Lev Landau
Lev Davidovich Landau (en ruso Лев Давидович Ландау), nado en Bakú o 22 de xaneiro de 1908 e finado en Moscova o 1 de abril de 1968, foi un físico e matemático soviético galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1962.
Traxectoria editar
Naceu en Bakú, hoxe en día capital de Acerbaixán e entón parte do Imperio Ruso, nunha familia de ascendencia xudía. Cando era novo tivo interese nas matemáticas, ingresando en 1922 na Universidade Estatal de Bakú estudando á vez física, matemáticas e química. En 1924 trasladouse á Universidade Estatal de San Petersburgo e en 1927 licenciouse en física.
A escola Landau editar
En 1929 realizou unha viaxe a Copenhague para coñecer a Niels Bohr co cal discutiu longamente sobre física teórica, introducindo a gran tradición na física teórica na Unión Soviética. Tivo un amplo campo de traballo, que inclúe a teoría da supercondutividade e a superfluidez, a electrodinámica cuántica, a física nuclear e a física de partículas. Foi a cabeza da división teórica do Instituto para os Problemas Físicos a partir de 1937, cargo que ocupou ata o ano 1962 que, como resultado dun accidente de coche no cal sufriu lesións das cales nunca se recuperou, renunciou ao seu cargo. Baixo as súas ordes tivo un bo grupo de investigadores como Lev Pitaevskii, Alexei Alexeevich Abrikosov, Evgeny Lifshitz, Lev Gorkov, Isaak Khalatnikov ou Boris Ioffe.
Foi arrestado por mandato de Iosif Stalin e Lavrenti Beria durante a Gran Purga de 1938, sendo expulsado de Moscova entre o 27 de abril daquel ano e o 29 de abril de 1939, tras a intervención do físico Petr Kapitsa.
Obtivo o Premio Nobel de Física no ano 1962 pola súa teoría da materia condensada, en particular do helio líquido. En compañía de Evgeny Lifshitz realizou unha gran tarefa de difusión científica a través de series de libros de texto.
Recoñecementos editar
Na súa honra denominouse o cráter Landau da Lúa así como o asteroide (2142) Landau descuberto o 3 de abril de 1972 por Lyudmila Chernykh.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |