeito que o pima, o mayo ou o náhuatl. A lingua máis achegada ó huichol é o cora ou nayeri, xunto co cal forma a póla lingüística corachol. A rexión huichol aséntase no espiñazo da Serra Madre Occidental, no estado de Xalisco. Os huicholes habitan nos concellos de Huejuquilla el Alto, Mezquitic e Bolaños, ó norte do estado de Xalisco, así como en La Yesca e El Nayar, no estado de Nayarit, e hai grupos minoritarios nos estados de Zacatecas e Durango.

Notas editar

  1. Iturrioz 2004:153
  2. "Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 08 de febreiro de 2007. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. "Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas (2003, SEP)". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2009. Consultado o 12 de outubro de 2009. 
  5. Iturrioz Leza, J. L. «Etimología de las palabras wisalika y huichol». Guadalajara, Niuki / Revista cuatrimestral de divulgación académica y cultural, No. 2 mayo-agosto 2007. pp. 19-31. ISSN 1870-9613.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar